``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

lunes, 18 de junio de 2012

Nin Grecia da esperanza.

   É curioso ver como a historia se repite unha e outra vez. Os gregos votan aos culpables da crise unha vez máis. A ``Nova Democracia´´ pensades que vai cambiar algo? É que non podo chegar a entender porque os europeos lles gusta sufrir tanto. Fai uns días falei da liberdade de expresión en España e dos seus xornais. Dixen que aínda que houbese xornais con diferentes nomes, todos eran iguais. Onte déronme a razón. Era intolerante ver como celebraban a derrota de Syriza. ``Gañou Europa´´ pero pero perderon as persoas.
   As eleccións en Grecia de onte coincidiron coa emisión de Espartaco e V de Vendetta. Cheguei a reflexionar se ata a televisón nos botaba indirectas. Pero despois de conectarme ao Twitter e ver que V de Vendetta só consiguiu que os ``revolucionarios´´ de salón falaran entre si. Cada día perdo máis a fe nun cambio...

                               O CAN DANADO

Igoal que un can danado nos camiños
o terror anda solto polo mundo.
Semella un vento negro que pousase
súas azas de corvo
sobre a frente dos homes temerosos.
Un xelo de invernía en descampado
paraliza os relós, perfura as gorxas
e pon veos de anguria nas palabras.
Un grande telescopio nos vixía
coma un ollo de Cíclope
que sigue os nosos pasos
e fita sin acougo o noso rumbo,
dende tódalas fiestras,
dende tódalas torres,
dende tódalas voces que nos falan.
A noite é un micrófono impasíbel
que escoita o latexar do noso peito,
coma un escuro espía que espreitase
os nosos pensamentos máis segredos.
Todo se troca en cousa inconfesábel;
detrás de cada esquina unha sospeita,
unha duda detrás de cada sombra,
e medo, medo, medo,
un pozo profundísimo de medo,
espello de auga fría
no que o terror se mira eternamente.
       
           Celso Emilio Ferreiro.




                                           Liberdade de Imprenta en España. Definición gráfica.
       




No hay comentarios:

Publicar un comentario