``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

jueves, 29 de marzo de 2012

A Democracia.

   Inspirándome en Lenin, a única definición que lle encontro a democracia é a de ditadura na que cada certo  tempo se cambia de tirano. Hoxe moitos ``esquiroles´´ quixeron defender o seu ``dereito a traballar´´ decindo iso de: ``España es una democracia y todos tenemos derechos!´´ Non me dan pena ningunha as bágoas destas persoas ás que non se lles deixou abrir os seus negocios. Os piketes dos que vos queixades están loitando polos vosos dereitos. Os que non secundaron a folga hoxe, porque no querían que lle restasen o salario, xa chorarán cando queden sen traballo e sen un peso. Ver a xente da clase baixa indo ao seu posto de traballo prodúceme náuseas. Aínda así, a folga, foi un éxito rotundo. Moitas aulas e moitos postos de traballo quedaron baleiros. A policía tamén secundou esta folga xeral. Eles fixérona á xaponesa. Por cada manifestante debía haber 10 policías. Panda de vermes mercenarios. Vendedes ao pobo por uns euros. En Victoria mandaron a un chaval para o hospital e está moi grave. Que noxo me dades. Despois teste que entristecer cando un Patrol explota se non queres que che miren mal. Como me gustou ver a Barcelona ardendo e aos Mossos fuxindo. Así é como se consigue unha democracia de verdade. Sucursais de bancos queimáronse, ventás de Mercadona rompéronse, centros comercias foron pechados á forza... A imaxe lamentable do día era ver aos empregados do Corte Inglés pegándolle aos piketes. Canta estupidez hai solta.
   A prensa de dereitas, unha vez máis, dedicouse a mentir sobre a folga, as manifestacións e os piketes. ``El Mudo´´ y ``Interlobotomía´´ atacaban a Willy Toledo por algo que non fixo. O resto non fixeron máis que soltar mentiras sobre o que acontecía e defender ao PP.
   O máis divertido de hoxe sucedeume fai un pouco. A Agrupación Socialista de Valga, uns personaxes valgueses que non teñen nin idea, quixéronme dar clases de loita obreira polo Facebook. Pero a onde ides uns falsos esquerdistas a darme leccións a min? Con moita menos idade sei bastante mellor do que falo que uns hipócritas que defenden a un partido que vendeu a clase obreira. Intentáchedes metervos conmigo decindo se era amigo de Botín, ese banqueiro que tanto beneficio sacou cando Zapatero era presidente. Por que non falades das mansións de Felipe González? Por que non falades dos GAL? Por que non falades dos nenos mortos en Libia? Deume noxo ver a xente do voso partido hoxe nas manifestacións. Oxalá acabedes desaparecendo Partido Socialdemócrata antiObreiro Españolista.
   Bueno, para rematar recomendo a película  La Huelga. Con este filme deberíades reflexionar sobre o que está sucendendo.

miércoles, 28 de marzo de 2012

Pechado por folga.

Mañá é o gran día. O día no que espero que as aulas as empresas queden baleiras. Non queremos reformas que atentan contra o pobo. As prazas de España teñen que inundarse de xente e demostrar que sabemos facer máis cousas que ver o fútbol.

lunes, 26 de marzo de 2012

Cuba xa é libre.

