``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

jueves, 15 de marzo de 2012

A disfrutar do NOSO premio.

O 15 de marzo é un día bastante especial. A obra mestra de Francis Ford Coppola, ``El Padrino´´, cumpre 40 anos. Mafalda, esa nena arxentina, cumpre 50. Eu sigo impaciente a resolución por parte da Xunta do noso problemiña ``fiscal´´.
   Mañá imos de excursión a Allariz grazas ao Correlingua. Por gañar o concurso dos manifestos, fomos invitados a unha visita de dous día pola cidade.
   Hoxe teño no punto de mira varios obxectivos. Vou empezar polo que deixei a última vez. O ABC, ese gran periódico que nos acusa de xenofobia pero eles non tiveron ningún problema en apoiar a invasión imperialista de Libia. Nun dos seus artigos din esto: ``La Coruña, que también optó por anular la ayuda.´´. Eu non sei a onde pertence  ese sitio de ``La Coruña´´. En Galiza hai un lugar que se chama A Coruña. O mellor non están falando do mesmo. Pódome trabucar eu tamén aínda que creo que fochedes vós.
   Ao segundo que lle teño unhas palabriñas que decir é ao alcalde de Santiago o señor Conde Roa. Non vou nombrar todas as súas polémicas relacionadas co impago de tributos municipais en torno a súa condición de promotor inmobiliario a través de Geslander, sociedade da súa titularidad. Deixo entrever, pero non o digo. Bueno, pois este señoriño retiroulle 4.200 euros de subvención ao Correlingua. Xa todo o mundo sabe por culpa de quen... Alcalde do meu corazón,a onde vas chegar con este rumbo? A xente votache por algo pero ese algo eu aínda non o atopei.
   E por terceira e última a miña superamiga que xa todos coñecedes. Moléstame moito darche máis fama pero é que a mereces. Primeiro sigo sen entender porque non publicaches ningún dos comentarios que che deixei nos que falando educadamente explicaba moitas cousas. Outro comentario, no que lle respondía a un dos teus adeptos, si que mo publicaches pero cando te deches conta de que era meu debéchelo borrar. E por último sigo esperando a que me respondas, é que te boto de menos. O noso amor platónico ten que triunfar.
 
P.D: Compañeiros partidarios de Galicia Bilingüe. Sodes moi valentes nomeándome dende o anonimato. Eu e todos os da miña clase demos a cara sempre con nomes e apelidos. O anonimato e a liberdade de expresión dos covardes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario