``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

martes, 26 de junio de 2012

Latinoamérica.

   Pouco a pouco voume derretendo nesta cadeira que me asfixia. Dende cando Galiza ten o clima de Andalucía? Maldito cambio climático... Co que amo eu a choiva é noxento que estea suando como se estivese nunha sauna. Estou máis acalorado que Gloria Lago lendo o meu Twitter. Unha Gloria Lago que agora que ten máis tempo libre, xa que rematou o curso para ela tamén que é profesora de inglés, e espero que se anime a botarlle unhha ollada ao meu blogue. Mañá irei polas notas e espero non levar ningunha sorpresa... Espera, espera, espera... Que carallo fago? Este é un espazo para debater sobre a actualidade do mundo non para falar de como me vai a vida. Ultimamente céntrome máis en Latinoamérica que en ningunha outra parte do mundo. A gran canción de Calle 13 non para de soar na miña enorme e peluda cabeza. Como empezaron as vacación comecei a ler ``Las Venas Abiertas de América Latina´´ de Eduardo Galeano. É triste pensar que vou pola época de Hernán Cortés e xa sufriu máis que moitos territorios xuntos. Todo por culpa primeiro dos españois e logo dos nortemaricanos. Calquer país que resista ao imperio é digno de admiración. Na miña anterior entrada falei de Cuba e iso fixome recordar cando o rapeiro ``ROJO´´, El Chojín, saiu no programa do bufón burgués, Buenafuente, criticando ao país cubano e desexándolle a morte a Fidel. Un vendido máis da lista larga de rapeiros ``sociais´´ que por vender uns CDs só falan do mínimo. Espero que Nach sexa feliz apoiando a SGAE.
   Volvo a América Latina e a falar do seu presente. Parece que Estados Unidos se cansou de tanto país latino progresista e socialista e regresan os golpes de estados á rexión. O que está sucedendo en Paraguay é unha vergoña. Estamos a presenciar o nacemento dunha nova Honduras ou Colombia. Por que non se condena isto? Onde están todos os demócratas españois? Que Paraguay sexa dirixido por unha oligarquía interésalle a todos os fascistas actuais. Os campesiños que van perder as súas terras son ``danos colaterais´´. Despois de Paraguay toca Bolivia. Chegan rumores do país de Evo Morales sobre un posible golpe de estado despois da folga da policía. Ser xustos co pobo non serve de nada. Esperemos que estes golpes fracasen. Larga vida a América Latina socialista!

No hay comentarios:

Publicar un comentario