   Acabo de rematar de ver o programa de onte de Salvados. Non o puiden ver en directo xa que xogaba o Obradoiro a esa hora. O equipo de ``A Secta´´ foise ata Cuba a falar das reformas que o país está facendo.
   A miúdo, na prensa española, inténtase manipular todo o posible relacionado con outros países que teñen un sistema político e económico distinto. Temos os casos de Venezuela, Bolivia, Ecuador e sobre todo Cuba. Para escoitar as mentiras que se din de Venezuela non hai máis que abrir xornais como os meus amigos do ABC ou El País. Este último, que é considerado de esquerdas, fixo a maior campaña en contra do país venezolano e do seu Presidente Hugo Chávez. La sexta está facendo o mesmo pero esaxeradamente con Cuba. Jordi Évole, este ``simpático´´ presentador do programa Salvados, ten o costume de comparar continuamente a Fidel Castro con Franco. Non entendo en que se poden parecer o salvador do pobo cubano e un cruel tirano que o único que fixo foi destruír España. Cuba non é unha ditadura por moito que nos queiran enganar. Cuba é un réxime socialista que, a pesar dun bloqueo terrible por parte de USA, progresa. Cantos países teñen a sanidade e a educación de balde? No ``mellor´´ país do mundo, USA, a xente morre nas rúas porque non ten cartos para operarse. No país latinoamericano todos teñen unha casa para vivir. Non hai xente durmindo en estacións de autobuses. A liberdade en Cuba é unha realidade. Estou en desacordo ca súa política de emigración. É o único erro que lle vexo. Pero que dende aquí lle queiramos dar leccións de democracia faime rir. Mentras que a nosa policía saca as porras cada vez que hai unha manifestación que ao Goberno non lle interesa, en Cuba isto é impensable. As Damas de Blanco, mundialmente coñecidas tamén por As Damas do cheque en blanco, nunca foron agredidas polas forzas policiais cubanas. Hai imaxes de como mulleres policias sen armar collían as estas señoras e as levaban casa por casa. Estas rapaciñas que loitan polos dereitos dos ``presos políticos´´ son a hipocresía en estado puro. Nunha entrevista do programa decían, ante a pregunta de si pedían que Estados Unidos puxese fin ao bloqueo económico, que elas non falaban de temas políticos. Dous segundo máis tardes decían que Cuba tiña que poñer fin ao ``bloqueo´´ interno e que tiñan que instaurar unha pluridade de partidos. Isto non é política Damiñas de blanco? Como se nota que son os americanos quen vos da de comer. Se queredes ver ao que vós lle chamades democracia vinde a España e intentade montar un partido político. Coa nosa discriminatoria Lei de Partidos dubido que conseguírades algo. O resto de disidentes, financiados por quen xa sabemos, non son máis que aproveitados que queren vender todos os dereitos que teñen por vestir de Adidas. Como ben dixo Willy Toledo, Orlando Zapata era un preso común. Wilman Villar tamén o era. Se tanto vos importan os presos políticos, por que non loitades polos que hai en España? Cantos militantes do PCE(r) hai prisioneiros agora mesmo polo simple feito de ser comunistas? Esta última frase díxoa Pablo Hasel e foi levado ante a Audiencia Nacional.
   Remato decindo que estou segurísimo de que a historia a Fidel o absolverá, que algún día nos daremos conta de que Cuba xa é libre e de que a Revolución Cubana é das máis admirables que houbo na historia.

sábado, 24 de marzo de 2012

A policía, o machismo do PP, a Casa Real e non a censura.

   Os sabados sempre son días cargados de noticias impactantes. As caixas séguense fusionando para crear novos bancos. A dereita española utiliza que hoxe sexa o Día Internacional da Vida para loitar contra o aborto. A folga xeral segue sendo ameazada por empresas explotadoras e agora tamén pola Conferencia Episcopal. Pero a peor noticia de todas é a do xoven de orixe marroquí que quedou tetrapléxico despois de entrar nunha comisaría en Guadalajara. Según os informes da policía quedou tetrapléxico por ``autolesionarse chocando adrede contra unha parede´´. Alguén pode chegar a pensar que é verdade isto? Isto recórdame ao franquismo cando o noso Manoliño Fraga era Ministro de Información e manipulou toda a verdade sobre os asesinatos de Julián Grimau e Enrique Ruano. Cada vez hai menos diferencia entre os polis españois e as SS. Sei de sobra que  isto non irá a máis e que os culpables non pagarán polo que fixeron e menos se grupos políticos ``demócratas´´ como UPyD os apoian. O día que os ``axentes da lei´´ se den conta que tamén son parte do pobo ao que tanto atacan e pegan espero que fagan o mesmo pero cos seus comisarios.
   Sempre dixen que os que máis noxo me dan dos que votan ao PP son os obreiros e as mulleres. Javier Arenas doume a razón. O candidato do Partido Popular nas eleccións andaluzas dixo a famosa frase de ``A muller ten que volver ó fogar.´´ Mañá seguramente moitos andaluces o voten e demostren que en España a hipocresía levámola no sange. Eu esperarei e cruzarei os dedos para que Sánchez Gordillo saque o maior número de votos.
   Siguen saíndo a luz motivos de porque hai que conseguir a Terceira República. Á Casa Real non se lle aplicará a Ley de Transparencia xa que non é unha administración pública. O seu soldo sae dos impostos de todos nós. Eu creo que si que deberíamos saber que fan con el. José Castro, xuíz do caso Palma Arena, segue sen imputar a Infanta Cristina na investigación sobre o Instituto Nóos. Viva a xustiza española que nos trata a todos por igual!
   O Correlingua denunciou o intento de censura do Concelleiro de Educación de Santiago. A verdade é que nunca pensei que nos ían apoiar tanto. Por iso, o 17 de maio, chamo a todos a que vaiades a manifestación en contra do goberno e dos seus atentados contra a nosa lingua.
   Por último quero mandarlle unha mensaxe a ``Xaquín´´ Sabina. Este homiño de Deus que quedou medio tonto despois de fumar tanto pide o apoio para a folga do 29 de marzo. Pensas que con apoiar a folga vasnos gañar a todos os que sabemos que te vendiches? Cada vez que escoito as túas palabras decindo que eres ``rojo´´ e como apoiaches ao PSOE nestes anos danme gañar de vomitar. Dedícate a cantar que nos últimos anos non é que se che dea moi ben.
  Deixo aquí a Convocatoria para o 17 de maio.
http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/175

