
Cada día que pasa perdo a fe na sociedade. É incrible ver como se contradicen unha e outra vez os chamados apolíticos. Eles non mezclan o deporte coa política pero despois insultan a Piqué porque vai coa selección e non se sente español. Isto non é mezclar deporte e política? Non, só a mezclo eu. Un rapaz que pasa do fútbol e lle gusta máis a política. Eu son o amargado. Eu son un amargado pero vós sodes unha panda de insensibles. Despois chorades cando vedes a merda de películas de Mario Casas e Sandra Bullock pero non cando vedes ao voso amado exército matar nenos en Libia. Ese é o patriotismo español. O que vos leva a enfurecervos cando se duda da nacionalidade de Cristobo Colón. Oxalá fora portugués. Como podedes presumir de que sexa español un xenocida, traficante e asesino de indíxenas? ``Colón é un heróe e Fidel Castro un tirán cruel´´. Menos mal que en España sodes moi progresistas... Dos deportistas é do único que podedes estar orgullosos os españois. Vexo normal que celebredes o ascenso do Deportivo de ``LA´´ Coruña. Un equipo que vos debe millóns e millóns. Prefiro vivir amargado que vivir cunha venda diante dos ollos como vivides a maioría. Só pensades en Nueva York, en París e na Pasarela Cibeles. Xa choraredes! Eu seguirei intentando molestar o máis posible e seguir creándome enemigos porque como dixo Galeano:
``-¿ No tienes enemigos? ¿Cómo que no? ¿Es que jamás dijiste la verdad, ni jamás amaste la justicia?
No hay comentarios:
Publicar un comentario