``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

jueves, 28 de febrero de 2013

O mundo que me rodea.

   Son dunha pequena vila da provincia de Pontevedra. Somos uns deses pobos que algunha vez tivemos o ``orgullo´´ de participar no Grand Prix. Contamos con varias empresas onde os dereitos laborais dos traballadores son ``respetados´´. Non miramos as horas que son obrigados a traballar xa que iso é intervir na ``marabillosa´´ economía de libre mercado. Vendemos o noso monte para facer un campo de golf para que estúpidos soñoríos veñan a pasar as tardes practicando o seu swing. Temos un albergue para peregrinos que só está aberto unhas tres horas ao día. Para que facer un albergue para pobres... Iso é de socialistas e anarquistas perrofrautas. Cando as nosas árbores arden significa que ese terreo necesita ser recalificado e nuns anos próximos comezarán as excavadoras a traballar. Iso si, contratando sempre á mesma empresa para non perder a vellos amigos. Temos hortas, que os seus donos nunca pisaron, cheas de silvas e toxos pero non se poden traballar porque ``non nos pertencen´´. Disfrutamos dun río ateigado de polución por culpa de empresas que pensan que como crean traballo poden facer o que queiran co medio que os rodea. Eleximos a un partido caciquil que en días de eleccións vai buscar aos vellos á casa en bus para levalos a votar. Que encanto de persoas...O triste de isto é que non só sucede na miña vila. Galiza está chea destas vilas. Será verdade iso que nos din dende a capital de que estamos atrasados? Quizais somos tan riquiños que non somos capaces de revelarnos? Ou quizais, simplemente, somos máis parvos por ser galegos? Eu, sinceramente, non considero que esté atrasado, nin que sexa riquiño e, moito menos, parvo. E non só o penso de min, senon de todos nós. O pobo galego necesita sacarse ese venda que non lle impide ver a realidade. Pertencemos a un país que se unificou á forza. Non lle debemos nada. Galiza ceive e socialista? Por que non? Por que non cambiamos o primeiro o de aquí? O mundo non se muda dun día para outro. Como queremos cambialo sen antes transformar o que temos diante dos ollos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario