``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

jueves, 22 de marzo de 2012

Os dous de sempre.

      Hai cousas que nunca cambian. Por moi absurdas que sexan algunhas asociacións siguen molestando e parece que nunca van parar. Si, falo dos meus amigos de Galicia Bilingüe. Estes monicreques conseguiron que, como xa dixen, o Concello de Santiago retirase as axudas ao Correlingua. A principal causa é que non están de acordo co que se di no noso manifesto aínda que eles intenten desimular decindo que é polos recortes. A única maneira de que o concello axude é que se cambie o manifesto. Pois a estas persoas tan respetuosas cas ideas dos demais non lles chegaba con isto. Tamén lle piden aos concellos de Lugo, Vigo e Pontevedra que retiren as axudas. Cando se van cansar de ser tan pesados? Dades verdadeiro noxo. Todos sabemos que sodes a organización "segreda" do PP que ataca o galego. Gloria Lago sinto que non triunfases como modelito en Madrid pero porque lle colleches tanto noxo a túa terra? Tes algún trauma porque se burlaron de ti por falar galego? É que non entendo o teu dereitismo e antigaleguismo extremo.
   Hoxe cúmprense 44 anos de que uns estudantes franceses apedrearan a sede de American Express para protestar contra a guerra de Vietnam. Nos estamos só a unha semana da folga xeral e moito temos que aprender destes franceses que España tanto odia. Francia levanos uns cantos anos de vantaxe políticamente. Nos gañamos ao fútbol pero eles ca mitad de paro xa montaron o dobre de folgas xerais e teñen un apoio case total. Espero que este maio que ven se pareza algo ao de París é que se ocupen edificios como eles fixeron ca Sorbona.
  Bo artigo dun compañeiro meu no que da razóns para ir a folga:
http://albertorincon5.blogspot.com.es/2012/03/folga-xeral.html
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario