``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

martes, 19 de junio de 2012

Viva a revolución Bolivariana!

   Estamos a menos de 5 meses das eleccións á presidencia de Venezuela. Xa sei que moitos de vós estades botando as mans a cabeza pola ``barbaridade´´ que acabo de dicir. No voso cerebro lavado polo capitalismo Venezuela é unha ditadura dirixida por un cruel tirán chamado Hugo Chávez. Eu, como moitísimas máis persoas apoio a este magnífico ``tirán´´ e oxalá en España chegara unha ``ditadura´´ como a do país latinoamericano. Este mañá, El país sacaba unha noticia sobre que Hugo Chávez se nega a debatir co líder da extrema-dereita venezolana, Capriles. Eu sinceramente vexo normal que Chávez non queira debatir con unha oposición que, según o Presidente venezolano, conta cun plan para boicotear as eleccións. Nada máis colgar esta noticia en Twitter, algúns dereitistas venezolanos compartiron a noticia cos seus seguidores. Nada máis enterarme, borrei rápido o ``twiit´´ xa que non quero colobarar con esa calaña. Personas adiñeiradas, burgueses e de clase alta que acusan ao goberno de Venezuela de fascistas polo simple feito de redistribuir as súas terras para que os máis pobres poidan traballala. A burguesía cada vez comprométese menos. En España certos personaxes critican demasiado a países que nos levan moita distancia tanto en democracia como en liberdade. Xa non digo en dereitos sociais. Mentras alí se invirte en cultura, educación e sanidade, o noso goberno neoliberalista recorta nos dereitos fundamentais das persoas. O goberno español, entre moitos máis, apoiaron o golpe de estado de 2002 hacia Chávez. Esas son as democracias que apoiades. Os que considerades a Uribe, Presidente de Colombia, e a Capriles demócratas dades noxo. Sodes os mesmos que gritades ``Viva Honduras´´ pero calades cos xornalistas asasinados neste mesmo estado. O vindeiro 5 de outubro o pobo daralle o seu apoio a Chávez, nas eleccións DEMOCRÁTICAS, e eu seguirei berrando ``Viva a Revolución Bolivariana!´´.
   Grazas a ``marabillosa´´ Eurocopa, este torneo que ``casualmente´´ coincidiu co rescate de España, os españois só pensan en ``La Roja´´, que de ``roja´´ ten pouca. Rajoy segue mentindo cada día. A Prima de Risco vai chegar a xunto Carrero Blanco se segue ascendendo desta forma. O Paro cada vez é máis alto. Os viaxes de Dívar son gastos ``necesarios´´. Non vai viaxar en Rynair unha persoa da súa clase. Estades tolos?  Mentras miles de noticias espantosas suceden España é feliz porque onte lle gañamos a Croacia e xa estamos en cuartos de final. Que pena ser un amargado e non disfrutar onte como moitos de vós. Aínda que ás veces tamén me río como hoxe, cando me enterei de que a Calatrava parécenlle poucos os millóns que gañou en Valencia cos seus proxectos. Eu pagaríalle máis e que, como dixo Tony de Los Chikos del Maíz, diseñara tamén a tumba de Rita Barberá.
   Se algúns de vós aínda vos credes o conto do capitalismo recomendo que vexades este documental.

No hay comentarios:

Publicar un comentario