``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

miércoles, 6 de junio de 2012

Terrorista quen? democracia onde?

   A liberdade de expresión é algo que nunca cheguei a comprender. Anticastristas califican a Cuba de ditadura porque según eles só hai un xornal no país. En España hai variedade de xornais. (jajaja). Sigo flipando ca democracia que tanto amades. Por desgraza, agora mesmo, non temos a posibilidade de mercar un xornal de ideoloxía anticapitalista. Público, por exemplo, tivo que pechar por falta de axudas do goberno. Nunca me pareceu un xornal de esquerdas nin anticapitalista xa que pertence a Mediapro pero era o que máis se achegaba. Onde está a liberdade da que me falan pola televisión? Unha televisión na que non vexo aos Mineiros que están loitando por uns dereitos que non teñen. Os falsos antisistemas do 15M saíron a todas horas. Estes mesmos sacaron un comunicado críticando aos mineiros xustificándose que son ``supermegaecoloxistas´´. Pijos burgueses é o que sodes. Seguide regalando flores que xa loitan os demais por vós.
   A primeiros de outubro Pablo Hasel, rapeiro comunista, foi levado ante a Audiencia Nazional por dedicarlle unha canción aos GRAPO, Grupo de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro. Gritar ``Gora ETA´´ ou ``Viva os GRAPO´´ é delito pero apoiar a OTAN, organización terrorista, non o é. Gustaríame saber por que Felipe González sigue na súa mansión de Marrocos e non está no cárcere por crear e financiar os GAL. Tanto ETA, grupo que non apoio na súa loita armada na ``demcoracia´´ que quede claro,  e os GRAPO mataron menos xente que a OTAN. A solución non é sempre bombardear países tercermundistas. Libia da pena vela. Que estaban peor con Gadafi? Déixame dudalo. Mentras Gadafi fixo escolas, hospitales, carreteras e convertiu a Libia no país máis desenvolvido de África, vós, destruíchedes todo isto e, curiosamente, son as empresas francesas as que están reconstruíndo o país arabe. Siria leva 1 ano sumerxido nunha guerra civil. Unha guerra civil que comezaron uns ``rebeldes´´ financiados polas ``democracias´´ mundiais. Na televisión non saen as manifestacións que apoian a Al-Assad, non saen os hospitais que destrúen os falsos revolucionarios dos que antes falei... Non sae nada disto. Só se manipula todo o posible e se lle bota a culpa de todo ao réxime de Al-Assad. O peor é que algúns esquerdistas rechazan a esquerda autoritaria e defenden aos xoguetes da CIA. 
   ``Catalunya, t'estimo i t'odio.´´Vergonzoso o sucedido en Badalona. Quen foron os vermes miserables que votaron a García Albiol, alcalde de Badalona? Como en plenos século XXI se pode ser tan xenófobo para querer expulsar aos inmigrantes? Badalona ten un problema, si. Pero o problema es ti, non os xitanos. A ti mandábache a Siberia a un Gulag por fascista. Tranquilo, non irías só. O teu amigo Josep Anglada acompañaríache.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario