``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

sábado, 21 de abril de 2012

Inspiración.

   Inspira, expira; Inspira, expira... A inspiración é algo que todos os artistas sempre reclaman cando non son especialmente bos. Os artistas malos son os mesmos que loitan contra a piratería a sol e sombra porque din que se van arruinar. Se es bo vas gañar pasta igual, que é o que queren moitos especies destes. Se es un mediocre é normal que poñas excusas. Eu como ``blogueiro friki´´ tampouco son bo por iso pido que me veña a inspiración en días como hoxe no que non son capaz de falar de ningún tema. Ao contrario que os que son tan malos coma min, eu non protexo con copyright nin paridas desas os meus escritos. 35 anos despois de que se legalizase o Partido Comunista en España só son capaz de falar da inspiración. Necesito atopar uha musa rapidamente. Copiando ao gran Pablo Iglesias, presentador do programa La Tuerka, a miña posible musa pode ser a Raíña Cristina de Arxentina. Aínda que son republicano dos pes á cabeza e son consciente de que con raíñas e princesas no hai república, gústame usar esa palabra para referirme ás mulleres perfectas que hai na terra. Se ela non consigue que escriba entradas sen descanso podería seguir polo continente latinoamericano. Subindo un pouco máis para arriba encóntrome con Colombia. Non tranquilos, non estou falando do goberno colombiano. Aínda non perdín a cabeza. Falo de dous grandes que xa non están neste mundo. Alfonso Cano e  Manuel Marulanda Vélez, máis coñecido como Tirofijo. Ambos pertenceron as FARC e loitaron por intentar destruir a corrupción e o réxime nazi colombiano. Fosas comúns con miles de persoas, xente que desaparece nos fornos crematorios, falsos positivos... Todas estas barbaridades son obra do fascismo colombiano. E despois os malos son os que o intentan rematar con todo isto. Sigo subindo e sigo encontrando máis fontes. O trío das Azores representaban ao colonialismo e ó imperialismo. Outro trío, que está no lado contrario do océano, móstranos o camiño a seguir. Falo de Hugo Chávez, Evo Morales e Rafael Correa. A Revolución Bolivariana en estado puro. Que se enteren os sociatas españois de que o socialismo verdadeiro é o de América Latina e non a socialdemocracia europea. Como vou cambiar de continente sen falar dun país especial e dos seus comandantes. Un país ao que lle teño cariño. Raúl, Fidel e Ernesto. Os dous últimos máis que o primeiro. Os textos do Che e toda a súa historia. Como sendo arxentino morreu por Cuba e morrería por calquer país latino. As reflexións de Fidel é algo que necesito ler de vez en cando para non perder a cordura. Por moito que Os Aldeanos, grupo de rap ``disidente´´ cubano, intenten mentir decindo que non as escribe el. Este grupo tamén me inspira, pero odio. Prefiren morrer polo soño americano antes que vivir o pesadelo cubano. Frase collida dunha canción deles. Os comunistas anticastristas tamén me producen algo de noxo.
   Cambio de continente e época pero non de mensaxe. Como ía saber que, dos que falei antes, eran bos sen haber coñecido a Marx. Na casa decíanme que eran malos. Na televisión máis do mesmo. O País, xornal español, escribía editoriais golpistas en contra dos gobernos dos xa nombrados. Karl escribiu as bases da mellor ideoloxía e Lenin, anos despois, fixoa perfecta. Non me olvido de Rosa Luxemburgo nin da súa frase socialismo ou barbarie.
   Non marxino a Galeano, a Celso Emilio Ferreiro ( que aínda o estou a coñecer), a La Pasionaria, a Otegi, a Los Chikos del Maíz, a Pablo Hasel, a Oliver Stone, a Sean Penn, a Melenchon...
   A segunda parte debería ser dedicada a Gloria xa que no seu blog un día preguntouse quen me inspiraba no meu odio, pero como xa dixen non estou inspirado.;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario