``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

jueves, 19 de abril de 2012

Que duro é facer políticas de esquerdas neste mundo.

   Xa falei na miña última entrada do tema da nacionalización do petróleo por parte de Arxentina pero visto o sucedido é mellor que volva falar del. Despois dunha discusión polas redes sociais con xente que se considera de esquerdas pero están en contra do que fixo o país sudamericano cheguei a preguntarme si de verdade a xente sabe o que pasou. Vou facer un breve resumo do sucedido para que os que falan sen saber se informen máis:
   Repsol conta cunhas accións do YPF(Yacimientos Petrolíferos Fiscales). Os arxentinos necesitan que o petróleo sexa explotado polos arxentinos xa que así aumentará a competividade da economía. Cristina, Presidenta de Arxentina, quere expropiarlle o 51% das accións que Repsol ten da empresa YPF. Así, unha parte do petróleo, volverá a ser do pobo arxentino. (No resumo salteime moitas cousas importantes pero só o poño para que teñades unha idea os que falades sen saber.)
   As políticas de esquerdas consinten en nacionalizar. Xa non digo de nacionalizar todo o privado, como me gustaría, pero polo menos os medios de producción si. Con ista medida desaparecería a burguesía e pouco a pouco caería o capitalismo. Arxentina só dou un pequeno paso, e merecen todo o respeto do mundo. Latinoamerica sempre vai un paso por diante de Europa aínda que no lo intenten pintar do revés. Oxalá algún día chegue un socialismo tan verdadeiro ao noso continente.
   Vendo as imaxes de televisións do país ``maradoniano´´ estes últimos días vexo como as manifestacións son a favor da nacionalización. A democracia non di poder do pobo? Pois é o que queren. É o que piden. Non queren ás empresas fascistas que o único que fan e explotar aos traballadores e moitas veces sen pagarlles.
   Onte non me quixen perder os dous programas de debate da TVE. Tanto como o da canle 24h e o de 59 segundos. O de 59 segundo non puiden ver o que falaban sobre este tema xa que me quedei durmido pero co de 24h aínda sigo flipando. Que clase de debate é se todos os que participan teñen a mesma opinión? Que opinión tiñan? Pois podedela imaxinar. Críticas e críticas á expropiación. Panda de mercenarios que decides o que vos mandan. A TVE é a televisión do capitalismo e demóstrano cada día. 
   Os españois montaron en cólera cando se enteraron de que os arxentinos querían o seu petróleo. ``O petróleo é dos españois.´´ ``Viva repsol´´. Bla, bla e bla... Parvadas son o que din estes especies. Pero os peores son os que se consideran de esquerdas. Si, hai ``esquerdistas´´ que apoian a Repsol. Eu non entendo como se pode apoiar a unha empresa imperialista que o único que fai é explotar aos países pobres e ós seus traballadores. Supoño que tamén apoiades a Emilio Botin, a Francisco González e a Amancio Ortega. Cristobo Colón seguro que para vós é un heroe nacional e non un traficante e xenocida de indíxenas como foi en realidade. 
   Falando mal e rápido que se jodan os de Repsol, que só declaran un 25% en España. A única perda que vai haber son a dos accionistas da empresa que cobrarán 10.000 euros menos ao mellor. ``Que pena me dan...´´
   As revolucións conquístanse, non se piden. Aos imperialistas bótasalles pola malas, non se lles pide por favor. Repsol fora da Arxentina.
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario