``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

lunes, 12 de marzo de 2012

Galicia Bilingüe, esa mafia.

Escribo esto o sábado, 10 de marzo.
   Onte, venres 9, falei cunha amiga miña que é a presidenta das Mocidades da Mesa. Preguntoume polo que pasara co do Correlingua e que ía preguntarlle á asociación A Mesa polo tema. Esta mañá quedei sorprendido cando me dixo que O Correlingua  quedou sen subvencións. A miña sorpresa foi que Galicia Bilingüe, este grupo que xa é coñecido por moitos máis atentados contra o galego, levou ante o Valedor do Pobo, chámolle así por non chamarlle Valedor dos que mandan ó impresentable este, un comentario que escribín nunha rede social. Nin moito menos me arrepinto de escribilo. Dixen o que sentía. Pero aparte de sentir un noxo incrible por mandarnos retirar a crítica  ``A Coz de Galiza´´, xornal que lle fixo homenaxes a franquistas como Fraga, e a ``Telegaita´´, esa canle que con cartos públicos retransmite misas, estou totalmente en contra de que lle quiten axudas a unha asociación tan interesante e boa como é O Correlingua.
   Galicia Bilingüe parece ser que levaba tempo querendo retirar as axudas e grazas a esto conseguiron a excusa perfecta. UPyD está creando escola. Está de moda ser oportunista. Non podo entender que valor legal pode chegar a ter un comentario dun rapaz nunha rede social. Porque a xustiza española sempre ataca os mesmos? Como dixo certa persoa parece que as palabras no século XXI fan dano.
Mando todo o meu apoio ó Correlingua, a pesar de todo, e espero que consiga o necesario para seguir promocionando o galego por moitos anos. En cambio a vós, Galicia Bilingüe, espero que desaparezades pronto xa que non aportades nada á defensa dunha lingua e o voso marabilloso ``bilingüismo´´ aquí non é ben recibido.
                                                                               

No hay comentarios:

Publicar un comentario