``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

lunes, 12 de marzo de 2012

Gloria Lago vs Fran

Bueno pois xa que Gloria Lago tivo o honor de dedicarme unhas palabras, vou facer o mesmo con ela. Primeiro vouche dar as grazas por darme unha fama que nin quero nin merezo. Eso xa cho deixo para ti. Para que disfrutes sendo unha oportunista da vida. Eu nunca dixen que Galicia Bilingüe nos censurara. Non sei de onde sacaches esas palabras. As miñas palabras foron que: ``Correlingua censúranos por non ter problemas con esta asociación´´. Hai que ter un pouquiño de cabeza muller. Non podes pretender ser outra Rosa Díez da vida.
   Parece ser que te estiveches informando sobre min. Describichesme a perfección. Nin Sherlock Holmes nos seus mellores tempos o faría mellor. Como ben dixeches son anticapitalista, castrista, apoio a Otegi... si, só me falta comer nenos para ser Satán. Non me vou ir máis polas ramas e vou ir o serio. Non sei de que ides criticando ao noso manifesto. 19 persoas, o total da clase, estivemos de acordo con publicalo. O noso profesor de galego, ese que nos ``manipula´´, era o único que non estaba de acordo con todo o dito. Se A Mesa considerou que o noso era o mellor e que era xusto gañador por algo será. 
   Ante a túa pregunta de quen inflúe no meu odio non é máis que a sociedade actual. Ti, por exemplo. Vas de boiña pola vida pedindo igualdade para os dous idiomas de Galiza e non fas máis que atentados contra o galego. A miña familia, profesores, amigos... toda esa ``secta´´ que me rodea non ten nada que ver cos meus ideales. Agora mesmo estarás flipando. Acabas de coñecer un adolescente con personalidade propia. Eso no teu mundo é impensable. 
  Non sei o que queres de min, a verdade. Queres que vaia para o cárcere? Que grande é a liberdade de expresión que ti tanto defendes. 
  Sei de sobra que me pasei un pouco cos comentarios feitos. Estaba cabreado ante semexante inxustiza. Pero o que si é verdade é que nunca me arrepintirei.
 Espero que o xornal de dereitas ABC pida perdón a toda a miña clase por chamarnos xenófobos.


P.D: Gloria, grazas polo de ``angelito´´, ti tamén es un ceo. ;)


http://elblogdeglorialago.blogspot.com/2012/03/adoctrina-que-algo-queda.html#more






2 comentarios:

  1. Hai que ter un pouquiño de cabeza muller. Non podes pretender ser outra Rosa Díez da vida.


    VAIA PUTO AMO

    ResponderEliminar