``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

miércoles, 30 de mayo de 2012

Quen son?

   Son diferente, xa o teño asumido. Teño uns xens que me forzan a ser inconformista. Só teño unha maneira de describirme:
   Son o honor de Jesse Owens glorificando á raza negra en Berlín do 36. Son a equivocación do trompetista na final da Copa Davis de 2003. Son o orgullo do soldado da URSS alzando a súa bandeira no Reichstag. Son a frustración dos actores perseguidos pola ``Caza de Meigas´´ do Senador McCarthy. Son a brillantez de Orson Welles dirixindo Ciudadano Kane con só 24 anos. Son a iluminación de Ho Chi Minh loitando na selva. Son a fidelidade de Fidel Castro aos seus principios. Son o humor co que distrae ao seu fillo Guido na película ``La Vida es Bella´´.Son a organización de Espartaco na revolución dos escravos. Son o patriotismo do ``Che´´ Guevara. Son as dignas palabras de Sánchez Gordillo nas súas promesas como diputado. Son a rebeldía de Willy Toledo loitando polo Sahara. Son a disidencia de Bobby Fischer. Son o feminismo de Angela Davis. Son a inmolación dos palestinos para frear o xenocidio israelita. Son o discurso e os pitidos cos que recibiron a Rosa Díez na Complutense de Madrid. Son os pitos ao himno na final da Copa do Rey. Son a satisfacción de Diego Rivera despois de retratar a Lenin no Rockefeller. Son cada palabra dun discurso de Julio Anguita. Son a emoción que Carlos Callón pon en cada discurso. Son a ideoloxía dos estudantes de Maio do 68. Son a estrela vermella da bandeira de Galiza. Son a estrela vermella da bandeira de Catalunya.  Son a liña violeta da bandeira republicana española. Son a voz de Silvio Rodríguez cantando ``Te molesta mi amor´´. Son a voz de Los Chikos del Maíz cantando ``Pasión de Talibanes´´. Son o apoio que todos lle mandamos a  Pablo Hasel cando foi encarcelado. Son a loita dos GRAPO roubando un camión de embutidos e dándolle a comida a pobres. Son as ``vacas´´ de Isca burlándose de Gloria Lago. Son a mensaxe do discurso de Charles Chaplin no final de ``El Gran Dictador´´. Son o cava co que se brindou pola morte de Fraga. Son o ``VENCEREMOS´´ de Allende.  Son a rabia dos estudantes gregos. Son o valor das Brigadas Internacionais loitando pola República española. Son o ateísmo de Nietzsche. Son cada palabra do manifesto ``XENÓFOBO´´ e ``TALIBANISTA´´ que fixen cos meus compañeiros defendendo a nosa lingua. Son cada frase de Eduardo Galeano, cada verso de Celso Emilio Ferreiro e cada manifesto provocador de Manuel Antonio. Son as palabras que lle dedicou Castelao a Risco no ensaio ``Sempre en Galiza´´. Son a paciencia de Séchu Sende aturando as tonterías que se din del por parte de Galicia Bilingüe e de certa profesora de inglés xa nombrada antes. Son cada céntimo que perdeu Repsol coa nacionalización, por parte de Arxentina, de YPF. Son cada palabra do Manifesto Comunista de Marx. Son a liberdade que merece Otegi. Aínda que se o penso ben... Xa me gustaría ser a mitad dalgún destes...

Anormal, estrano, diferente... Friki?