jueves, 22 de marzo de 2012

Os dous de sempre.

      Hai cousas que nunca cambian. Por moi absurdas que sexan algunhas asociacións siguen molestando e parece que nunca van parar. Si, falo dos meus amigos de Galicia Bilingüe. Estes monicreques conseguiron que, como xa dixen, o Concello de Santiago retirase as axudas ao Correlingua. A principal causa é que non están de acordo co que se di no noso manifesto aínda que eles intenten desimular decindo que é polos recortes. A única maneira de que o concello axude é que se cambie o manifesto. Pois a estas persoas tan respetuosas cas ideas dos demais non lles chegaba con isto. Tamén lle piden aos concellos de Lugo, Vigo e Pontevedra que retiren as axudas. Cando se van cansar de ser tan pesados? Dades verdadeiro noxo. Todos sabemos que sodes a organización "segreda" do PP que ataca o galego. Gloria Lago sinto que non triunfases como modelito en Madrid pero porque lle colleches tanto noxo a túa terra? Tes algún trauma porque se burlaron de ti por falar galego? É que non entendo o teu dereitismo e antigaleguismo extremo.
   Hoxe cúmprense 44 anos de que uns estudantes franceses apedrearan a sede de American Express para protestar contra a guerra de Vietnam. Nos estamos só a unha semana da folga xeral e moito temos que aprender destes franceses que España tanto odia. Francia levanos uns cantos anos de vantaxe políticamente. Nos gañamos ao fútbol pero eles ca mitad de paro xa montaron o dobre de folgas xerais e teñen un apoio case total. Espero que este maio que ven se pareza algo ao de París é que se ocupen edificios como eles fixeron ca Sorbona.
  Bo artigo dun compañeiro meu no que da razóns para ir a folga:
http://albertorincon5.blogspot.com.es/2012/03/folga-xeral.html
  

martes, 20 de marzo de 2012

O dereito a folga e Iraq.

   Poñámonos en situación. 20 de marzo de 2003. Iraq, un país asiático que avanzaba e progresaba lentamente sufría a maior barbarie que eu tiven a desgracia de contemplar. Tiña 9 anos e sen ter ben claro os motivos da guerra colléralle cariño a Iraq. O meu odio polos ``Estates´´ creo que naceu por esa época. Recordo eses días con alegría. Cun atlas, un libro de barcos e outro de avións xogaba a invadir os Estados Unidos. Xa daquela tiña unha pequena idea de que as cousas non se cambian regalando flores. En España hubo unha grande protesta nacional contra a guerra. Manifestacións inundaban este país. Estou orgulloso de que se fixera todo esto pero a miña pregunta agora é: Porque criticachedes a guerra de Iraq pero calachedes cas de Afganistán e Libia? Esta é a hipocresía que tanto caracteriza a sociedade española. As crimes que cometeron os países civilizados nestes dous países non contan? Invadimos Afganistán por ter unha relixión diferente pero non Israel que está masacrando palestinos día tras día. ``Tomorrow is the day´´. Así anunciaba Satanás o futuro xenocidio iraquí. Que razón tiña Hugo Chávez cando dixo que nas Nacións Unidas cheiraba a azufre. Os americanos, estes que tanto aman a liberdade e a democracia, estaban a punto de quitarlle a vida a un pobo que era feliz. Iraq respiraba. Iraq non tiña armas de destrucción masiva. Iraq tiña petróleo e USA,  axudado polo noso Chemita e por Tony Blair, encargouse de roubarllo. E despois queixámonos do 11 M e do 11 S.  Xa o dixo El Chojín. Non vaias por aí bombardeando onde che apeteza e non terás que chamar terroristas aos que se queixan.
   Falando de outras guerras quero dar unha información que chegou aos meus oídos vía twitter. Parece ser que Esquerda Unida, concretamente Cayo Lara, manexa informes nos que se di que a CIA ten máis asalariados en Siria que calquera outra empresa, incluído o Estado. Agora decídeme porque hai que apoiar aos ``Revolucionarios´´ sirios.
   Pois céntrome no tema principal de hoxe. Onte xa falei da folga xeral e dos caciques españois. Segundo o artigo 28 da sección 1 da nosa ``marabillosa´´ e ``estupenda´´ Constitución todas as persoas teñen dereito a folga mentras se respeten os servicios esenciais para a comunidade. Coma en case todos os puntos esto é relativo. Unha empresa, do meu gran pobo, que rima con farsa non te despide se vas a folga. Son moito máis prácticos. Eles obriganche a ir a traballar o Día das Letras Galegas para recuperar as horas perdidas. Esta xa non é a primeira bastada que comete esa familia que dirixe a empresa. Contratos basura, explotación dos traballadores e moitas máis cousas. Non digo os nomes por manterme a marxe destes ``fenómenos´´. Ains... cantas empresas e empresarios tiñan que arder para que o mundo fose máis xusto.
   Recomendo que vexades o documental Bagdag Rap xa que é bastante interesante e entretenido e conta bastante ben o tema de Iraq.
 
 

lunes, 19 de marzo de 2012

Eu vou a folga xeral. 29-M

   Só faltan 10 días para a folga. Só faltan 10 días para demostrar de que o pobo deste país está en contra dunha reforma laboral que nos fará escravos dos banqueiros e empresarios. Cúmprense 200 anos da primeira Consitución española e a verdade, lendo algúns dos seus puntos, non me parece tan admirable. Que o amor a patria sexa unha obligación é algo co que estou moi en contra. Botándolle moita imaxinación pensei en quen ía defender ao noso alcohólico e moribundo monarca "Juank" en caso de que os franceses nos invadisen. Conmigo que non conten. Volvendo o tema conmigo si que poden contar para loitar contra este capitalismo e neoliberalismo feroz que amenaza con destruir os poucos dereitos que aínda nos quedan. As reformas laborais de países de Latinoamérica melloran a vida dos traballadores e campesiños. As nosas fannos retroceder a outra Idade Media. Todo o progresismo e esta demagoxia que nos comeu a cabeza está en contra da maioría de nós. E que facemos nós? Votar aos mesmos tiráns de sempre. Ser ovelliñas e facer o que nos manda o pastor. Queres facer reformas? Pois que se fagan ben. Quitemoslle terras aos señoríos españois e redistribuiamos o terreno. Poñamos unha sanidade de calidade e de balde para todos. Os que nos meteron nesta estafa que o paguen con cárcere. Se alguén vos di que o caciquismo xa non existe neste país mínteche. O Corte Inglés, Santander, Telefónica... Todas estas empresas e moitas máis amenazan con despedir aos traballadores que vaian a folga. E nadie fai nada? Somos escravos sen cadeas. Mercadona e outra destas empresas. Juan Roig é un dos maiores impresentables, explotadores e fascistas que pode haber neste país. Espero que se lle peche a boca pronto. Espero que en 10 días teña as tendas baleiras e sen traballadores.
   Antes falei de pastor e recordoume a entrevista que vin hoxe. Nela "Anita" Pastor é humillada por Rafael Correa. Ata fai uns días non sabía moito do Presidente Ecuador pero escoitando a mensaxe que este home ten convértese nun dos que confío para que remate co imperialismo sobre esa terra tan fermosa como é América Latina. Bravo Correa! Espero que na Cumbre das Américas o teu sitio estea baleiro. Se Cuba non vai por culpa do fascismo estadounidense haberá que protestar. Loitemos contra as inxustizas.
   Aquí vos deixo cara a cara entre Ana Pastor e Rafael Correa.
Rafael Correa humilla a Anita
 

jueves, 15 de marzo de 2012

A disfrutar do NOSO premio.

