``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

martes, 26 de junio de 2012

Latinoamérica.

   Pouco a pouco voume derretendo nesta cadeira que me asfixia. Dende cando Galiza ten o clima de Andalucía? Maldito cambio climático... Co que amo eu a choiva é noxento que estea suando como se estivese nunha sauna. Estou máis acalorado que Gloria Lago lendo o meu Twitter. Unha Gloria Lago que agora que ten máis tempo libre, xa que rematou o curso para ela tamén que é profesora de inglés, e espero que se anime a botarlle unhha ollada ao meu blogue. Mañá irei polas notas e espero non levar ningunha sorpresa... Espera, espera, espera... Que carallo fago? Este é un espazo para debater sobre a actualidade do mundo non para falar de como me vai a vida. Ultimamente céntrome máis en Latinoamérica que en ningunha outra parte do mundo. A gran canción de Calle 13 non para de soar na miña enorme e peluda cabeza. Como empezaron as vacación comecei a ler ``Las Venas Abiertas de América Latina´´ de Eduardo Galeano. É triste pensar que vou pola época de Hernán Cortés e xa sufriu máis que moitos territorios xuntos. Todo por culpa primeiro dos españois e logo dos nortemaricanos. Calquer país que resista ao imperio é digno de admiración. Na miña anterior entrada falei de Cuba e iso fixome recordar cando o rapeiro ``ROJO´´, El Chojín, saiu no programa do bufón burgués, Buenafuente, criticando ao país cubano e desexándolle a morte a Fidel. Un vendido máis da lista larga de rapeiros ``sociais´´ que por vender uns CDs só falan do mínimo. Espero que Nach sexa feliz apoiando a SGAE.
   Volvo a América Latina e a falar do seu presente. Parece que Estados Unidos se cansou de tanto país latino progresista e socialista e regresan os golpes de estados á rexión. O que está sucedendo en Paraguay é unha vergoña. Estamos a presenciar o nacemento dunha nova Honduras ou Colombia. Por que non se condena isto? Onde están todos os demócratas españois? Que Paraguay sexa dirixido por unha oligarquía interésalle a todos os fascistas actuais. Os campesiños que van perder as súas terras son ``danos colaterais´´. Despois de Paraguay toca Bolivia. Chegan rumores do país de Evo Morales sobre un posible golpe de estado despois da folga da policía. Ser xustos co pobo non serve de nada. Esperemos que estes golpes fracasen. Larga vida a América Latina socialista!

sábado, 23 de junio de 2012

Eu creo na liberdade; Eu creo en Cuba.

   O meu primer artigo sobre Cuba necesita unha segunda parte para que os máis anticastristas aprendan algo acerca da illa do Caribe. Dicía Ángel González no seu poema ``Perla de las Antillas´´: ``ha estallado una perla, y los residuos de la dignidad pueden contaminar a mucha gente.´´ O odio de todos os procapitalistas hacia Cuba non é máis que unha mostra da envexa que lle teñen. Saben que co seu diañento sistema político e social nunca chegarán a ter os dereitos dos que toda a poboación cubana disfruta. Mentras aos opositores do socialismo en Cuba se lles chama ``disidentes´´, aos opositores do sistema neliberalista español se nos apoda como os ``antisistemas´´. As dúas palabras son sinónimas pero os gobernos que teñen o poder e desexan que o socialismo fracase encargáronse de que os de aquí quedemos como uns terroristas, que queremos destruir e matar a todos os españois, e os dalí como ``pobrecitos los cubanos que no pueden salir desa cárcel´´. Los Aldeanos, grupo do que xa falei neste blogue, son un grupo de rap anticastrista. Nas súas letras falan de que non poden saír do país e de que son perseguidos. Do de que son perseguidos nin eu nin eles teñen probas para demostrar se é certo ou falso. Do outro si que teño probas. Na excursión coa escola a Barcelona quedei sorprendido cando vin un cartel que poñía que Los Aldeanos ían ofrecer un concerto o 17 de maio na cidade. Eu dixen que era imposible, que tiña que estar mal. Se eles decían que non podían saír dese país que os retén sería porque é verdade (Espero que notedes o ton irónico). Despois de informarme descubrín que era unha realidade, Los ALD€ANO$ estaban en España. Non daba crédito a iso. ``Pero o ditador Castro ese, non é tan malo? Como os deixa saír?´´ Despois de moitas tilas e de pensar moito cheguei á conclusión de que ao mellor os rapeiros mentían un pouco, só un pouco, nas súas letras. Mellor dito, minten moito nas súas letras. O único rapeiro que non pode saír do seu país por decir a verdade nas súas letras é Pablo Hasél que está preso en Espanha e non pode nin ir dar un concerto a Francia. Isto todo é silenciado. Grazas a que Barcelona é unha cidade intelixente os músicos cubanos fracasaron e só se ocupou a mitade da sala. Alégrame ver que cada vez menos xente se cre as mentiras que nos contan dende arriba.
   Como podedes observar, a vosa dereita non, a vosa outra esquerda teño unha imaxe sobre Cuba. Esa é a PUTA realidade. Según un estudo que saiu fai pouco, declarou ao país latinoamericano como o máis seguro do mundo. Isto non saiu nin en ``La Secta´´ nin na TVE, a versión ``democrática´´ de NO-DO. Tampouco sae que Cuba é o único país do MUNDO que non conta con desnutrición infantil. Cuba é a democracia perfecta. Calquera lei ten que ser aprobada en asambleas onde o pobo decide. En España os Congresistas elaboran as leis e o Senado exerce de notario e, sen lelas, as aproba. Os cubanos non morren na rúa como os estadounidenses se son pobres. A educación e a sanidade son de balde. Leín o outro día unha noticia espeluznante. Un emigrante cubano, que reside en España, contaba como chamou a súa nai para suplicarlle que non viñera para aquí, que polo menos en Cuba non che quitaban a casa. Outra noticia foi ver a indignados CUBANOS aquí. Ata se manifestaron estes vermes porque esto non é o que eles pensaban. Unha dama de Branco durme nas rúas deste Reino! E despois aínda vos alterades porque apoio ao ``rexime´´ castrista. Como non vou apoiar a un país no que se valora máis a vida dunha persoa que os cartos. Cada vez que sucede algunha catástrofe todos os policías dividense e van casa por casa asegurándose de que todos están ben. Sabedes quen é o país que máis axudou a Haití despois do terremoto? Informádevos antes de falar sobre algo. Non me vale que o pronazi do voso Papa Benedecito XVI diga que o marxismo é un sistema anticuado. É ridiculo que diga iso un cristián...
   Eu amo a liberdade. Amo a xustiza. Amo a solidariedade. Amo o socialismo. Por iso amo a Cuba. Viva Cuba e viva a Revolución Cubana!
   Dende aquí mando todo o meu apoio para Fernando Lugo e para todos os paraguayos. Mentras os medios españois apoian aos golpistas os campesiños resisten. Un golpe de estado non triunfa se todo o pobo está en contra.     

miércoles, 20 de junio de 2012

Euskal Presoak Euskal Herrira

   Era hora de que a democracia servira de algo neste país antidemócrata e que censura todo o relacionado coa esquerda. Hoxe chegou a xustiza a Euskal Herria. Bueno, minto. Só chegou un pouco de xustiza. Aínda falta moita para ao pequeno país oprimido polo Reyno espanhol. Pero agora podemos decir orgullosos de que Sortu xa é legal.. Nada máis coñecerse a noticia todos os falsos, imbéciles, rancios ``demócratas´´ saltaron en cólera ante este triunfo da liberdade de expresión. Isabel San Sebastián, AVT, Pedro J. Ramírez e máis vermes noxentos falaban como victoria de ETA. Os vascos de esquerdas teñen que ser etarras a narices. O único terrorismo que hai en España agora mesmo e a policía, o exército, o goberno coa súa intolerante Lei de Partidos... Eu, coma todas as persoas que teñen algo de cabeza e saben pensar por si soas, tamén aplaudo a legalización de Sortu e ríome na cara de todos os de UPyD e de toda a dereita nacional. Pero non só me conformo con isto, quero máis. Quero a Otegi en liberdade. O lehendakari de Euskal Herria ten que ser Otegi porque é o que os vascos queren. E como gran defensor da liberdade e da xustiza que son pido: `` Euskal Presoak Euskal Herrira´´.
   Onte comentei o tema de que Hugo Chávez negase a debatir co lider da ultra-dereita Capriles. A dereita de todo o mundo indignouse ante semexante mostra de ``ditadura´´. Rajoy, Presidente de España, decide que este ano non fai falla que se celebre o anual debate sobre a nación. Eu estou co noso Alcaide. Se estamos de marabilla (jajaja). A dereita cala e fala dun dereito a absterse. Pero por qué a dereita leva a hipocresía no sangue. A democracia e o capitalismo son cousas que son imposibles que triunfen xuntas. Perdón, o capitalismo xa é imposible que funcione aínda que xente como Friedman intentara demostrar o contrario.

Imaxe collida da web de: Nikonecons

martes, 19 de junio de 2012

Viva a revolución Bolivariana!

   Estamos a menos de 5 meses das eleccións á presidencia de Venezuela. Xa sei que moitos de vós estades botando as mans a cabeza pola ``barbaridade´´ que acabo de dicir. No voso cerebro lavado polo capitalismo Venezuela é unha ditadura dirixida por un cruel tirán chamado Hugo Chávez. Eu, como moitísimas máis persoas apoio a este magnífico ``tirán´´ e oxalá en España chegara unha ``ditadura´´ como a do país latinoamericano. Este mañá, El país sacaba unha noticia sobre que Hugo Chávez se nega a debatir co líder da extrema-dereita venezolana, Capriles. Eu sinceramente vexo normal que Chávez non queira debatir con unha oposición que, según o Presidente venezolano, conta cun plan para boicotear as eleccións. Nada máis colgar esta noticia en Twitter, algúns dereitistas venezolanos compartiron a noticia cos seus seguidores. Nada máis enterarme, borrei rápido o ``twiit´´ xa que non quero colobarar con esa calaña. Personas adiñeiradas, burgueses e de clase alta que acusan ao goberno de Venezuela de fascistas polo simple feito de redistribuir as súas terras para que os máis pobres poidan traballala. A burguesía cada vez comprométese menos. En España certos personaxes critican demasiado a países que nos levan moita distancia tanto en democracia como en liberdade. Xa non digo en dereitos sociais. Mentras alí se invirte en cultura, educación e sanidade, o noso goberno neoliberalista recorta nos dereitos fundamentais das persoas. O goberno español, entre moitos máis, apoiaron o golpe de estado de 2002 hacia Chávez. Esas son as democracias que apoiades. Os que considerades a Uribe, Presidente de Colombia, e a Capriles demócratas dades noxo. Sodes os mesmos que gritades ``Viva Honduras´´ pero calades cos xornalistas asasinados neste mesmo estado. O vindeiro 5 de outubro o pobo daralle o seu apoio a Chávez, nas eleccións DEMOCRÁTICAS, e eu seguirei berrando ``Viva a Revolución Bolivariana!´´.
   Grazas a ``marabillosa´´ Eurocopa, este torneo que ``casualmente´´ coincidiu co rescate de España, os españois só pensan en ``La Roja´´, que de ``roja´´ ten pouca. Rajoy segue mentindo cada día. A Prima de Risco vai chegar a xunto Carrero Blanco se segue ascendendo desta forma. O Paro cada vez é máis alto. Os viaxes de Dívar son gastos ``necesarios´´. Non vai viaxar en Rynair unha persoa da súa clase. Estades tolos?  Mentras miles de noticias espantosas suceden España é feliz porque onte lle gañamos a Croacia e xa estamos en cuartos de final. Que pena ser un amargado e non disfrutar onte como moitos de vós. Aínda que ás veces tamén me río como hoxe, cando me enterei de que a Calatrava parécenlle poucos os millóns que gañou en Valencia cos seus proxectos. Eu pagaríalle máis e que, como dixo Tony de Los Chikos del Maíz, diseñara tamén a tumba de Rita Barberá.
   Se algúns de vós aínda vos credes o conto do capitalismo recomendo que vexades este documental.

lunes, 18 de junio de 2012

Nin Grecia da esperanza.

   É curioso ver como a historia se repite unha e outra vez. Os gregos votan aos culpables da crise unha vez máis. A ``Nova Democracia´´ pensades que vai cambiar algo? É que non podo chegar a entender porque os europeos lles gusta sufrir tanto. Fai uns días falei da liberdade de expresión en España e dos seus xornais. Dixen que aínda que houbese xornais con diferentes nomes, todos eran iguais. Onte déronme a razón. Era intolerante ver como celebraban a derrota de Syriza. ``Gañou Europa´´ pero pero perderon as persoas.
   As eleccións en Grecia de onte coincidiron coa emisión de Espartaco e V de Vendetta. Cheguei a reflexionar se ata a televisón nos botaba indirectas. Pero despois de conectarme ao Twitter e ver que V de Vendetta só consiguiu que os ``revolucionarios´´ de salón falaran entre si. Cada día perdo máis a fe nun cambio...

                               O CAN DANADO

Igoal que un can danado nos camiños
o terror anda solto polo mundo.
Semella un vento negro que pousase
súas azas de corvo
sobre a frente dos homes temerosos.
Un xelo de invernía en descampado
paraliza os relós, perfura as gorxas
e pon veos de anguria nas palabras.
Un grande telescopio nos vixía
coma un ollo de Cíclope
que sigue os nosos pasos
e fita sin acougo o noso rumbo,
dende tódalas fiestras,
dende tódalas torres,
dende tódalas voces que nos falan.
A noite é un micrófono impasíbel
que escoita o latexar do noso peito,
coma un escuro espía que espreitase
os nosos pensamentos máis segredos.
Todo se troca en cousa inconfesábel;
detrás de cada esquina unha sospeita,
unha duda detrás de cada sombra,
e medo, medo, medo,
un pozo profundísimo de medo,
espello de auga fría
no que o terror se mira eternamente.
       
           Celso Emilio Ferreiro.




                                           Liberdade de Imprenta en España. Definición gráfica.
       




sábado, 16 de junio de 2012

Isto é loita de clases.

   “Nosotros no somos el 15M, nosotros no somos pacifistas, hemos venido a por todo. No tenemos miedo, somos mineros”


Adiante Camaradas!

viernes, 15 de junio de 2012

Galeano.

   Gran escritor e mellor persoa. É como defeniría ao mago da palabra Eduardo Galeano. Máis de cincocentas persoas tivemos a honra de poder escoitalo. Presentou o seu libro ``Los Hijos de los Días´´, xa no meu poder, e leu varios dos textos que escribiu nel. Falando de temas gravísimos é capaz de sacarche un sorriso. Unha magoa non poder rematar de escoitalo pero os trens non esperan por nadie. O único que non me gustou da presentación foi o lugar. A Cidade da Cultura, esta ''gran'' inversión que Galiza fixo nos tempos do xa defunto Fraga (jajaja). Encerráronnos nunha sala cunhas cadeiras de plástico na que tiñas que estirar o pescozo para poder ver a Eduardo. Pero iso si, aprendes máis con el nunha hora que en moitos anos de colexio. É unha vergoña que na maioría de colexios non lean nada del e lle manden ler ``chorradas´´.
   Cada día que pasa perdo a fe na sociedade. É incrible ver como se contradicen unha e outra vez os chamados apolíticos. Eles non mezclan o deporte coa política pero despois insultan a Piqué porque vai coa selección e non se sente español. Isto non é mezclar deporte e política? Non, só a mezclo eu. Un rapaz que pasa do fútbol e lle gusta máis a política. Eu son o amargado. Eu son un amargado pero vós sodes unha panda de insensibles. Despois chorades cando vedes a merda de películas de Mario Casas e Sandra Bullock pero non cando vedes ao voso amado exército matar nenos en Libia. Ese é o patriotismo español. O que vos leva a enfurecervos cando se duda da nacionalidade de Cristobo Colón. Oxalá fora portugués. Como podedes presumir de que sexa español un xenocida, traficante e asesino de indíxenas? ``Colón é un heróe e Fidel Castro un tirán cruel´´. Menos mal que en España sodes moi progresistas... Dos deportistas é do único que podedes estar orgullosos os españois. Vexo normal que celebredes o ascenso do Deportivo de ``LA´´ Coruña. Un equipo que vos debe millóns e millóns. Prefiro vivir amargado que vivir cunha venda diante dos ollos como vivides a maioría. Só pensades en Nueva York, en París e na Pasarela Cibeles. Xa choraredes! Eu seguirei intentando molestar o máis posible e seguir creándome enemigos porque como dixo Galeano:
   ``-¿ No tienes enemigos? ¿Cómo que no? ¿Es que jamás dijiste la verdad, ni jamás amaste la justicia?
 




miércoles, 13 de junio de 2012

Tic-tac

   Estou sentado diante da pantalla do meu ordenador e sen saber que decir. Picasso mentía cando decía que as musas che teñen que coller cando esteas traballando. Non fago máis que ler noticias, twits, blogues doutros e non son capaz de facer unha entrada decente. Creo que estou evolucionando de bello a vello. A miña amada imaxinación abandóame pouco a pouco. É triste falar disto con só 17 anos. Pero agora que o penso, máis triste é que a FIFA pida a liberación dun xogador palestino que está preso en Israel e leva noventa día en folga de fame. A FIFA só lle interesa un e non os miles que Israel mata cada ano ante os ollos de todos nós e dunha Europa que lle da permiso. Espero que Sabina e Serrat o pasen moi ben cantando no país que olvidou o seu pasado e repite o xenocidio que fixeron os nazis coa súa raza. Pero iso si, todo en nome da democracia e do capitalismo. Como poden os dous excantautores de esquerdas criticar a Cuba. Vergoña é o que dades canciños cos que xogou o PSOE para gañar unhas eleccións.
   O ser humano trabúcase unha e outra vez. O capitalismo é un sistema que nunca funcionará. As crises económicas e as desigualdades sociais son o lema deste sistema. Obama e compañía teñen unha cousa clara. As crises económicas do pasado arregláronse cunha guerra. En serio pensades que a Terceira guerra Mundial non está cerca? Ou xa a estamos a vivir? África cada día e máis pobre. Latinoamérica máis do mesmo. Eu non falo de ``cambiar o mundo´´, eu só digo que algo falla cando cos cartos dos 10 homes máis ricos do mundo se podería dar de comer e ofrecerlles unha vida mellor a todos os que sufren por culpa da globalización esta que tanta xente defende. As revolucións empezan na casa e rematan gañando ou morrendo. Os mineiros asturianos teñeno claro. O resto non moito. O partido ``antisistema´´ vólveme dar mostras da súa hipocresía. Ata Willy Meyer caeu. A filla do anterior e o irmán de José Luis Centella enchufáronos no Goberno andaluz. E vós sodes a verdadeira esquerda? Decide dunha vez que sodes socialdemócratas como o PSOE e deixar de ser tan falsos.
   Mañá vou fallar aos meus principios. Vou ir por primeira vez á Cidade da Cultura de Santiago. Eduardo Galeano estará alí para presentar o seu libro ``Los Hijos de los Días´´ e é unha ocasión única de ver a Eduardo en persoa. ``Fragalandia´´ espérame!
   Dixo Manuel Lorenzo, último gañador do premio xerais xunto coa súa filla, que o rescate a España é como se cando se afunde un barco, primeiro salvan aos que van en botes salvavidas e despois aos que están na auga. Creo que non se pode definir mellor.

lunes, 11 de junio de 2012

Aires de superioridade de seres miserables.

   Considérome unha persoa bastante tolerante en certos aspectos. Non estou en contra da Selección Española, é máis, á Selección Española de baloncesto sempre a apoio. A selección de fútbol xa nunca me caeu moi ben, xa antes non me gustaba e iso que non era tan ´´politico´´ como agora. Pero como collín fama de ser antiespañois celebrarei cada derrota ou empate, como o de onte (jajaja :P) da vosa amada selección. Só por molestar á maior xente posible. Xa que poucas persoas me toleran, por que vou tolerar eu aos demais? A xente que se cree superior por ter bacherelato, e despois non sabe falar de nada, demostran que clases de ``persoas´´ son insultando aos demais por ter unha ideoloxía distinta. Isto parece Mordor con tanto Troll. Só saben repetir propaganda que escoitan pola televisión ou a papi e mami. Vou dar unha mensaxe clara. Quen queira falar/debater de política conmigo que me chame e quedamos nun bar porque eu só discuto con unha caña diante. Os que me queiran dar ``leccións´´ detrás dunha pantalla, para conseguir máis seguidores, que se busquen a outro. Que entren en forocoches.com e falen con John Cobra.
   En España gañas unhas eleccións e eres presidente democrático. En Venezuela e Cuba fas o mesmo e eres considerado un ditador. Alguén me pode explicar as diferenzas? Ambos países lévanlle anos de ventaxa en democracia á vosa España grande e libre. Mentras en Cuba todas as leis son aprobadas en asambleas polo pobo, aquí o estado pide un ``préstamo´´ a Europa no noso nome sen preguntarnos. Mentras en Venezuela, coa chegada de Hugo Chávez se redistribuíron as terras e se lles entregaron aos pobres, en Españistán os culpables da crise gañan millóns en indemnizacións. Ti sigue crendote as mentiras que escoitas en Intereconomía e Antena 3 e sigue mentindo unha e outra vez porque é o único que fas.
   Quero pedir perdón de antemán polas miñas faltas de ortografía pero é que son un ``ignorante´´ que non teño a ESO e non fago nada máis que decir ``paiasadas´´ no meu  blogue no que falo de ``cambiar o mundo´´. Sinto decilo pero para ser un ``vurro´´ o meu blogue ``fascista´´ ou como lle queiras chamar ten bastantes seguidores. Dudo moito que se ti fixeras un chegara a ter un 10% das visitas que ten o meu. E non é por presumir. Bueno, só un pouco. Cando queiras douche o número de Gloria Lago e chamala e entre os dous me criticades.

domingo, 10 de junio de 2012

Heil Capitalismo.

   “Tenemos rostro, tenemos cara, tenemos ojos, tenemos manos, tenemos mujer, tenemos hijos, somos los braceros de este sistema esclavista. No nos pueden ver desde esos edificios: BBVA, Banco Santander, La Caixa, Caja Madrid… Sí, ministerios, sois cómplices, y vais a ver a vuestras victimas queráis o no queráis”.
 
Millóns e millóns de mortos ten no seu nome este sistema opresor. Négome a ser outra perica máis que pensa que non hai solución, que non hai outra opción. Galiza, España, Europa, o MUNDO necesita un cambio. Necesitamos a un Lenin, a un Fidel ou a un Mao. Non quero a máis intentos de Ghandi desclasados. O rollito 15m quedou moi ben pero xa non serve. A radicalización dos movementos anticapitalistas é xusta e necesaria. Se queredes loita pacífica entrade en bancos e okupadeos. Deixade de levantar as mans mentras os cans do estado vos dan paos. Obriguemos ao goberno a nacionalizar a banca. Os cartos do pobo son do pobo. Non de Botín e catro burgueses máis. Socializar, colectivizar, compartir... esas palabras non vos gustan? Pois iso é o que hai que facer. colectivizar as terras como fixo Stalin. Socializar os medios de producción para que non existan desigualdades entre burgueses e proletariado. Para que non existan clases. Aínda que Stalin é culpado de cousas que non están probadas que sexan certas, hai que admitir que el foi o que culminou a Revolución. Galeano, baixo a miña opinión equivócase ao decir que a decapitou. A Revolución Rusa buscaba instaurar o marxismo-leninismo no país dominado baixo o Tsar. Stalin, cunha política brillante consiguiu convertir á URSS en marxista-leninista totalmente. Co tema dos Gulags hai que comprender a época na que mandou. Os fascismos estaban en auxe e había guerras a diario. Stalin illou a URSS dos problemas de Europa para conseguir que o socialismo nun só país triunfase.


‎"El camino de la lucha armada no es el camino que hayan escogido los revolucionarios, sino es el camino que los opresores le han impuesto a los pueblos. Y los pueblos entonces tienen dos alternativas: o doblegarse o luchar."

Fidel Castro.




Don Quijote.

   Marco Polo había dictado su libro de las maravillas en la cárcel de Génova.
   Exactamente tres siglos después, Miguel de Cervantes, preso por deudas, engendró a don Quijote de la Mancha en la cárcel de Sevilla.
   Y esa fue otra aventura de libertad nacida en prisión.
   Metido en su armadura de latón, montado en su rocín hambriento, don Quijote parecía destinado al perpetuo ridículo. Este loquito se creía personaje de novelas de caballería u creía que las novelas de caballería eran libros de historia.
   Pero los lectores, que desde hace siglos nos reímos de él, nos reímos con él. Una escoba es un caballo para el niño que juega, mientras el juego dura, y mientras dura la lectura compartimos las estrafalarias desventuras de don Quijote y las hacemos nuestras. Tan nuestras las hacemos que convertimos en héroe al antihéroe, y hasta le atribuímos lo que no es suyo. Ladran, Sancho, señal que cabalgamos en la frase que los políticos citan con más frecuencia. Don Quijote jamás la dijo.
   El caballero de la triste figura llevaba más de tres siglos y medio de la malandanzas por los caminos del mundo, cuando el Che Guevara escribió la última carta a sus padres. Para decir adiós, no eligió una cita de Marx. escribió: Otra vez siento bajo mis talones el costillar de Rocinante. Vuelvo al camino con mi adarga al brazo.
   Navega el navegante, aunque sepa que jamás tocará las estrellas que lo guían.
                                                                                                                         Eduardo Galeano.

sábado, 9 de junio de 2012

Disfrutade do votado.

   Tomade capitalismo, democracia, socialdemocracia, neoliberalismo, antimarxismo... Disfrutade de todo isto porque grazas a vós, sociatas e peperos somos escravos. Somos escravos que non vemos as nosas cadeas. O FMI, BCE, Alemaña, Estados Unidos... Estes son os nosos donos. Benvidos á Antiga Roma.
   O FMI afirma hoxe que o noso país necesita un rescate de 40 mil millóns de euros para salvar á banca. Coma sempre o pobo terá que pagar os ``chanchullos´´ dos estafadores de turno. Burládevos agora dos gregos, españolitos. Xa veredes dentro duns meses como estaremos igual ca eles. Pero iso si, mentras eles sairon a calle a protestar de verdade contra todo isto, nós saíremos con flores e cazos para facer o ridículo.
 
"Es toda una experiencia vivir con miedo, ¿verdad? Eso es lo que significa ser un esclavo."
                                                                                          Blade Runner.

miércoles, 6 de junio de 2012

Terrorista quen? democracia onde?

   A liberdade de expresión é algo que nunca cheguei a comprender. Anticastristas califican a Cuba de ditadura porque según eles só hai un xornal no país. En España hai variedade de xornais. (jajaja). Sigo flipando ca democracia que tanto amades. Por desgraza, agora mesmo, non temos a posibilidade de mercar un xornal de ideoloxía anticapitalista. Público, por exemplo, tivo que pechar por falta de axudas do goberno. Nunca me pareceu un xornal de esquerdas nin anticapitalista xa que pertence a Mediapro pero era o que máis se achegaba. Onde está a liberdade da que me falan pola televisión? Unha televisión na que non vexo aos Mineiros que están loitando por uns dereitos que non teñen. Os falsos antisistemas do 15M saíron a todas horas. Estes mesmos sacaron un comunicado críticando aos mineiros xustificándose que son ``supermegaecoloxistas´´. Pijos burgueses é o que sodes. Seguide regalando flores que xa loitan os demais por vós.
   A primeiros de outubro Pablo Hasel, rapeiro comunista, foi levado ante a Audiencia Nazional por dedicarlle unha canción aos GRAPO, Grupo de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro. Gritar ``Gora ETA´´ ou ``Viva os GRAPO´´ é delito pero apoiar a OTAN, organización terrorista, non o é. Gustaríame saber por que Felipe González sigue na súa mansión de Marrocos e non está no cárcere por crear e financiar os GAL. Tanto ETA, grupo que non apoio na súa loita armada na ``demcoracia´´ que quede claro,  e os GRAPO mataron menos xente que a OTAN. A solución non é sempre bombardear países tercermundistas. Libia da pena vela. Que estaban peor con Gadafi? Déixame dudalo. Mentras Gadafi fixo escolas, hospitales, carreteras e convertiu a Libia no país máis desenvolvido de África, vós, destruíchedes todo isto e, curiosamente, son as empresas francesas as que están reconstruíndo o país arabe. Siria leva 1 ano sumerxido nunha guerra civil. Unha guerra civil que comezaron uns ``rebeldes´´ financiados polas ``democracias´´ mundiais. Na televisión non saen as manifestacións que apoian a Al-Assad, non saen os hospitais que destrúen os falsos revolucionarios dos que antes falei... Non sae nada disto. Só se manipula todo o posible e se lle bota a culpa de todo ao réxime de Al-Assad. O peor é que algúns esquerdistas rechazan a esquerda autoritaria e defenden aos xoguetes da CIA. 
   ``Catalunya, t'estimo i t'odio.´´Vergonzoso o sucedido en Badalona. Quen foron os vermes miserables que votaron a García Albiol, alcalde de Badalona? Como en plenos século XXI se pode ser tan xenófobo para querer expulsar aos inmigrantes? Badalona ten un problema, si. Pero o problema es ti, non os xitanos. A ti mandábache a Siberia a un Gulag por fascista. Tranquilo, non irías só. O teu amigo Josep Anglada acompañaríache.
 

martes, 5 de junio de 2012

Textos en defensa de Stalin.


"Stalin es el conductor de la revolución mundial. Esto es de suprema importancia. Es un gran acontecimiento que la Humanidad haya sido bendecida con Stain. Desde que lo tenemos, las cosas pueden ir bien. Como ustedes saben, Marx está muerto y también lo están Engels y Lenin. Si no hubiera habido Stalin, ¿quién habría estado allí para dirigir? Pero tenerlo esto es realmente una bendición. Ahora existen en el mundo una Unión Soviética, un Partido Comunista y también un Stalin. Así, los asuntos del mundo pueden ir bien.
Debemos saludarlo, debemos apoyarlo y debemos aprender de él. Debemos aprender de él en dos aspectos: su teoría y su trabajo".
Mao Tse Tung


"Según mi parecer, hay dos "espadas": una es Lenin y la otra Stalin. La espada que fue Stalin, los rusos ahora la han arrojado por los suelos. Gomulka y ciertos húngaros han aprovechado esto para golpear a la Unión Soviética, para combatir lo que ellos llamaban stalinismo. Los imperialistas intentan servirse de esta espada para masacrar a las masas; Dulles por ejemplo la empleó en su momento. Pero, esta arma no se presta para ser utilizada, por ello, es más ventajoso para ellos, arrastrarla por los suelos.
Nosotros, los chinos, no la hemos arrojado".
Mao Tse Tung


"... en el paso atravesaba los vastos dominios de la United Fruit. Una vez más me pude convencer que estos miserables capitalistas son criminales. SOBRE UN RETRATO DEL VIEJO Y RECORDADO CAMARADA STALIN JURÉ DE NO CONCEDERME NINGÚN DESCANSO EN TANTO LOS MISERABLES CAPITALISTAS NO SEAN DESTRUÍDOS. En Guatemala voy a perfeccionarme a fin de lograr ser un auténtico revolucionario".
Ernesto Guevara


"En los llamados errores de Stalin está la diferencia entre una actitud revolucionaria y una actitud revisionista. Se debe ver a Stalin en el contexto histórico en el que se desarrolló, no se debe ver como una especie de bruto, sino que se le debe apreciar en ese contexto histórico particular. Yo he llegado al comunismo por papá Stalin y nadie puede decirme que no lea su obra. Lo he leído aún cuando era considerado muy malo leerlo, pero ese era otro tiempo. Y como soy una persona no demasiado brillante y además testaruda continuaré leyéndolo.”
Ernesto Guevara


Camarada Stalin, yo estaba junto al mar en la Isla Negra,
descansando de luchas y de viajes,
cuando la noticia de tu muerte llegó como un golpe de océano.
Fue primero el silencio, el estupor de las cosas, y luego llegó del mar una
ola grande.
De algas, metales y hombres, piedras, espuma y lágrimas estaba hecha esta
ola.
Pablo Neruda.




viernes, 1 de junio de 2012

Lenin.

   Nunca escribió, y quién sabe si dijo, su frase más célebre:
-El fin justifica los medios.
   También se le atribuyen otras maldades.

   En todo caso, no hay duda de que hizo lo que hizo porque sabía lo que quería hacer y para hacerlo vivió. Pasaba sus días y sus noches organizando, polemizando, estudiando, escribiendo, conspirando. Se daba permiso para respirar y comer. Dormir, nunca.
   Llevaba diez años de exilio en Suiza, su segundo exilio: era austero, vestía ropas viejas y botas impresentables, vivía en el cuarto de arriba de un zapatero remendón y le daba náuseas el olor a salchichas que subía desde la carnicería de al lado. Se pasaba todo el día en la biblioteca pública, y tenía más contacto con Hegel y Marx que con los obreros y campesinos de su patria y de su tiempo.
   En 1917, cuando subió al tren que lo devolvió a San Petersburgo, la ciudad que después se llamó con su nombre, pocos rusos sabían quién era. El partido que él fundó, y que iba a conquistar el poder absoluto, tenía todavía escaso arraigo y estaba más bien a la izquierda de la luna.
   Pero Lenin supo, mejor que nadie, qué era lo que el pueblo ruso más necesitaba, paz y tierra, y no bien bajó del tren y echó su primer discurso en la primera estación, un gentío harto de guerras y de humillaciones pudo reconocer en él a su intérprete y a su instrumento.
                                                                                          Eduardo Galeano.