   A política é un tema tabú na adolescencia. Os chamados adultos exercen de ditadores neste tema xa que eles consideran que por ser un ``neno´´ non sabes do que falas. Despois, cando escoitas uns dos seus ``debates´´ nos que falan todos á vez e non se escoitan, entendes porque non che deixan falar. Máis de un quedaría humillado. Sempre hai un chamado ``socialista´´ neste tipo de tertulias. Baixo a miña humilde e sabia opinión, socialistas son Salvador Allende, Hugo Chávez, Evo Morales... Felipe González, RuGALcaba, Zapatero e toda esta calaña non son máis que socialdemócratas capitalistas que non fan máis que escurecer o nome do socialismo. Moitas explicacións teñen que dar dende o  Congreso de Suresnes, que foi financiado pola OTAN en 1974. Non sei como pudechedes vender, desa maneira, ás vosas raíces. Outro de esquerdas que está neste tipo de conversas é o mítico progre de IU. Despois non ten nin idea nin de quen é Julio Anguita nin sánchez Gordillo pero coñece ao vendido de Llamazares e o falso de Cayo Lara. Este último sempre me gustou pero nada máis colleu o poder no partido eliminou o marxismo do programa político. Dariame vergoña facer o que lle está facendo IU a Sánchez Gordillo en Andalucía. Venderiades a vosa nai por pactar co capitalismo do PSOE e conseguir máis votantes. Donde está o voso comunismo? Eu creo que agochado xunto co de Carrillo. Os últimos que están falando son os da caverna peperiana. Moitos deles son de clase traballadora pero defenden a morte o neoliberalismo, aínda que se lle preguntas por que votan ao PP só saben responderche que da ``empleo´´.
   Cambiando de debates que hai no mundo, uns que me gustan moito e nos que podo participar, son os que hai por internet. Internet é un sitio no que todo o mundo da a súa opinión pero algúns poderían seguir andando no Tuenti e deixar de decir chorradas. Como viron 5 minutos do documental que botou a 2 sobre Stalin xa se poñen a falar. Estou farto de ter que defender a Stalin de dereitistas, progres e falsos comunistas. Que non foi perfecto? Xa o sei, pero de aí a comparalo con Hitler hai unha gran distancia. Stalin instaurou na URSS o marxismo-leninismo e acabou co fascismo europeo. Faciame gracia ver os twits nos que criticades a Stalin por ordear matar aos soldados alemáns. Como estes estaban de paseo pola URSS... Sei que a URSS de Stalin tivo moitos fallos, pero xa hai moita xente para decilos. Eu son dos que estou para contar os acertos. 
   O pacifismo extremo de algúns é algo que me pon dos nervios. O primeiro paso para acabar cos problemas é a palabra e a loita non armada. Iso podo admitilo. Pero que pensedes que a filosofía da non violencia de Ghandi é a solución a todos os conflictos faime rir. O movemento 15M querendo imitalo non consigue máis que paos, e nadie lle fai caso. En Colombia, un réxime fascista que asesina a miles de persoas, pensades que levantar as mans serve de algo? As FARC, esta organización que tanto criticades, é a única que lle pranta cara aos asesinos do goberno. Espero que o tribunal da Haya os xuzgue xa. O fusil contra fusil do que falou Mao e ao que lle dedicou unha canción Silvio Rodríguez é a solución na maioría das opresións. Lenin, utilizou esta filosofía para facer triunfar a Revolución Rusa en 1917. Fidel Castro e as súas guerrillas colleron as armas para destruir o réxime de Batista. Todas as revolucións triunfan porque teñen unha loita detrás. 
 


+La revolución para cuando?
-Acá? En unos siglos.
+Hay que aprender de los rusos.
                                                     
Diarios de motocicleta.

lunes, 28 de mayo de 2012

Julio Cortázar.


LOS AMIGOS

En el tabaco, en el café, en el vino,
al borde de la noche se levantan
como esas voces que a lo lejos cantan
sin que se sepa qué, por el camino.

Livianamente hermanos del destino,
dióscuros, sombras pálidas, me espantan
las moscas de los hábitos, me aguantan
que siga a flote entre tanto remolino.

Los muertos hablan más pero al oído,
y los vivos son mano tibia y techo,
suma de lo ganado y lo perdido.

Así un día en la barca de la sombra,
de tanta ausencia abrigará mi pecho
esta antigua ternura que los nombra.

lunes, 21 de mayo de 2012

O odio.

   Hoxe despois de moito tempo sen escribir, non veño para facer unha crítica da marabillosa película ``La Haine´´ de Mathieu Kassovitz aínda que polo título pareza que si. O odio é unha estrana sensación. Cada ano que pasa vai aumentando. Non se trata de ser mala persoa, trátase de ter unha diferente filosofía de vida. Non estou falando de ser racista como Le Pen, Anglada e máis calaña que anda polo mundo. Eu falo do odio que leva a moita xente a atacar a esta xente que nombrei. Como o que levou a unha persoa a pegarlle unha patada a Hermann Tertsch, que por certo bloqueoume no twitter a agora xa non podo mandarlle mensaxes ``cariñosos´´.
   Sempre quixen entender o que leva á xente a discriminar a unha persoa por sexo, raza, relixión ou calquera outra cousa. Creo que non é tan difícil comprender que todos somos iguais. O fallo de todo isto é que dende pequenos nos ensinan que non todos somos iguais. Na escola, por exemplo, o profesor sempre é superior a ti.  Aínda que estou de acordo con isto, un alumno non pode faltarlle ó respecto, creo que o sistema educativo debería intentar que non exista unha diferencia tan grande entre o alumnado e o profesorado, pero sen olvidar o papel de cada un. Aínda que esta pequena reflexión me quedou algo ``trapalleira´´ e pode levar a moita xente á confusión espero que non se malinterprete. A educación é a base de todo e, actualmente, neste aspecto é bastante floxa. España é dos países que máis discriminación comete. Alguén me pode explicar por que Ceuta e Melilla están vaiadas? Por que nos queren invadir? Pero se os invadimos nós antes! O atraso que ten España neste nivel, baixo a miña opinión, é por que neste ``Reyno´´ unha institución coma a Igrexa ten demasiado poder. A Igrexa é machista, racista, homófoba... Dudo que Xesucristo quixese iso. Do pouco que sei do voso Salvador é que buscaba unha igualdade. (Non sei cal será o Deus que vos pide que violedes nenos...).  O tema de que houbese unha ditadura durante tanto tempo creo que tamén ten algo que ver. Como dixeron Dios Ke Te Crew ``Somos herdeiros dunha ditadura cultural´´. O PP, ese partido que nos goberna actualmente , é de todo menos igualitario. Queren prohibir os matrimonios homosexuais condecorando que non se poden chamar matrimonio. Os policias acusados da morte dun nixeriano reciben, unha multa de 600 euros! Pero que é isto? Como podedes criticar a países como Cuba, Venezuela, Ecuador ou Bolivia se nos dan mil voltas en dereitos sociais e en democracia? Ata os gregos, onte en Salvados, se ríen de nós.
   Non se pode falar disto sen nombrar ao capitalismo. A base deste sistema asesino está no imperialismo. Cada día fabricanse alimentos suficientes para abastecer a 12.000 millóns de persoas, e sen embargo 24.000 morren cada día de fame. Para que 1 persoa se faga rica, 20 primeiro se tiveron que facer pobres. Isto non se pode aturar. O Soño Americano temolo cravado na cabeza e por iso é tan difícil cambiar de sistema. Que o comunismo fracasou? Entón por que un 60% dos rusos vivían mellor ca URSS que ca capitalista Rusia? Por que, despois da caída do muro de Berlín e ca chegada do capitalismo e das privatizacións ao bloque oriental, se suicidaron millóns de persoas? Por que Cuba segue contando cunha sanidade e educación de balde, aínda que os ``Americáns´´ lle teñan posto un bloqueo económico, para TODOS? Sinceramente non vexo onde fracase.
   Aínda que os Sindicatos, que convocan a folga de mañá, non me representen, irei para protestar contra os recortes en educación.
   O filme do que falei ao principio, El Odio ( La Haine), é unha das mellores películas que vin. Recomendo a todos que a vexades.

``El capitalismo es el genocida más respetado del mundo.´´
                                          Ernesto Guevara.

domingo, 20 de mayo de 2012

Queremos Galego!

   Impresionante a manifestación do xoves. 25 mil persoas inundamos as rúas de santiago para pedir o dereito a vivir en galego. A protesta rematou na Praza da Quintana onde Carlos callón fixo un discurso memorable. O Presidente da Mesa é un grande. No medio do mitin acordouse de nós e de como perseguiron ao noso manifesto do Correlingua. Non teño palabras para agradecerlle todo.
   Tampouco teño palabras para a asociación de  Queremos Galego da Estrada. O mércores 16 chamáronme e pedironme se podía ir ler o manifesto A Estrada. Eu máis dous compañeiros fomos encantados. Alí a verdade é que quedei sorprendido. Fixeronnos un recibimento espectacular. Poucas veces me trataron tan ben como alí. Foi toda unha honra estar alí.
 

lunes, 14 de mayo de 2012

Que problema hai en ser de esquerdas?

   Mañá cumprirase 1 ano de que nacese o movemento 15M. A verdade é que é das poucas cousas das que os xovenes podemos estar orgullosos. Polo menos agora hai unha conciencia social de que a política é necesaria. Enganarnos non pode ser tan fácil para os voitres engominados de traxe e gravata. Creo recordar que fora Fernando Savater o que dixera a frase de ``como imos ser apolíticos se a política é algo que inflúe día a día na nosa vida´´. A pesar de que o señor Fernandito, gran amigo de Rosa Díez e tamén compoñente do ``gran´´ partido UPyD, non me cae especialmente ben, ten razón no que dí. Non me cae ben porque é antinacionalista pero está nun partido que defende a unidade española, e iso, é ser nacionalista e o seu partido é de todo menos demócrata. É estrano ver como se radicalizan os nacionalismos disgregadores e se protexen os unificadores. Ou eres español, e estás orgulloso, ou eres un etarra. En Euskadi vémolo mellor que nas outras nacións. Amaiur non ten máis que problemas para poder presentarse a unhas eleccións. Vemos como Sortu non é legal polo simple feito de ser de esquerdas e ``Abertzale´´. Todos vivimos as detención inxustas de membros de SEGI. A esperanza reside en que se acabe toda a farsa montada e vexamos a Otegi de lehendakari. As noticias que se escoitan son optimistas pero nunca se sabe a onde pode chegar a persecución do ``Reyno Espanhol´´. Se isto é democracia, definitivamente, NON son demócrata. Menos Leis de Partidos discriminatorias e máis liberdade nas eleccións.
   Centróme dunha vez no tema que quería tratar hoxe. Estou bastante farto de ver a ``indignados´´ decindo que non son nin de esquerdas nin de dereitas. Pedir a nacionalización da banca é unha medida de esquerdas. Moitas máis das outras peticións que fan son de esquerdas. Que problema hai en aceptar que o 15M é un movemento de esquerdas? Non vos podedes seguir enganando así. A esquerda se sae ás rúas é imparable. Mentras este país sexa dirixido por un partido político que ten unha ideoloxía neoliberalista brutal non pode haber democracia. -e digo o mesmo ca falsa socialdemocracia do PSOE- O PP aglomera á toda a dereita española. Dende os centristas ata os extremistas. Os que quedamos teremos que responder. Vimos que o PSOE vendeunos. Esquerda Unida está máis desunida que nunca. Se non nos representamos nós mesmos imos fodidos. Encheuseme a boca a principios de maio ao comparar este mes de protestas estudiantís co Maio francés. Trabuqueime. Os franceses no 68 tiñan unha clara ideoloxía e non tiñan medo a declararse de esquerdas. Ao mellor, algún día, chegamos a ser tan carismáticos como estes rapaces, e non tan rapaces, ``gabachos´´.
   La Razón, ABC, El Mundo, El País... Gustoume saber que o goberno tivo que nacionalizar Bankia. Digo o de gustoume por ser irónico porque a verdade non me fixo moita gracia. Aínda que estou a favor da nacionalización dos medios de produción ( nos que incluio á banca, petroleiras, auga, electriciade...), estou en contra de ter que salvarlle o cu aos caciques da actualidade. Despois de fusionar caixas, de inxectarlle diñeiro público, de facer o que queiran eles... Tamén lle temos que asumir as súas deudas! Que vai pasar cando Bankia se recupere (si se recupera)? Volverase capitalizar? Nacionalizamos as perdas e despois privatizamos as gañancias. Isto é o capitalismo tan fermoso que nos pintan os norteamericanos. O nome dos xornais ao principio do párrafo era para preguntarme cal é a diferencia entre o que fixo Rajoy co que fixo Cristina e Evo Morales. Eu teñoa ben clara. Cristina e Evo Morales nacionalizaron sectores extratéxicos importantes que darán gañancias ao seu pobo. Rajoy fíxonos cargar co morto, que nos deixou Rodrigo, para rato. O primeiro caso foi criminalizado polos periódicos procapitalistas. O segundo apoiado...

P.D: Tal día como hoxe nacía o Comandante Che Guevara. Sempre no recordo.

viernes, 4 de mayo de 2012

Ernesto!

Che.

Yo tuve un hermano.

No nos vinos nunca
pero no importaba.

Yo tuve un hermano
que iba por los montes
mientras yo dormía.
Lo quise a mi modo,
le tomé su voz
libre como el agua,
caminé de a ratos
cerca de su sombra.

No nos vimos nunca
pero no importaba,
mi hermano despierto
mientras yo dormía,
mi hermano mostrándome
detrás de la noche
su estrella elegida. 
                Julio Cortázar.

Tristeza en la muerte de un heroe.
Los que vivimos esta historia, esta muerte y resurrección de nuestra esperanza enlutada,
los que escogimos el combate y vimos crecer las banderas, supimos que los más callados
fueron nuestros únicos héroes y que después de las victorias llegaron los vociferantes
llena la boca de jactancia y de proezas salivares.
El pueblo movió la cabeza:
y volvió el héroe a su silencio.
Pero el silencio se enlutó hasta ahogarnos en el luto cuando moría en las montañas
el fuego ilustre de Guevara.
El comandante terminó asesinado en un barranco.
Nadie dijo esta boca es mía.
Nadie lloró en los pueblos indios.
Nadie subió a los campanarios.
Nadie levantó los fusiles, y cobraron la recompensa aquellos que vino a salvar
el comandante asesinado.
¿ Qué pasó, medita el contrito, con estos acontecimientos?
Y no se dice la verdad pero se cubre con papel esta desdicha de metal.
Recién se abría el derrotero y cuando llegó la derrota fue como un hacha que cayó
en la cisterna del silencio.
Bolivia volvió a su rencor, a sus oxidados gorilas, a su miseria intransigente,
y como brujos asustados los sargentos de la deshonrra, los generalitos del crimen,
escondieron con eficiencia el cadáver del guerrillero como si el muerto los quemara.
La selva amarga se tragó los movimientos, los caminos, y donde pasaron los pies
de la milicia exterminada hoy las lianas aconsejaron una voz verde de raíces
y el ciervo salvaje volvió al follaje sin estampidos.
                                                                                  Pablo Neruda.



"¿Qué culpa tengo yo de tener la sangre roja y el corazón a la izquierda?"
                                                         Ernesto ``Che´´ Guevara.

Homenaxe ao máis grande!