``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

martes, 17 de abril de 2012

República, imperialismo e farlopa.

``- Junta de Galicia, ¿dígame?
   - Farlopa a domicilio. Le traigo el pedido del señor Conde Roa.
   - Lo siento. Gerardo ya no va a estar nunca más por aquí.´´
Está ben isto de empezar cun chiste a entrada. O tema meréceo. Xa é triste de por si que na nosa ``grande´´ e ``libre´´ España haxa corrupción. O alcalde elexido grazas as votacións dos santiagueses, non é máis que outros fascista e chourizo que merece ser afumado. 300 mil euros defraudou Xerardiño que entraron en forma de pó polo seu nariz. Os ``peperros´´ seguen roubando e a xente ségueos apoiando. Ás veces penso que o fallo da democracia é o sufraxio universal. Esta frase escoiteina hai tempo e dá bastante que pensar. O encargado de substituílo é outra boa peza. Franco vive nas entrañas de Currás. A miña dúbida é por que non hai unhas novas eleccións? De que serve mudar o colar se seguimos tendo o mesmo can enrabechado? Os santiagueses queren outras eleccións e goberno debe darllas.
   ``No hay dos sin tres, república otra vez.´´
Que clase de ser humano pode encontrar pracer en matar a un elefante? Pois o bastardo do noso rei. Con esta última estupidez da Casa ``Irreal´´ demostran que merecen ser expulsados polas boas ou polas malas. O Rei foise de safari a conta do pobo e iso é insoportable. A pena é que non lle pisara a cabeza algún elefante. Os vídeos de como lle disparan aos pobres animais é entristecedor. Agorá virá Gloria Lago a criticarme por isto tamén como xa fixo co meu artigo antitaurino.
   O nacionalismo español está en auxe. A última estupidez dos españolistas e criticar a Arxentina por querer o seu petróleo para eles. Panda de ignorantes. Repsol é unha empresa imperialista que xa foi expulsada de Bolivia grazas ao gran Evo Morales. Cristina merece un aplauso. Repsol só ten declarado un 25% en España. Pero iso si, é española. Despois normal que defendades a Nadal e a Fernando Alonso que un é andorrano e outro suízo. Nacionalicemos Repsol e poñamos fin a globalización burguesa imperialista actual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario