``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

sábado, 14 de julio de 2012

O bloqueo segue.

   Sorprendeume Yoani Sánchez nun artigo en El país. Pensei que non me podía dar máis noxo do que xa me daba. No artigo apoiou ao imperialismo, a Obama e aos vermes de Miami. Os que criticades a Cuba mirade este documental sobre o bloqueo dos Estados Unidos a Illa.
Hoxe en Pontevedra hai unha xuntanza a favor da Revolución cubana. Aquí deixo a convocatoria:
  ``No sábado 14 de julho celebraremos umhas jornadas em defesa da revoluçom cubana no local social da nossa associaçom.Às 20:00 celebraremos umha pequena sessom formativa do grupo de estudos sobre a revoluçom cubana.Às 21:00 projectaremos um documentário sobre as consecuencias do bloqueio económico que ejerçem os Estados Unidos de América sobre Cuba : " O Bloqueio : A guerra contra Cuba ".Por último e para fechar o dia haverá umha festa cubana com música popular da ilha,petiscos,mojitos e bem mais!´´

miércoles, 11 de julio de 2012

Boas tardes Hispañistán.

   Este país parece unha película de Buñuel. Que graza me fai ver a todo o mundo queixándose do PP. Que esperábades cando o fochedes votar? Pasamos dun goberno de dereitas a un da extrema. Somos monicreques. Os mineiros están coa súa marcha a Madrid e cada vez, máis oportunistas se unen a eles. Os sindicatos facéndolle a pelota simulando que son obreiros. Os 15 Memos máis do mesmo. Raparigos ``revolucionarios´´ estades perdendo os indignados de dereitas. Tende coidado.
   Onte todo o mundo a recordar a Miguel Ángel Blanco. Dixo Pablo Hasél unha gran frase na súa canción ``Radical´´: ``Nos pintaron de santo a Miguel Ángel Blanco cuándo apoyaba a torturas a presos vascos. Enterrado está más guapo.´´
   Sen máis. Adiante camaradas mineiros.

lunes, 9 de julio de 2012

Monólogo do Vello Traballador


Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.