``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

jueves, 18 de abril de 2013

Viaxe a Madrid!

   Este fin de semana disfrutei en directo da victoria do Obradoiro ante o Madrid. Non veño a falar de como o pasei nin desas cousas. Veño a denunciar a represión policial que hubo na capital contra as bandeiras estreladas. Nada máis chegar a entrada do pavillón xa nos avisaron de que as agocháramos para poder sacalas durante o partido. Chegamos ao noso sitio e sacamos as ``armas de destrucción masiva´´. Case uns dez policías viñeron con actitude ameazante obrigándonos a retirar as bandeiras. Ante a nosa negación comezaron coas ameazas de multarnos, botarnos do pavillón e, incluso, levarnos presos. Despois de sacarnos as bandeiras pola forza, porque a min quitáronme a estrelada das mans xa que non me parecía xusto non poder ensinar a bandeira do meu país, esquecemos o tema e seguimos a animar. A falta de poucos minutos de que rematara o partido chegou un paisano onda min con intención de retirarme a bandeira en contra da dispersión dos presos galegos. Bandeira a favor dos dereitos humanos que este país viola constantemente. O opresor que viña a obrigarme a sacar a bandeira argumentoume que non se podía ter. Ante a miña pregunta de se sabía o que significaba a bandeira, o homiño, quedou sen verbas e marchou. Tamén teño que dicir que a Policía Nazional censurou a bandeira de Túnez, que a levamos para apoiar ao noso xogador Mejri, por conter unha estrela.
   Mentras os Ultra Sur, Frente Atlético, Boqueróns e demais afeccións ultradereitistas sacan bandeiras fascistas con total tranquilidade, nós non podemos mostrar unha bandeira para expresar o noso dereito a decidir.
   All Cops Are Bastards!

miércoles, 10 de abril de 2013

Manifesto gañador do Correlingua deste ano.


MANIFESTO CORRELINGUA 2013
Os Golgorotos.
4º da ESO A e B do IES A Pinguela de Monforte.

A miña lingua é segura,
O falar non ten cancelas
Unha casa  sempre  aberta
Que todos debemos protexer.
A miña lingua  é  miña nai
É honroso ter unha lingua
Fermosa, digna, que abre portas
Que non ten chaves, que nada pecha,
Ela mesma é a chave do mundo.
A miña fala é o máis importante,
Debo honrala cando a uso
Sentirme orgulloso de tela
Por ser o meu carné de identidade.
O galego é unha lingua con historia,
O galego é unha lingua honorábel,
É unha lingua con pasado, con memoria
Con prestixio e con tradición formidábel.

Do seu pasado glorioso no medievo
Debemos sentirnos en débeda
E propoñernos fortemente devolverlle
a importancia que nunca debeu perder.
Loitemos xuntos por fortalecela
Fagamos visíbel esa chave de ouro
Que nos abre todas as portas do mundo,
E ofreceremoslle un futuro digno.
Soñemos que somos os  dignos fillos
Da nai patria que todo nolo entregou,
Defendamos esta cultura e esta fala
Que coas súas bágoas protexeu
E en herdanza nos legou .
O galego é unha lingua con historia,
O galego é unha lingua honorábel,
É unha lingua con pasado, con memoria
Con prestixio e con tradición formidábel.
Sexamos herdeiros merecentes
Da fala de rosalía, do pobo de pondal
Do progueso de curros, da poesía social
De celso emilio, dos contos de ánxel fole,
Da patria que amou o artista castelao,
Da imaxinación prodixiosa de cunqueiro,
Da nova narrativa galega, do  noso teatro,
E até do códice calixtino....
E doutros mil nomes máis da nosa literatura,
Pero non debemos quedar só aquí,
Os soños poden ser realidade.
Debemos saír das tristes tebras,
Das néboas para poder ver lucir o sol.
O galego é unha lingua con historia,
O galego é unha lingua honorábel,
É unha lingua con pasado, con memoria
Con prestixio e con tradición formidábel.

