``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

jueves, 26 de abril de 2012

Falsos...

   Non me extrañou moito a noticia de que dous cantautores españois van actuar en Israel cando me enterei de quenes eran. Dame vergoña chamarlle cantautores xa que fai anos que o deixaron de ser. Agora voulles chamar xentuza que escribe as súas cancións. Quenes son os dous bastardos que van ir a cantar a Tel Aviv? Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat. Os falsos esquerdistas que ían de revolucionarios e se venderon ao PSOE. Como ser humano, amín daríame noxo, vergoña, grima... Facer un concerto nun país que atenta contra os Dereitos Humanos día tras día. Non entendo como podedes apoiar aos xenocidas israelitas. Israel carga na súa conciencia con miles e miles de palestinos asasinados e vós, cantantes bufóns, ides a entreter a eses nazis do século XXI. Non hai peor amo que o que antes foi escravo. Ós xudeus deberían avergonzarse. Os 6 millóns de xudeus asasinados parece que é excusa perfecta. Sempre ben protexidos polo seu ``papá´´ os Estados Unidos, iso si... Sabina amigo meu. Para min como persoa xa fai moitos anos que remataches. Eras ``rojo´´ e apoiaches ao amigo dos bancos Zapatero. Tamén criticaches a Cuba. E agora vesme con isto? Se non fora porque está Ramoncín seguro que xa estarías afiliado a SGAE.
   Diputadas a EU reciben ameazas de imbéciles de extrema dereita. Dirixidos polo PP, estes ultras, atacan á xente que quere rematar con esta pseudodemocracia. Isto non sae no ABC pero si unhas frases duns adolescentes contra calaña como Gloria Lago. A prensa española sempre tan obxectiva...
   26 de abril é un día importante. Hoxe recordamos as víctimas do bombardeo de Guernica.
   Se máis deixo o artigo que fixen o Día das Letras Galegas. Nel fágolle un giño a Virginia Wolf que tal día como hoxe fai 81 anos publicábase a súa novel, Las Olas.
 
   8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe é 8 de marzo, o Día da Muller Traballadora. Volvo repetir: TRABALLADORA! Hoxe recordamos esas mulleres que se puxeron en folga para reclamar os seus dereitos e foron queimadas cruelmente. Sempre que penso nisto acórdome da caza de meigas. Cantas mulleres morreron queimadas en fogueiras por culpa do medo dos homes? Dáme vergoña só de pensalo. 
Dende o inicio dos tempos as mulleres sempre foron tratadas como seres inferiores. O machismo é lacra do ser humano dende a súa historia.Este novo progresismo que naceu despois da Segunda Guerra Mundial que pregoa a igualdade de dereitos de pouco serviu. A muller segue explotada e non só en Asia como se pensa. Maltratos, acosos, discriminación... seguen vixentes aínda que non o creamos. As mulleres que sofren maltratos necesitan protección. Unha orde de afastamento non serve de nada e estámolo vendo. A Idade contemporánea actual estase convertendo noutra Idade Media. 
Neste tema non se pode xeneralizar moito. Está claro que España non é Arabia Saudí. Non se pode comparar pero tampouco España é Islandia. Este último país paréceme digno de admiración. Creo que aínda non alcanzou a igualdade máxima pero polo menos está en proceso. O noso país nin iso. Vale que a persoa que máis postos políticos ocupa en España é unha muller pero os ideais desta señora non é que sexan moi feministas.
A televisión, ese ``gran´´ invento, encárgase cada día de humillalas. Cando vai chegar o día que deixemos de ver a mulleres anunciando deterxentes? Será ese día o que se eliminen as relixións machistas? O cristianismo é un relixión patriarcal como case todas. Aínda sigo esperando a que a Igrexa lles dea ás mulleres os dereitos que se merecen.
Para que quede claro, por se non o quedou: o 8 de marzo non se lles dedica ás burguesas adiñeiradas que pensan que o feminismo é que o marido axude na casa de vez en cando. O modelo a seguir que todas as mulleres deberían ter son Angela Davis, Simone de Beauvoir, Virginia Wolf… e non Paris Hilton e eses personaxes.
Dende aquí chamo a todas as mulleres a que se rebelen e se manifesten polos seus dereitos que os teñen e merécenos. 

martes, 24 de abril de 2012

Perla de las Antillas.

Ha estallado una perla y las cenizas
de la libertad,
impulsadas por el viento del Caribe,
siembran el desconcierto y el terror
entre los responsables de un continente inmenso.
Desde la Casa Blanca a la Rosada,
todos los techos de las Grandes Casas
están amenazados
por el irreparable, cruel desastre:
ha estallado una perla, y los residuos
de la dignidad
pueden contaminar a mucha gente.
Si los indios que obtienen el estaño y el cobre
en las minas de Chile y de Bolivia,
si los habitantes de los suburbios de Buenos Aires
y los desposeídos del Perú,
si los oscuros buscadores de caucho
y los integrantes de las tribus de Paraguay y de Colombia,
si los analfabetos ciudadanos de Méjico
inscritos en el Censo de Electores y borrados del Registro
de la Propiedad,
si los que fertilizan con su sudor las plantaciones
de azúcar y café,
si los que recortan las pesadas selvas a golpe de machete
para incrementar la producción mundial de piñas en conserva,
si todos ellos y sus otros muchos
hermanos
en la desnutrición
sufriesen en su carne
la quemadura de la nefanda escoria
de la dignidad,
acaso
pretendiesen ser libres.
Y entonces
¿qué sería de las grandes compañías,
de los trust y los cártels,
de los jugadores de Bolsa
y de los propietarios de prostíbulos?
En nombre de esos valores fundamentales
y de otros menos cotizados,
alguien debe hacer algo
para evitarlo.
Pero
ha estallado una perla.
Peligroso es ahora el viento del Caribe.
Entre el olor salobre de la mar
y el aroma más denso de las frutas del Trópico,
entre brillante polen de las flores
que crecen donde el sol es un flagelo
infatigable y amarillo,
entre plumas de verdes papagayos,
y golpes de guitarras, y sonrisas
blancas como canciones en la noche,
el viento arrastra una semilla
perfumada y violenta,
una simiente fina como el polvo,
nube dorada o resplandor sin nube
que los tifones lanzan –trizada
perla– contra las costas más lejanas,
y las brisas recogen y pasean
y las lluvias abaten –astillada
Antilla– sobre el suelo,
tormenta ciega o cielo derribado,
–izada Cuba, como una bandera–,
llama implacable o luz definidora,
más siempre pura, viva, poderosa,
fértil semilla de la libertad.


Poema de Ángel González.

lunes, 23 de abril de 2012

Procurar a verdade... e atoparse ca mentira.

   Sempre busco a verdade, aínda que teña que mentir para conseguilo. Que ironía me digo para min mesmo. Un sarcasmo malo pode ser como poida definirse a vida. A mundialmente coñecida como a xeración pacifista vota a partidos políticos probélicos. Eu desmárcome desta xente. Creo na paz, pero non no pacifismo para conseguila. Aínda que a frase sone a contradicción, non o é. É moi intelixente e a historia dame a razón. Europa non é un continente racista. A extrema dereita gaña forza no vello continente pero seguimos sendo moi civilizados... En España o ``noso´´ Ministro de INcultura, Wert, dí que a educación superior é só para os seres superiores, é decir, os ricos. Esta frase parece sacada do mesmísimo ``Mein Kampf ´´ de Hitler. Non o vou criticar xa que os españois votaron por estes personaxes que están agora gobernando. O pobo recibiu o que o pobo quixo... Que máis da a educación pública mentras os catro Corleone de turno poidan levar aos seus fillos a colexios privados. Colexios nos que se lle comerá a cabeza e rematen sendo monicreques en mans dos famosos Mercados. Mentras, os que non se poidan permitir esta educación, estudaran en aulas con 60 alumnos máis.
   Algunhas persoas seguen quedando sorprendidas cando digo que non me considero español. Un país con un pasado, presente e futuro como o de España non me pode representar. A miña nacionalidade é e sempre será galego. Agora é cando todos os ``supercomunistas´´ veñen a por min. O termo nacionalista de esquerdas aínda non lle quedou claro a algunhas persoas. Aquí ser nacionalista está relacionado con ser nazi. Da igual que   a nación que ti queiras sexa de esquerdas. É moi fácil recurrir a Marx e a súa frase ``Os pobres non teñen patria´´. Despois seguro que nin lechedes o Manifesto Comunista e si o lechedes, nin o entendéchedes( entendestes*). Marx e Engels opóñense ao nacionalismo burgués que había naquela época. É normal, era o causente de case todas as guerras. Aínda que non sei moito de economía tampouco son parvo. Sei que independencia de Galiza non é posible. Non creo que teñamos os suficientes medios para poder conseguir unha autodeterminación sen dependencia absoluta doutro país. O falso internacionalismo do que presumen moitos dos que critican aos nacionalistas non é máis que algo ficticio. Eu, coma Marx e Engels, apoio as nacións obreiras, non burguesas.
   Por que os cartos o son todo? Por que un trozo de papel e unhas chapas con retratos de fascistas teñen tanto valor? Para que serve ter unha propiedade? O meu soño non é como o americano. Non quero ter unha casa, un coche, unha familia con unha muller e tres fillos, non quero traballar nun banco ou de contable nunha gran espresa, non quero ir comer os domingos a casa dos sogros, non quero ter unha tele de 50 pulgadas... Resumindo, non me quero aburguesar e ser unha ovella máis do rebaño. Con esta reflexión ao estilo Trainspotting quero chegar a propiedade intelectual, unha vez máis. Sigo dándolle voltas a frase que soltou certa profesora, que vai de progresista, cando defendía as multinacionais discográficas. Poñía de excusa que como as farmacéuticas tamén facían o que querían, a industria musical tamén o podía facer. Bo argumento, si señor... Digno de un rapaz de 3 anos. ``Como ellos lo hacen, yo también´´.
   Por último só decir que me dan vergoña os franceses votando a Le Pen. Xa choraredes... Viva Mélenchon!
 

sábado, 21 de abril de 2012

Inspiración.

