Sempre busco a verdade, aínda que teña que mentir para conseguilo. Que ironía me digo para min mesmo. Un sarcasmo malo pode ser como poida definirse a vida. A mundialmente coñecida como a xeración pacifista vota a partidos políticos probélicos. Eu desmárcome desta xente. Creo na paz, pero non no pacifismo para conseguila. Aínda que a frase sone a contradicción, non o é. É moi intelixente e a historia dame a razón. Europa non é un continente racista. A extrema dereita gaña forza no vello continente pero seguimos sendo moi civilizados... En España o ``noso´´ Ministro de INcultura, Wert, dí que a educación superior é só para os seres superiores, é decir, os ricos. Esta frase parece sacada do mesmísimo ``Mein Kampf ´´ de Hitler. Non o vou criticar xa que os españois votaron por estes personaxes que están agora gobernando. O pobo recibiu o que o pobo quixo... Que máis da a educación pública mentras os catro Corleone de turno poidan levar aos seus fillos a colexios privados. Colexios nos que se lle comerá a cabeza e rematen sendo monicreques en mans dos famosos Mercados. Mentras, os que non se poidan permitir esta educación, estudaran en aulas con 60 alumnos máis.
Algunhas persoas seguen quedando sorprendidas cando digo que non me considero español. Un país con un pasado, presente e futuro como o de España non me pode representar. A miña nacionalidade é e sempre será galego. Agora é cando todos os ``supercomunistas´´ veñen a por min. O termo nacionalista de esquerdas aínda non lle quedou claro a algunhas persoas. Aquí ser nacionalista está relacionado con ser nazi. Da igual que a nación que ti queiras sexa de esquerdas. É moi fácil recurrir a Marx e a súa frase ``Os pobres non teñen patria´´. Despois seguro que nin lechedes o Manifesto Comunista e si o lechedes, nin o entendéchedes( entendestes*). Marx e Engels opóñense ao nacionalismo burgués que había naquela época. É normal, era o causente de case todas as guerras. Aínda que non sei moito de economía tampouco son parvo. Sei que independencia de Galiza non é posible. Non creo que teñamos os suficientes medios para poder conseguir unha autodeterminación sen dependencia absoluta doutro país. O falso internacionalismo do que presumen moitos dos que critican aos nacionalistas non é máis que algo ficticio. Eu, coma Marx e Engels, apoio as nacións obreiras, non burguesas.
Por que os cartos o son todo? Por que un trozo de papel e unhas chapas con retratos de fascistas teñen tanto valor? Para que serve ter unha propiedade? O meu soño non é como o americano. Non quero ter unha casa, un coche, unha familia con unha muller e tres fillos, non quero traballar nun banco ou de contable nunha gran espresa, non quero ir comer os domingos a casa dos sogros, non quero ter unha tele de 50 pulgadas... Resumindo, non me quero aburguesar e ser unha ovella máis do rebaño. Con esta reflexión ao estilo Trainspotting quero chegar a propiedade intelectual, unha vez máis. Sigo dándolle voltas a frase que soltou certa profesora, que vai de progresista, cando defendía as multinacionais discográficas. Poñía de excusa que como as farmacéuticas tamén facían o que querían, a industria musical tamén o podía facer. Bo argumento, si señor... Digno de un rapaz de 3 anos. ``Como ellos lo hacen, yo también´´.
Por último só decir que me dan vergoña os franceses votando a Le Pen. Xa choraredes... Viva Mélenchon!
No hay comentarios:
Publicar un comentario