Propoñamos como bandeira
A defensa da nosa lingua
Poñamos a nosa alma en falala
Que o noso corazón sexa o galego,
Que o brillante azul do noso mar
Sexa o brillo da nosa lingua
Sexamos nós valerosos soldados
Que loitan con pacífica arma
Que leda sae dos  nosos beizos,
Non a deixaremos morrer,
Sempre estaremos á súa beira,
Mesmo coa propia vida gardaremos
A importante chave que  temos .
O galego é unha lingua con historia,
O galego é unha lingua honorábel,
É unha lingua con pasado, con memoria
Con prestixio e con tradición formidábel.

Noraboa rapaces!

lunes, 25 de marzo de 2013

Liberdade!

   O actual partido caciquil que nos goberna non permite poñerlle a un fillo o nome de Lenin. Isto recórdame a cando durante o franquismo non se permitía o nome nin de Lenin nin de Libertad. Sinceramente, creo que non existe un nome máis bonito que o de Libertad.
   Celso Emilio ten un poema que me fixo pensar nel cando me enterei desta noticia.

CARTA Á MIÑA MULLER

Querida, non o esquezas, hai palabras que é pecado decilas niste tempo. Palabras que non debes pronuncialas, nin xiquera pensalas, cavilalas, tatexalas, gabalas, escribilas... Moito menos berralas. Esposa, toma nota e non esquezas: non digas libertá palabra triste con peligro de morte e calivera. Si é certo que me queres nunca digas esta palabra estúpida que ten dentes e morde coma un lobo. Non digas tan xiquera as verbas derivadas, por moi lonxano e vago que sexa o parentesco etimolóxico, como son, verbigratia, libertino, liborio, liberata, libre cambio.

En troques di cadea, viva, viva, si señor, moitas gracias, Dios llo pague. ¡Xa verás que felices imos sere!

miércoles, 13 de marzo de 2013

Indulto para David Reboredo Xa!

   Din que reinsertan pero en realidade exterminan. Basta de torturas nas prisións! Indulto para David Reboredo!

   Avante Camarada. A loita social conseguirá que sexas libre!

   Imaxe recollida do blogue da peña celtista e antifascista Celtarras.

viernes, 8 de marzo de 2013

Lipdubs pola Independencia!

Galiza Ceive e Socialista!
Gora Euskal Herria! Askatasuna!
Visca Catalunya! Visca la tierra Lliure!

miércoles, 6 de marzo de 2013

Ata Sempre Comandante.

   A noticia tráxica desta semana é sen duda a morte do presidente da República Bolivariana de Venezuela. Aínda que non compartimos a mesma ideoloxía, xa que Chávez renega do marxismo-leninismo, sempre o admirarei por ser unha figura antiimperialista. Este extraño ditador, como dixo Galeano, que reduciu a pobreza de Venezuela nun 44%, aumentou o gasto social nun 60%, nacionalizou empresas para que pasen a ser parte do pobo...
   Claro que tivo erros pero tivo moitos menos que calquera país capitalista que só mira polos grandes empresarios. Prefiro vivir nunha ''ditadura'' na que o Estado mire polos cidadáns que nunha ''democracia'' na que miren polos beneficios de Botín e compañía.
   Os venezolanos, coa morte do seu presidente elexido democraticamente, saíron a rúa a mostrárlle o seu apoio ao goberno actual de Nicolás Maduro. Os gritos de ''Chávez vive, a loita segue'' fan ver que a Revolución Bolivariana non rematará coa morte do seu líder.
   Descansa en paz! Serás absolto pola historia!

sábado, 2 de marzo de 2013



"Déjenme decirles, a riesgo de parecer ridículo. Un revolucionario verdadero está guiado por grandes sentimientos de amor. Amor a la humanidad, amor a la justicia y a la verdad.'' Ernesto Guevara

jueves, 28 de febrero de 2013

O mundo que me rodea.