O 15 de marzo é un día bastante especial. A obra mestra de Francis Ford Coppola, ``El Padrino´´, cumpre 40 anos. Mafalda, esa nena arxentina, cumpre 50. Eu sigo impaciente a resolución por parte da Xunta do noso problemiña ``fiscal´´.
   Mañá imos de excursión a Allariz grazas ao Correlingua. Por gañar o concurso dos manifestos, fomos invitados a unha visita de dous día pola cidade.
   Hoxe teño no punto de mira varios obxectivos. Vou empezar polo que deixei a última vez. O ABC, ese gran periódico que nos acusa de xenofobia pero eles non tiveron ningún problema en apoiar a invasión imperialista de Libia. Nun dos seus artigos din esto: ``La Coruña, que también optó por anular la ayuda.´´. Eu non sei a onde pertence  ese sitio de ``La Coruña´´. En Galiza hai un lugar que se chama A Coruña. O mellor non están falando do mesmo. Pódome trabucar eu tamén aínda que creo que fochedes vós.
   Ao segundo que lle teño unhas palabriñas que decir é ao alcalde de Santiago o señor Conde Roa. Non vou nombrar todas as súas polémicas relacionadas co impago de tributos municipais en torno a súa condición de promotor inmobiliario a través de Geslander, sociedade da súa titularidad. Deixo entrever, pero non o digo. Bueno, pois este señoriño retiroulle 4.200 euros de subvención ao Correlingua. Xa todo o mundo sabe por culpa de quen... Alcalde do meu corazón,a onde vas chegar con este rumbo? A xente votache por algo pero ese algo eu aínda non o atopei.
   E por terceira e última a miña superamiga que xa todos coñecedes. Moléstame moito darche máis fama pero é que a mereces. Primeiro sigo sen entender porque non publicaches ningún dos comentarios que che deixei nos que falando educadamente explicaba moitas cousas. Outro comentario, no que lle respondía a un dos teus adeptos, si que mo publicaches pero cando te deches conta de que era meu debéchelo borrar. E por último sigo esperando a que me respondas, é que te boto de menos. O noso amor platónico ten que triunfar.
 
P.D: Compañeiros partidarios de Galicia Bilingüe. Sodes moi valentes nomeándome dende o anonimato. Eu e todos os da miña clase demos a cara sempre con nomes e apelidos. O anonimato e a liberdade de expresión dos covardes.

martes, 13 de marzo de 2012

ABC debe pedir perdón.

   Hoxe é un novo día. Nas redes sociais o tema segue sonando con forza pero non se volveu escoitar nada na prensa nin en certo blog. Dudo moito que esta señora me volva nombrar aínda que eu tardarei en olvidarme dela. A nosa curta romance deixoume marcado de por vida. Para túa información teño 17 anos, non 15 como dis. Non che vou decir nada polos teus outros asuntos políticos porque non veñen ao caso. Vexo que lle tes manía a Cuba e a Galiza Nova, pero non tes ningún inconveniente en que se lle fagan homenaxes ao señor Manuel Fraga. Igual non o sabías pero este homiño tan bo foi franquista toda a súa vida. Hoxe o tema non es ti asique non che vou dar máis fama. Xa che regalei unhas cantas visitas no teu recuncho de internet.
  ABC parece que o de manipular dáselle de marabilla. Nunha noticia, o día 9 de marzo, decían: ``Callón respalda el manifiesto xenófobo que excluye como gallego a quien habla español.´´ Dende aquí chamo a todos a que leades o manifesto e xuzguedes vos mesmos. A única xenofobia que hai é a vosa criticando sempre, sen razón, aos sectores que pensan diferente. Esta xa non é a primeira barbaridade que decides en contra do noso idioma. Durante o primeiro ano de Feijóo manipuláchedes todas as noticias que fixéchedes sobre as manifestacións en contra do decreto. O voso dereitismo faime sentir un noxo tremendo pola prensa española. Case todos os vosos xornalistas seguen tendo a mentalidade de 1903. Saíndome do galego sigo sen entender porque lle chamades dictador o Presidente elexido democraticamente Hugo Chávez.
  Remato decindo que en twitter moitas persoas se sumaron a nosa causa e que espero que se acabe con estas inxustizas dunha vez por todas. O noso manifesto é o GAÑADOR e punto. Se tanto vos doe a chorar para outra parte. Sigo esperando unha desculpa para todos os que colaboramos no manifesto.
  Recomendo que lle botedes un ollo a estes outros blogs:
http://albertorincon5.blogspot.com/
http://ocadernodospensamentos.blogspot.com/
http://quendixoqueafelicidadenonexiste.blogspot.com/2012/03/loita-de-palabras.html


 

lunes, 12 de marzo de 2012

Gloria Lago vs Fran

Bueno pois xa que Gloria Lago tivo o honor de dedicarme unhas palabras, vou facer o mesmo con ela. Primeiro vouche dar as grazas por darme unha fama que nin quero nin merezo. Eso xa cho deixo para ti. Para que disfrutes sendo unha oportunista da vida. Eu nunca dixen que Galicia Bilingüe nos censurara. Non sei de onde sacaches esas palabras. As miñas palabras foron que: ``Correlingua censúranos por non ter problemas con esta asociación´´. Hai que ter un pouquiño de cabeza muller. Non podes pretender ser outra Rosa Díez da vida.
   Parece ser que te estiveches informando sobre min. Describichesme a perfección. Nin Sherlock Holmes nos seus mellores tempos o faría mellor. Como ben dixeches son anticapitalista, castrista, apoio a Otegi... si, só me falta comer nenos para ser Satán. Non me vou ir máis polas ramas e vou ir o serio. Non sei de que ides criticando ao noso manifesto. 19 persoas, o total da clase, estivemos de acordo con publicalo. O noso profesor de galego, ese que nos ``manipula´´, era o único que non estaba de acordo con todo o dito. Se A Mesa considerou que o noso era o mellor e que era xusto gañador por algo será. 
   Ante a túa pregunta de quen inflúe no meu odio non é máis que a sociedade actual. Ti, por exemplo. Vas de boiña pola vida pedindo igualdade para os dous idiomas de Galiza e non fas máis que atentados contra o galego. A miña familia, profesores, amigos... toda esa ``secta´´ que me rodea non ten nada que ver cos meus ideales. Agora mesmo estarás flipando. Acabas de coñecer un adolescente con personalidade propia. Eso no teu mundo é impensable. 
  Non sei o que queres de min, a verdade. Queres que vaia para o cárcere? Que grande é a liberdade de expresión que ti tanto defendes. 
  Sei de sobra que me pasei un pouco cos comentarios feitos. Estaba cabreado ante semexante inxustiza. Pero o que si é verdade é que nunca me arrepintirei.
 Espero que o xornal de dereitas ABC pida perdón a toda a miña clase por chamarnos xenófobos.


P.D: Gloria, grazas polo de ``angelito´´, ti tamén es un ceo. ;)


http://elblogdeglorialago.blogspot.com/2012/03/adoctrina-que-algo-queda.html#more






Galicia Bilingüe, esa mafia.

Escribo esto o sábado, 10 de marzo.
   Onte, venres 9, falei cunha amiga miña que é a presidenta das Mocidades da Mesa. Preguntoume polo que pasara co do Correlingua e que ía preguntarlle á asociación A Mesa polo tema. Esta mañá quedei sorprendido cando me dixo que O Correlingua  quedou sen subvencións. A miña sorpresa foi que Galicia Bilingüe, este grupo que xa é coñecido por moitos máis atentados contra o galego, levou ante o Valedor do Pobo, chámolle así por non chamarlle Valedor dos que mandan ó impresentable este, un comentario que escribín nunha rede social. Nin moito menos me arrepinto de escribilo. Dixen o que sentía. Pero aparte de sentir un noxo incrible por mandarnos retirar a crítica  ``A Coz de Galiza´´, xornal que lle fixo homenaxes a franquistas como Fraga, e a ``Telegaita´´, esa canle que con cartos públicos retransmite misas, estou totalmente en contra de que lle quiten axudas a unha asociación tan interesante e boa como é O Correlingua.
   Galicia Bilingüe parece ser que levaba tempo querendo retirar as axudas e grazas a esto conseguiron a excusa perfecta. UPyD está creando escola. Está de moda ser oportunista. Non podo entender que valor legal pode chegar a ter un comentario dun rapaz nunha rede social. Porque a xustiza española sempre ataca os mesmos? Como dixo certa persoa parece que as palabras no século XXI fan dano.
Mando todo o meu apoio ó Correlingua, a pesar de todo, e espero que consiga o necesario para seguir promocionando o galego por moitos anos. En cambio a vós, Galicia Bilingüe, espero que desaparezades pronto xa que non aportades nada á defensa dunha lingua e o voso marabilloso ``bilingüismo´´ aquí non é ben recibido.