Estou sentado diante da pantalla do meu ordenador e sen saber que decir. Picasso mentía cando decía que as musas che teñen que coller cando esteas traballando. Non fago máis que ler noticias, twits, blogues doutros e non son capaz de facer unha entrada decente. Creo que estou evolucionando de bello a vello. A miña amada imaxinación abandóame pouco a pouco. É triste falar disto con só 17 anos. Pero agora que o penso, máis triste é que a FIFA pida a liberación dun xogador palestino que está preso en Israel e leva noventa día en folga de fame. A FIFA só lle interesa un e non os miles que Israel mata cada ano ante os ollos de todos nós e dunha Europa que lle da permiso. Espero que Sabina e Serrat o pasen moi ben cantando no país que olvidou o seu pasado e repite o xenocidio que fixeron os nazis coa súa raza. Pero iso si, todo en nome da democracia e do capitalismo. Como poden os dous excantautores de esquerdas criticar a Cuba. Vergoña é o que dades canciños cos que xogou o PSOE para gañar unhas eleccións.
O ser humano trabúcase unha e outra vez. O capitalismo é un sistema que nunca funcionará. As crises económicas e as desigualdades sociais son o lema deste sistema. Obama e compañía teñen unha cousa clara. As crises económicas do pasado arregláronse cunha guerra. En serio pensades que a Terceira guerra Mundial non está cerca? Ou xa a estamos a vivir? África cada día e máis pobre. Latinoamérica máis do mesmo. Eu non falo de ``cambiar o mundo´´, eu só digo que algo falla cando cos cartos dos 10 homes máis ricos do mundo se podería dar de comer e ofrecerlles unha vida mellor a todos os que sufren por culpa da globalización esta que tanta xente defende. As revolucións empezan na casa e rematan gañando ou morrendo. Os mineiros asturianos teñeno claro. O resto non moito. O partido ``antisistema´´ vólveme dar mostras da súa hipocresía. Ata Willy Meyer caeu. A filla do anterior e o irmán de José Luis Centella enchufáronos no Goberno andaluz. E vós sodes a verdadeira esquerda? Decide dunha vez que sodes socialdemócratas como o PSOE e deixar de ser tan falsos.
Mañá vou fallar aos meus principios. Vou ir por primeira vez á Cidade da Cultura de Santiago. Eduardo Galeano estará alí para presentar o seu libro ``Los Hijos de los Días´´ e é unha ocasión única de ver a Eduardo en persoa. ``Fragalandia´´ espérame!
Dixo Manuel Lorenzo, último gañador do premio xerais xunto coa súa filla, que o rescate a España é como se cando se afunde un barco, primeiro salvan aos que van en botes salvavidas e despois aos que están na auga. Creo que non se pode definir mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario