O título desta entrada é claro. Non é que eu me sinta moi representado por este partido pero síntome representado por unha gran persoa. Non son andaluz pero a verdade é que grazas a el danme gañas de selo. As súas palabras recórdanme a Hugo Chávez. Falo de Juan Manuel Sánchez Gordillo. Alcalde de Marinaleda. É alcalde desta vila dende 1979. A súa política de esquerdas é impresionante. Liderou o movemento de ocupación das fincas dos señoritos andaluces co que conseguiron crear empleo e rematar co paro. O pobo de Marinaleda pode adquirir unha casa dende 15 euros mensuais mediante o sistema de autoconstrucción. Isto, señores e señoras, é política de esquerdas. Sigo emocionado pola súa intervención no programa Al Rojo Vivo. Sánchez Gordillo humillou ao Partido Socialista e reafirmouse en que se vai negar a pactar con eles. Esta mañá desperteime ca noticia de que dous altos cargos de Esquerda Unida contradín as palabras do Parlamentario andaluz. A Esquerda Desunida volve a dar mostras de que lle gusta facer tratos ca dereita e co capitalismo. Espero que isto non chegue a suceder xa que para min sería un pao duro e EU remataría para sempre como partido de esquerdas. Agardo que Juan Manuel se negue a pactar dos ``sociatas´´ e siga demostrando que é un líder de esquerdas a nivel nacional. Se EU quere chegar lonxe ten que darlle máis poder a xente como Gordillo e menos a personaxes como Llamazares.
Outro alcalde do que estou moi ``orgulloso´´ é do de Santiago. O alcalde da nosa capital non só se dedica a retirarlle subvencións ao Correlingua tamén se lle da por estafar cartos a facenda. Uns 300.000 non declarou o señor Conde Roa. Non está nada mal. Eu compréndote, Xerardiño, a cocaína faiche facer cousas que non queres.
Deixo aquí o video de Sánchez Gordillo en Al Rojo Vivo:
Sánchez Gordillo négase a pactar co ``Partido Español´´.
No hay comentarios:
Publicar un comentario