Millóns e millóns de mortos ten no seu nome este sistema opresor. Négome a ser outra perica máis que pensa que non hai solución, que non hai outra opción. Galiza, España, Europa, o MUNDO necesita un cambio. Necesitamos a un Lenin, a un Fidel ou a un Mao. Non quero a máis intentos de Ghandi desclasados. O rollito 15m quedou moi ben pero xa non serve. A radicalización dos movementos anticapitalistas é xusta e necesaria. Se queredes loita pacífica entrade en bancos e okupadeos. Deixade de levantar as mans mentras os cans do estado vos dan paos. Obriguemos ao goberno a nacionalizar a banca. Os cartos do pobo son do pobo. Non de Botín e catro burgueses máis. Socializar, colectivizar, compartir... esas palabras non vos gustan? Pois iso é o que hai que facer. colectivizar as terras como fixo Stalin. Socializar os medios de producción para que non existan desigualdades entre burgueses e proletariado. Para que non existan clases. Aínda que Stalin é culpado de cousas que non están probadas que sexan certas, hai que admitir que el foi o que culminou a Revolución. Galeano, baixo a miña opinión equivócase ao decir que a decapitou. A Revolución Rusa buscaba instaurar o marxismo-leninismo no país dominado baixo o Tsar. Stalin, cunha política brillante consiguiu convertir á URSS en marxista-leninista totalmente. Co tema dos Gulags hai que comprender a época na que mandou. Os fascismos estaban en auxe e había guerras a diario. Stalin illou a URSS dos problemas de Europa para conseguir que o socialismo nun só país triunfase.
"El camino de la lucha armada no es el camino que hayan escogido los revolucionarios, sino es el camino que los opresores le han impuesto a los pueblos. Y los pueblos entonces tienen dos alternativas: o doblegarse o luchar."
Fidel Castro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario