``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

martes, 3 de abril de 2012

A hipocresía.

   O mundo é un lugar estraño. Século XXI e isto non avanza. O Ser Humano ten un xen que nunca ningún biólogo estudou. Falo da hipocresía. Nunca puiden entender por que a xente gústalle tanto contradecirse. Non hai máis que mirar a moitos dos chamados ``revolucionarios´´. Por decir algúns os do 15M. Xente con camisetas do Che poñendo a outra meixela. Pensades que Cuba a liberaron regalando craveis ou recibindo paos como Gandhi? Non é por criticalo pero hai que admitir que Gandhi tivo sorte. Inglaterra xa tiña pensado abandonar a India. A diferencia entre Cuba e a India está clara. Mentras o país latinoamericano está libre de escravitude e ten todos os dereitos que o Ser Humano necesita, na India explótase a clase traballadora e empresarios sen escrúpulos montan as súas empresas ``nazis´´. A ver se acaba triunfando a Revolución Maoísta que está habendo no país asiático e libran o Estado de todas as mafias. O fusil contra fusil funciona mellor que a filosofía da non violencia.Volvendo ao gran Ernesto sigo sen entender por que tanta  xente anticomunista o ama. O Che impulsou o comunismo. Se lerades os libros e non comprárades tantas camisetas saberíadelo. Sodes ridículos admirando o Che e odiando a Fidel. Se tivérades cabeza saberíades que isto é unha contradición. Non volver decirme o de vaite para Cuba e xa verás. Iso non é un argumento. Algún día espero ir a este gran país pero aquí teños uns amigos, unha familia, etc. Amo ese país no que vale máis unha persoa que os cartos. Se cae a Habana estamos perdidos. E aínda que me coste admitilo se seguen as reformas vai pasar. Unha nova burguesía cubana está empezando a nacer.
   Os piketes que levan bandeiras de Islandia son máis do mesmo. Islandia non é o camiño. Unha revolución burguesa non serve de nada. A revolución ten que ser de abaixo. Espartaco é un líder a ter en conta. A maneira como organizou os escravos para buscar a liberdade é digna. Eu non son cristiano pero Xesucristo se nacera hoxe loitaría polos pobres cos puños. Dixo Pablo Hasél fai uns días unha frase moi interesante. Era esta: ``Si Cristo levantara cabeza tendría un kalashnikov en la mano, defendiendo a los pobres, directo hacia el Vaticano.´´ Sánchez Gordillo non se equivocaba tanto.
   Despois da folga xeral do pasado xoves hai 9 disidentes máis detidos en España. O país da liberdade no que os opositores ao sistema somos unha panda de antisistemas. Os disidentes cubanos, chineses, norcoreanos... eses son heroes. Aquí son terroristas que teñen que estar encarcelados.
   Deberíades ver todos Espartaco e ver o que se pode conseguir cunha boa organización.

No hay comentarios:

Publicar un comentario