``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

jueves, 26 de abril de 2012

Falsos...

   Non me extrañou moito a noticia de que dous cantautores españois van actuar en Israel cando me enterei de quenes eran. Dame vergoña chamarlle cantautores xa que fai anos que o deixaron de ser. Agora voulles chamar xentuza que escribe as súas cancións. Quenes son os dous bastardos que van ir a cantar a Tel Aviv? Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat. Os falsos esquerdistas que ían de revolucionarios e se venderon ao PSOE. Como ser humano, amín daríame noxo, vergoña, grima... Facer un concerto nun país que atenta contra os Dereitos Humanos día tras día. Non entendo como podedes apoiar aos xenocidas israelitas. Israel carga na súa conciencia con miles e miles de palestinos asasinados e vós, cantantes bufóns, ides a entreter a eses nazis do século XXI. Non hai peor amo que o que antes foi escravo. Ós xudeus deberían avergonzarse. Os 6 millóns de xudeus asasinados parece que é excusa perfecta. Sempre ben protexidos polo seu ``papá´´ os Estados Unidos, iso si... Sabina amigo meu. Para min como persoa xa fai moitos anos que remataches. Eras ``rojo´´ e apoiaches ao amigo dos bancos Zapatero. Tamén criticaches a Cuba. E agora vesme con isto? Se non fora porque está Ramoncín seguro que xa estarías afiliado a SGAE.
   Diputadas a EU reciben ameazas de imbéciles de extrema dereita. Dirixidos polo PP, estes ultras, atacan á xente que quere rematar con esta pseudodemocracia. Isto non sae no ABC pero si unhas frases duns adolescentes contra calaña como Gloria Lago. A prensa española sempre tan obxectiva...
   26 de abril é un día importante. Hoxe recordamos as víctimas do bombardeo de Guernica.
   Se máis deixo o artigo que fixen o Día das Letras Galegas. Nel fágolle un giño a Virginia Wolf que tal día como hoxe fai 81 anos publicábase a súa novel, Las Olas.
 
   8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe é 8 de marzo, o Día da Muller Traballadora. Volvo repetir: TRABALLADORA! Hoxe recordamos esas mulleres que se puxeron en folga para reclamar os seus dereitos e foron queimadas cruelmente. Sempre que penso nisto acórdome da caza de meigas. Cantas mulleres morreron queimadas en fogueiras por culpa do medo dos homes? Dáme vergoña só de pensalo. 
Dende o inicio dos tempos as mulleres sempre foron tratadas como seres inferiores. O machismo é lacra do ser humano dende a súa historia.Este novo progresismo que naceu despois da Segunda Guerra Mundial que pregoa a igualdade de dereitos de pouco serviu. A muller segue explotada e non só en Asia como se pensa. Maltratos, acosos, discriminación... seguen vixentes aínda que non o creamos. As mulleres que sofren maltratos necesitan protección. Unha orde de afastamento non serve de nada e estámolo vendo. A Idade contemporánea actual estase convertendo noutra Idade Media. 
Neste tema non se pode xeneralizar moito. Está claro que España non é Arabia Saudí. Non se pode comparar pero tampouco España é Islandia. Este último país paréceme digno de admiración. Creo que aínda non alcanzou a igualdade máxima pero polo menos está en proceso. O noso país nin iso. Vale que a persoa que máis postos políticos ocupa en España é unha muller pero os ideais desta señora non é que sexan moi feministas.
A televisión, ese ``gran´´ invento, encárgase cada día de humillalas. Cando vai chegar o día que deixemos de ver a mulleres anunciando deterxentes? Será ese día o que se eliminen as relixións machistas? O cristianismo é un relixión patriarcal como case todas. Aínda sigo esperando a que a Igrexa lles dea ás mulleres os dereitos que se merecen.
Para que quede claro, por se non o quedou: o 8 de marzo non se lles dedica ás burguesas adiñeiradas que pensan que o feminismo é que o marido axude na casa de vez en cando. O modelo a seguir que todas as mulleres deberían ter son Angela Davis, Simone de Beauvoir, Virginia Wolf… e non Paris Hilton e eses personaxes.
Dende aquí chamo a todas as mulleres a que se rebelen e se manifesten polos seus dereitos que os teñen e merécenos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario