``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

jueves, 12 de abril de 2012

Seguimos dando leccións de democracia.

   Parece ser que en Cuba non se vive tan mal. Isto é o que debe estar pensando a familia de  Albert Santiago Du Bouchet Hernández. Fai uns días saiu a noticia de que este home se suicidaba nas Palmas de Gran Canaria.  A súa situación económica era intolerable. Non encontraba traballo e algúns traballos que fixera antes non lle habían sido pagados. Isto é Españistán amigo. Non é que me alegre, nin moito menos, pero hai que pensar as cousas un pouco antes. Pensades que a ``liberdade´´ esta que tanto amades vos vai dar de comer e non é así. No voso país natal algo así sería imposible que vos sucedese. A vida dunha persoa ten máis valor que calquera outra cousa. Xa falei moitas veces sobre Cuba e podería botar días e días alabando a súa gran aportación a este mundo capitalizado. A prensa española, unha vez máis, encargouse de que o suicidio parecese culpa de Castro. Todas as persoas que teñen algo de cabeza saben que a culpa deste sistema infernal dirixido por fascistas.
   Se protestar pacificamente vai ser o mesmo que facelo violentamente, quen vai protestar pacificamente a partir de agora? O ministro de interior anunciou que será considerado delito de terrorismo calquera acción de atentado contra a autoridade. A policía poderá seguir dando paos sen criterio e seguirá morrendo xente á mans destes salvaxes da lei. A última víctima foi Iñigo Cabacas. A Ertzaina matou dun disparo dunha bola de goma ao xoven vasco. O goberno nun acto vergonzoso calificou o sucedido de un incidente. Oxalá fora o fillo dalgún deles envede un xoven que só estaba celebrando a victoria.do seu equipo. Que pasaría se isto sucedese en Cuba? Agora mesmo estarían todos os países ``civilizados´´ preparándose para invadir a illa.
   Mándolle un pequeno saúdo a Gloria Lago. Cada día estase volvendo máis estupida. Se por algunha casualidade ves isto, Gloria, só quero decirche que xa che gustaría ser como Sechu Sende. Sechu é un grande e ti eres a vergoña de Galiza.
   Grande a afección do St. Pauli homenaxeando a Iñigo. Nin olvido, nin perdón!
 E sen máis vou ver Ciudadano Kane que a botan por Paramount Chanel. Marabillosa obra de arte de Orson Welles e a mellor película que eu vin.

``Si no hubiese sido tan rico, habría sido un buen hombre.´´

No hay comentarios:

Publicar un comentario