   Son dunha pequena vila da provincia de Pontevedra. Somos uns deses pobos que algunha vez tivemos o ``orgullo´´ de participar no Grand Prix. Contamos con varias empresas onde os dereitos laborais dos traballadores son ``respetados´´. Non miramos as horas que son obrigados a traballar xa que iso é intervir na ``marabillosa´´ economía de libre mercado. Vendemos o noso monte para facer un campo de golf para que estúpidos soñoríos veñan a pasar as tardes practicando o seu swing. Temos un albergue para peregrinos que só está aberto unhas tres horas ao día. Para que facer un albergue para pobres... Iso é de socialistas e anarquistas perrofrautas. Cando as nosas árbores arden significa que ese terreo necesita ser recalificado e nuns anos próximos comezarán as excavadoras a traballar. Iso si, contratando sempre á mesma empresa para non perder a vellos amigos. Temos hortas, que os seus donos nunca pisaron, cheas de silvas e toxos pero non se poden traballar porque ``non nos pertencen´´. Disfrutamos dun río ateigado de polución por culpa de empresas que pensan que como crean traballo poden facer o que queiran co medio que os rodea. Eleximos a un partido caciquil que en días de eleccións vai buscar aos vellos á casa en bus para levalos a votar. Que encanto de persoas...O triste de isto é que non só sucede na miña vila. Galiza está chea destas vilas. Será verdade iso que nos din dende a capital de que estamos atrasados? Quizais somos tan riquiños que non somos capaces de revelarnos? Ou quizais, simplemente, somos máis parvos por ser galegos? Eu, sinceramente, non considero que esté atrasado, nin que sexa riquiño e, moito menos, parvo. E non só o penso de min, senon de todos nós. O pobo galego necesita sacarse ese venda que non lle impide ver a realidade. Pertencemos a un país que se unificou á forza. Non lle debemos nada. Galiza ceive e socialista? Por que non? Por que non cambiamos o primeiro o de aquí? O mundo non se muda dun día para outro. Como queremos cambialo sen antes transformar o que temos diante dos ollos...

lunes, 25 de febrero de 2013

Os Dereitos Humanos.

   Ante a continua represión por parte do goberno sobre os comunistas e independentistas, tanto vascos, como cataláns e galegos, quero denunciar as violacións constantes dos Dereitos Humanos por parte dun estado que se autodefine como demócrata. Xa non me fai falla poñer entre comillas a palabra ``demócrata´´ xa que calquera persoa con algo de conciencia sabe que a democracia non só se basa en poder votar cada X anos xa que o único que estamos a conseguir é elexir ao personaxe que lle entregará o poder os famasos ``Mercados´´, eufemismo de burguesía.
   Ante este movemento de terror, que quere asustar a poboación para que non proteste, debemos actuar mediante a solidariedade cos presos xa que é a única forma de que sigan presentes. É triste que no 23F deste 2013 houbo máis detidos que no 23F do 1981.
 

lunes, 18 de febrero de 2013

Os Progres actuais e o seu muro nos ollos.

Coa gala dos Goya e co auxe na popularidade da noxenta e a oportunista de Beatriz Talegón, coa que se solidarizou Pablo Iglesias, o presentador da Tuerka, pero non fixo o mesmo cos presos políticos, reflexionei sobre a cantidade de falsos esquerdistas que hai hoxe en día.
O Muro de Berlín caeu en 1989 para alegría de moita xente e para magoa duns poucos. Un "Triunfo da liberdade e da democracia" dicían. A chegada da "democracia" burguesa á antiga RDA foi un "éxito". Coas privatizacións e o libre mercado os suicidios aumentaron en tal cantidade que que chegaron aos millóns de persoas. Criticaron o muro comunista canto quixeron pero non fan o mesmo agora mesmo con outros muros que hai no mundo. Estados Unidos vallou a fronteira con México e seguen co "muro" económico hacia Cuba. O réxime espanhol mantén valladas as cidades, conseguidas grazas ó imperialismo, Ceuta e Melilla. Marrocos está reprimindo ao Sahara recordando aos campos de concentración. O muro de Israel sobre Gaza está de moda xa que Palestina agora é considerado un estado observador da ONU. A isto quería chegar hoxe. A represión e o xenocidio sufrido de Palestina por parte dos sionistas é a maior forma coa que estes falsos demostran a súa dobre moral. A autodeterminación para todos os pobos é un dereito fundamental. Encántame ver como gritan "Palestina Libre" pero atacan ós movementos independentistas que hai neste país. Galiza, Euskal Herria, Paisos Catalás... Non teñen dereito a autodeterminación? UPyD está creando escola. O último artigo de Cayo Lara sobre a soberanía podía habelo firmado tranquilamente Rosa Diez. Pero que se pode esperar de Esquerda Unida... As súas mostras de querer ser o novo PSOE cada vez son máis grandes.