   Inspira, expira; Inspira, expira... A inspiración é algo que todos os artistas sempre reclaman cando non son especialmente bos. Os artistas malos son os mesmos que loitan contra a piratería a sol e sombra porque din que se van arruinar. Se es bo vas gañar pasta igual, que é o que queren moitos especies destes. Se es un mediocre é normal que poñas excusas. Eu como ``blogueiro friki´´ tampouco son bo por iso pido que me veña a inspiración en días como hoxe no que non son capaz de falar de ningún tema. Ao contrario que os que son tan malos coma min, eu non protexo con copyright nin paridas desas os meus escritos. 35 anos despois de que se legalizase o Partido Comunista en España só son capaz de falar da inspiración. Necesito atopar uha musa rapidamente. Copiando ao gran Pablo Iglesias, presentador do programa La Tuerka, a miña posible musa pode ser a Raíña Cristina de Arxentina. Aínda que son republicano dos pes á cabeza e son consciente de que con raíñas e princesas no hai república, gústame usar esa palabra para referirme ás mulleres perfectas que hai na terra. Se ela non consigue que escriba entradas sen descanso podería seguir polo continente latinoamericano. Subindo un pouco máis para arriba encóntrome con Colombia. Non tranquilos, non estou falando do goberno colombiano. Aínda non perdín a cabeza. Falo de dous grandes que xa non están neste mundo. Alfonso Cano e  Manuel Marulanda Vélez, máis coñecido como Tirofijo. Ambos pertenceron as FARC e loitaron por intentar destruir a corrupción e o réxime nazi colombiano. Fosas comúns con miles de persoas, xente que desaparece nos fornos crematorios, falsos positivos... Todas estas barbaridades son obra do fascismo colombiano. E despois os malos son os que o intentan rematar con todo isto. Sigo subindo e sigo encontrando máis fontes. O trío das Azores representaban ao colonialismo e ó imperialismo. Outro trío, que está no lado contrario do océano, móstranos o camiño a seguir. Falo de Hugo Chávez, Evo Morales e Rafael Correa. A Revolución Bolivariana en estado puro. Que se enteren os sociatas españois de que o socialismo verdadeiro é o de América Latina e non a socialdemocracia europea. Como vou cambiar de continente sen falar dun país especial e dos seus comandantes. Un país ao que lle teño cariño. Raúl, Fidel e Ernesto. Os dous últimos máis que o primeiro. Os textos do Che e toda a súa historia. Como sendo arxentino morreu por Cuba e morrería por calquer país latino. As reflexións de Fidel é algo que necesito ler de vez en cando para non perder a cordura. Por moito que Os Aldeanos, grupo de rap ``disidente´´ cubano, intenten mentir decindo que non as escribe el. Este grupo tamén me inspira, pero odio. Prefiren morrer polo soño americano antes que vivir o pesadelo cubano. Frase collida dunha canción deles. Os comunistas anticastristas tamén me producen algo de noxo.
   Cambio de continente e época pero non de mensaxe. Como ía saber que, dos que falei antes, eran bos sen haber coñecido a Marx. Na casa decíanme que eran malos. Na televisión máis do mesmo. O País, xornal español, escribía editoriais golpistas en contra dos gobernos dos xa nombrados. Karl escribiu as bases da mellor ideoloxía e Lenin, anos despois, fixoa perfecta. Non me olvido de Rosa Luxemburgo nin da súa frase socialismo ou barbarie.
   Non marxino a Galeano, a Celso Emilio Ferreiro ( que aínda o estou a coñecer), a La Pasionaria, a Otegi, a Los Chikos del Maíz, a Pablo Hasel, a Oliver Stone, a Sean Penn, a Melenchon...
   A segunda parte debería ser dedicada a Gloria xa que no seu blog un día preguntouse quen me inspiraba no meu odio, pero como xa dixen non estou inspirado.;)

No soy tan parranoica.

   “Muerte morida”

Doña Carmen Bragado,
natural de Valga, ha fallecido el 5 de mayo,
de sopetón.
El oficio será celebrado
a medianoche
en la capilla parroquial “La Mandalena”,
Milladoiro (Ames
a todo el mundo).
Entonan poemas por su alma
amigos y algunos familiares.

Carmen Bragado
dedicó toda su vida a la enseñanza
de nada;
pero aprendió a devolver las gracias,
a Miguel, el orador,
un alumno que le dio las gracias
y la hizo llorar.
Y recordó a Constantino, profesor en Vigo,
que le regaló a Ángel González en libro,
sobre una mesa, por sorpresa,
en la estación de autobuses.

Hija de moreno zamorano
y de blanca gallega,
de clase baja hasta la muerte,
y opositora a todos los regímenes,
incluso los alimentarios.
Colonizada lingüísticamente,
sincera corazónmente,
siempre partidaria de los sueños imposibles de los marginados,
convertidos vomitivamente en pesadillas.

Muerta de sopetón, por sorpresa,
véase, de un susto,
al ver el mundo.

Al fin y al cabo, cualquier causa,
y no cualquier medio, Maquiavelo,
justifica el fin.

Ellos me cortaron la luz.
Fin de la clase.
Descanso en paz.

Poema escrito por No Soy Tan Parranoica.

jueves, 19 de abril de 2012

Que duro é facer políticas de esquerdas neste mundo.

   Xa falei na miña última entrada do tema da nacionalización do petróleo por parte de Arxentina pero visto o sucedido é mellor que volva falar del. Despois dunha discusión polas redes sociais con xente que se considera de esquerdas pero están en contra do que fixo o país sudamericano cheguei a preguntarme si de verdade a xente sabe o que pasou. Vou facer un breve resumo do sucedido para que os que falan sen saber se informen máis:
   Repsol conta cunhas accións do YPF(Yacimientos Petrolíferos Fiscales). Os arxentinos necesitan que o petróleo sexa explotado polos arxentinos xa que así aumentará a competividade da economía. Cristina, Presidenta de Arxentina, quere expropiarlle o 51% das accións que Repsol ten da empresa YPF. Así, unha parte do petróleo, volverá a ser do pobo arxentino. (No resumo salteime moitas cousas importantes pero só o poño para que teñades unha idea os que falades sen saber.)
   As políticas de esquerdas consinten en nacionalizar. Xa non digo de nacionalizar todo o privado, como me gustaría, pero polo menos os medios de producción si. Con ista medida desaparecería a burguesía e pouco a pouco caería o capitalismo. Arxentina só dou un pequeno paso, e merecen todo o respeto do mundo. Latinoamerica sempre vai un paso por diante de Europa aínda que no lo intenten pintar do revés. Oxalá algún día chegue un socialismo tan verdadeiro ao noso continente.
   Vendo as imaxes de televisións do país ``maradoniano´´ estes últimos días vexo como as manifestacións son a favor da nacionalización. A democracia non di poder do pobo? Pois é o que queren. É o que piden. Non queren ás empresas fascistas que o único que fan e explotar aos traballadores e moitas veces sen pagarlles.
   Onte non me quixen perder os dous programas de debate da TVE. Tanto como o da canle 24h e o de 59 segundos. O de 59 segundo non puiden ver o que falaban sobre este tema xa que me quedei durmido pero co de 24h aínda sigo flipando. Que clase de debate é se todos os que participan teñen a mesma opinión? Que opinión tiñan? Pois podedela imaxinar. Críticas e críticas á expropiación. Panda de mercenarios que decides o que vos mandan. A TVE é a televisión do capitalismo e demóstrano cada día. 
   Os españois montaron en cólera cando se enteraron de que os arxentinos querían o seu petróleo. ``O petróleo é dos españois.´´ ``Viva repsol´´. Bla, bla e bla... Parvadas son o que din estes especies. Pero os peores son os que se consideran de esquerdas. Si, hai ``esquerdistas´´ que apoian a Repsol. Eu non entendo como se pode apoiar a unha empresa imperialista que o único que fai é explotar aos países pobres e ós seus traballadores. Supoño que tamén apoiades a Emilio Botin, a Francisco González e a Amancio Ortega. Cristobo Colón seguro que para vós é un heroe nacional e non un traficante e xenocida de indíxenas como foi en realidade. 
   Falando mal e rápido que se jodan os de Repsol, que só declaran un 25% en España. A única perda que vai haber son a dos accionistas da empresa que cobrarán 10.000 euros menos ao mellor. ``Que pena me dan...´´
   As revolucións conquístanse, non se piden. Aos imperialistas bótasalles pola malas, non se lles pide por favor. Repsol fora da Arxentina.
     

martes, 17 de abril de 2012

República, imperialismo e farlopa.

``- Junta de Galicia, ¿dígame?
   - Farlopa a domicilio. Le traigo el pedido del señor Conde Roa.
   - Lo siento. Gerardo ya no va a estar nunca más por aquí.´´
Está ben isto de empezar cun chiste a entrada. O tema meréceo. Xa é triste de por si que na nosa ``grande´´ e ``libre´´ España haxa corrupción. O alcalde elexido grazas as votacións dos santiagueses, non é máis que outros fascista e chourizo que merece ser afumado. 300 mil euros defraudou Xerardiño que entraron en forma de pó polo seu nariz. Os ``peperros´´ seguen roubando e a xente ségueos apoiando. Ás veces penso que o fallo da democracia é o sufraxio universal. Esta frase escoiteina hai tempo e dá bastante que pensar. O encargado de substituílo é outra boa peza. Franco vive nas entrañas de Currás. A miña dúbida é por que non hai unhas novas eleccións? De que serve mudar o colar se seguimos tendo o mesmo can enrabechado? Os santiagueses queren outras eleccións e goberno debe darllas.
   ``No hay dos sin tres, república otra vez.´´
Que clase de ser humano pode encontrar pracer en matar a un elefante? Pois o bastardo do noso rei. Con esta última estupidez da Casa ``Irreal´´ demostran que merecen ser expulsados polas boas ou polas malas. O Rei foise de safari a conta do pobo e iso é insoportable. A pena é que non lle pisara a cabeza algún elefante. Os vídeos de como lle disparan aos pobres animais é entristecedor. Agorá virá Gloria Lago a criticarme por isto tamén como xa fixo co meu artigo antitaurino.
   O nacionalismo español está en auxe. A última estupidez dos españolistas e criticar a Arxentina por querer o seu petróleo para eles. Panda de ignorantes. Repsol é unha empresa imperialista que xa foi expulsada de Bolivia grazas ao gran Evo Morales. Cristina merece un aplauso. Repsol só ten declarado un 25% en España. Pero iso si, é española. Despois normal que defendades a Nadal e a Fernando Alonso que un é andorrano e outro suízo. Nacionalicemos Repsol e poñamos fin a globalización burguesa imperialista actual.

jueves, 12 de abril de 2012

Seguimos dando leccións de democracia.

   Parece ser que en Cuba non se vive tan mal. Isto é o que debe estar pensando a familia de  Albert Santiago Du Bouchet Hernández. Fai uns días saiu a noticia de que este home se suicidaba nas Palmas de Gran Canaria.  A súa situación económica era intolerable. Non encontraba traballo e algúns traballos que fixera antes non lle habían sido pagados. Isto é Españistán amigo. Non é que me alegre, nin moito menos, pero hai que pensar as cousas un pouco antes. Pensades que a ``liberdade´´ esta que tanto amades vos vai dar de comer e non é así. No voso país natal algo así sería imposible que vos sucedese. A vida dunha persoa ten máis valor que calquera outra cousa. Xa falei moitas veces sobre Cuba e podería botar días e días alabando a súa gran aportación a este mundo capitalizado. A prensa española, unha vez máis, encargouse de que o suicidio parecese culpa de Castro. Todas as persoas que teñen algo de cabeza saben que a culpa deste sistema infernal dirixido por fascistas.
   Se protestar pacificamente vai ser o mesmo que facelo violentamente, quen vai protestar pacificamente a partir de agora? O ministro de interior anunciou que será considerado delito de terrorismo calquera acción de atentado contra a autoridade. A policía poderá seguir dando paos sen criterio e seguirá morrendo xente á mans destes salvaxes da lei. A última víctima foi Iñigo Cabacas. A Ertzaina matou dun disparo dunha bola de goma ao xoven vasco. O goberno nun acto vergonzoso calificou o sucedido de un incidente. Oxalá fora o fillo dalgún deles envede un xoven que só estaba celebrando a victoria.do seu equipo. Que pasaría se isto sucedese en Cuba? Agora mesmo estarían todos os países ``civilizados´´ preparándose para invadir a illa.
   Mándolle un pequeno saúdo a Gloria Lago. Cada día estase volvendo máis estupida. Se por algunha casualidade ves isto, Gloria, só quero decirche que xa che gustaría ser como Sechu Sende. Sechu é un grande e ti eres a vergoña de Galiza.
   Grande a afección do St. Pauli homenaxeando a Iñigo. Nin olvido, nin perdón!
 E sen máis vou ver Ciudadano Kane que a botan por Paramount Chanel. Marabillosa obra de arte de Orson Welles e a mellor película que eu vin.

``Si no hubiese sido tan rico, habría sido un buen hombre.´´

martes, 10 de abril de 2012

Industria musical.

   Remataron as vacacións de Semana Santa e volven noticias quentes. O fin de semana paseino en Bilbao xa que fun a disfrutar da cidade uns días grazas a peña Zona Norte. Fomos a ver o Obradoiro que se enfrentaba co Gescrap Bilbao Basket. O partido un desastre aínda que ao final plantouse cara. Despois de pasar 3 días alá teño ben claro unha cousa. Que nadie me volva decir que Euskadi é España. O nivel de vida é incomparable. O único malo que lle vin foi encontrar a un chaval que soltou perlas como que Bildu, Esquerra Republicana, o BNG e ata incluso Lenin eran de dereitas. Sigo flipando aínda.
   Non vou ser moi orixinal e vou utilizar a frase de Einstein para comenzar a falar sobre o tema de hoxe. ``Só hai dúas cousas infinitas: o universo e a estupidez humana.´´ A esta conclusión cheguei eu hoxe. Por que? Porque non entendo como en pleno século XXI pode haber xente que siga apoiando a industria musical. Piratear está mal? Peor está vender CDs cos que o artista gaña unha miseria e só se forran as multinacionais dirixidas por multimillonarios. Os cantantes comerciais o único que buscan é decorar as súas mansións de Miami. Faime gracia ver aos da SGAE queixándose de que van quedar arruinados e están vestidos de Armani. Parece ser que a frase "Por amor ao arte" moita xente non a chega a comprender. Se eu fose cantante, cantaría porque me gusta. A propiedade intelectual é de risa. A propiedade sempre é un roubo mírese como se mire. Violadores del Verso unhas semanas antes de sacar o seu último CD subírono a internet, eles mesmos, e calquera podía descargalo. Dúas semanas despois de que saíra o disco eran récord de ventas. Los Chikos del Maíz poñían cartos do seus propios bolsillos para poder actuar. Hai científicos que buscan curas para enfermedades nos seus ratos libres e pagan para expoñer os seus traballos en revistas científicas. Toda esta xente é feliz e non teñen problemas. Amades a liberdade pero encarcelades a música. Non me canso de atopar hipócritas polo mundo.
   Outa noticia interesante é a do autodisparo do fillo do ``farlopero´´ Marichalar. Se fose unha familia normal quitaríaselle a custodia pero como é un monárquico non lle pasará nada. Terceira República XA!
   

jueves, 5 de abril de 2012

Polo ben de Andalucía que goberne Esquerda Unida.

   O título desta entrada é claro. Non é que eu me sinta moi representado por este partido pero síntome representado por unha gran persoa. Non son andaluz pero a verdade é que grazas a el danme gañas de selo. As súas palabras recórdanme a Hugo Chávez. Falo de Juan Manuel Sánchez Gordillo. Alcalde de Marinaleda. É alcalde desta vila dende 1979. A súa política de esquerdas é impresionante. Liderou o movemento de ocupación das fincas dos señoritos andaluces co que conseguiron crear empleo e rematar co paro. O pobo de Marinaleda pode adquirir unha casa dende 15 euros mensuais mediante o sistema de autoconstrucción. Isto, señores e señoras, é política de esquerdas. Sigo emocionado pola súa intervención no programa Al Rojo Vivo. Sánchez Gordillo humillou ao Partido Socialista e reafirmouse en que se vai negar a pactar con eles. Esta mañá desperteime ca noticia de que dous altos cargos de Esquerda Unida contradín as palabras do Parlamentario andaluz. A Esquerda Desunida volve a dar mostras de que lle gusta facer tratos ca dereita e co capitalismo. Espero que isto non chegue a suceder xa que para min sería un pao duro e EU remataría para sempre como partido de esquerdas. Agardo que Juan Manuel se negue a pactar dos ``sociatas´´ e siga demostrando que é un líder de esquerdas a nivel nacional. Se EU quere chegar lonxe ten que darlle máis poder a xente como Gordillo e menos a personaxes como Llamazares.
   Outro alcalde do que estou moi ``orgulloso´´ é do de Santiago. O alcalde da nosa capital non só se dedica a retirarlle subvencións ao Correlingua tamén se lle da por estafar cartos a facenda. Uns 300.000 non declarou o señor Conde Roa. Non está nada mal. Eu compréndote, Xerardiño, a cocaína faiche facer cousas que non queres.
   Deixo aquí o video de Sánchez Gordillo en Al Rojo Vivo:
Sánchez Gordillo négase a pactar co ``Partido Español´´.

martes, 3 de abril de 2012

A hipocresía.

   O mundo é un lugar estraño. Século XXI e isto non avanza. O Ser Humano ten un xen que nunca ningún biólogo estudou. Falo da hipocresía. Nunca puiden entender por que a xente gústalle tanto contradecirse. Non hai máis que mirar a moitos dos chamados ``revolucionarios´´. Por decir algúns os do 15M. Xente con camisetas do Che poñendo a outra meixela. Pensades que Cuba a liberaron regalando craveis ou recibindo paos como Gandhi? Non é por criticalo pero hai que admitir que Gandhi tivo sorte. Inglaterra xa tiña pensado abandonar a India. A diferencia entre Cuba e a India está clara. Mentras o país latinoamericano está libre de escravitude e ten todos os dereitos que o Ser Humano necesita, na India explótase a clase traballadora e empresarios sen escrúpulos montan as súas empresas ``nazis´´. A ver se acaba triunfando a Revolución Maoísta que está habendo no país asiático e libran o Estado de todas as mafias. O fusil contra fusil funciona mellor que a filosofía da non violencia.Volvendo ao gran Ernesto sigo sen entender por que tanta  xente anticomunista o ama. O Che impulsou o comunismo. Se lerades os libros e non comprárades tantas camisetas saberíadelo. Sodes ridículos admirando o Che e odiando a Fidel. Se tivérades cabeza saberíades que isto é unha contradición. Non volver decirme o de vaite para Cuba e xa verás. Iso non é un argumento. Algún día espero ir a este gran país pero aquí teños uns amigos, unha familia, etc. Amo ese país no que vale máis unha persoa que os cartos. Se cae a Habana estamos perdidos. E aínda que me coste admitilo se seguen as reformas vai pasar. Unha nova burguesía cubana está empezando a nacer.
   Os piketes que levan bandeiras de Islandia son máis do mesmo. Islandia non é o camiño. Unha revolución burguesa non serve de nada. A revolución ten que ser de abaixo. Espartaco é un líder a ter en conta. A maneira como organizou os escravos para buscar a liberdade é digna. Eu non son cristiano pero Xesucristo se nacera hoxe loitaría polos pobres cos puños. Dixo Pablo Hasél fai uns días unha frase moi interesante. Era esta: ``Si Cristo levantara cabeza tendría un kalashnikov en la mano, defendiendo a los pobres, directo hacia el Vaticano.´´ Sánchez Gordillo non se equivocaba tanto.
   Despois da folga xeral do pasado xoves hai 9 disidentes máis detidos en España. O país da liberdade no que os opositores ao sistema somos unha panda de antisistemas. Os disidentes cubanos, chineses, norcoreanos... eses son heroes. Aquí son terroristas que teñen que estar encarcelados.
   Deberíades ver todos Espartaco e ver o que se pode conseguir cunha boa organización.

lunes, 2 de abril de 2012

Arde Galiza.

   Fin de semana moi triste o vivido. A viaxe a Fuenlabrada a ver ao Obradoiro foi incrible pero quedou manchado polo incendio. Unha parte fermosa de Galiza ardeu, como xa é costume. Pasamos un inverno moi seco, señor Feijóo. Como é posible que non se tomaran medidas para evitar isto? Os montes están dunha cor marrón. Vainos esperar unha verán jodido. Se sucede o que penso que vai suceder estaremos ante o peor ano para nós. As Fragas do Eume perderon parte da súa vexetación. E que fan os do Parlamento? Ignorar que isto está sucedendo. O Parlamento é o que tiña que arder e non a nosa vexetación.
   Arde Galiza e non como me gustaría. Non arde como ardeu París no 68 nin como Atenas nestes últimos anos. Arde de forma devastadora. O goberno español segue dando mostras de que ten medo. Quere equiparar o vandalismo co terrorismo. Se queimar contenedores e bancos é terrorismo queimar un monte é un xenocidio. As vosas políticas é o que están conseguindo. Peperos e sociatas apoian o xenocidio israelí, o estadounidense e o dos nosos montes.
  Aínda que botaría mil horas falando de todo isto hoxe non me apetece. Só espero que o Nunca Máis volva soar con forza polos nosos montes.