``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.
sábado, 23 de junio de 2012
Eu creo na liberdade; Eu creo en Cuba.
O meu primer artigo sobre Cuba necesita unha segunda parte para que os máis anticastristas aprendan algo acerca da illa do Caribe. Dicía Ángel González no seu poema ``Perla de las Antillas´´: ``ha estallado una perla, y los residuos de la dignidad pueden contaminar a mucha gente.´´ O odio de todos os procapitalistas hacia Cuba non é máis que unha mostra da envexa que lle teñen. Saben que co seu diañento sistema político e social nunca chegarán a ter os dereitos dos que toda a poboación cubana disfruta. Mentras aos opositores do socialismo en Cuba se lles chama ``disidentes´´, aos opositores do sistema neliberalista español se nos apoda como os ``antisistemas´´. As dúas palabras son sinónimas pero os gobernos que teñen o poder e desexan que o socialismo fracase encargáronse de que os de aquí quedemos como uns terroristas, que queremos destruir e matar a todos os españois, e os dalí como ``pobrecitos los cubanos que no pueden salir desa cárcel´´. Los Aldeanos, grupo do que xa falei neste blogue, son un grupo de rap anticastrista. Nas súas letras falan de que non poden saír do país e de que son perseguidos. Do de que son perseguidos nin eu nin eles teñen probas para demostrar se é certo ou falso. Do outro si que teño probas. Na excursión coa escola a Barcelona quedei sorprendido cando vin un cartel que poñía que Los Aldeanos ían ofrecer un concerto o 17 de maio na cidade. Eu dixen que era imposible, que tiña que estar mal. Se eles decían que non podían saír dese país que os retén sería porque é verdade (Espero que notedes o ton irónico). Despois de informarme descubrín que era unha realidade, Los ALD€ANO$ estaban en España. Non daba crédito a iso. ``Pero o ditador Castro ese, non é tan malo? Como os deixa saír?´´ Despois de moitas tilas e de pensar moito cheguei á conclusión de que ao mellor os rapeiros mentían un pouco, só un pouco, nas súas letras. Mellor dito, minten moito nas súas letras. O único rapeiro que non pode saír do seu país por decir a verdade nas súas letras é Pablo Hasél que está preso en Espanha e non pode nin ir dar un concerto a Francia. Isto todo é silenciado. Grazas a que Barcelona é unha cidade intelixente os músicos cubanos fracasaron e só se ocupou a mitade da sala. Alégrame ver que cada vez menos xente se cre as mentiras que nos contan dende arriba. Como podedes observar, a vosa dereita non, a vosa outra esquerda teño unha imaxe sobre Cuba. Esa é a PUTA realidade. Según un estudo que saiu fai pouco, declarou ao país latinoamericano como o máis seguro do mundo. Isto non saiu nin en ``La Secta´´ nin na TVE, a versión ``democrática´´ de NO-DO. Tampouco sae que Cuba é o único país do MUNDO que non conta con desnutrición infantil. Cuba é a democracia perfecta. Calquera lei ten que ser aprobada en asambleas onde o pobo decide. En España os Congresistas elaboran as leis e o Senado exerce de notario e, sen lelas, as aproba. Os cubanos non morren na rúa como os estadounidenses se son pobres. A educación e a sanidade son de balde. Leín o outro día unha noticia espeluznante. Un emigrante cubano, que reside en España, contaba como chamou a súa nai para suplicarlle que non viñera para aquí, que polo menos en Cuba non che quitaban a casa. Outra noticia foi ver a indignados CUBANOS aquí. Ata se manifestaron estes vermes porque esto non é o que eles pensaban. Unha dama de Branco durme nas rúas deste Reino! E despois aínda vos alterades porque apoio ao ``rexime´´ castrista. Como non vou apoiar a un país no que se valora máis a vida dunha persoa que os cartos. Cada vez que sucede algunha catástrofe todos os policías dividense e van casa por casa asegurándose de que todos están ben. Sabedes quen é o país que máis axudou a Haití despois do terremoto? Informádevos antes de falar sobre algo. Non me vale que o pronazi do voso Papa Benedecito XVI diga que o marxismo é un sistema anticuado. É ridiculo que diga iso un cristián... Eu amo a liberdade. Amo a xustiza. Amo a solidariedade. Amo o socialismo. Por iso amo a Cuba. Viva Cuba e viva a Revolución Cubana!
Dende aquí mando todo o meu apoio para Fernando Lugo e para todos os paraguayos. Mentras os medios españois apoian aos golpistas os campesiños resisten. Un golpe de estado non triunfa se todo o pobo está en contra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario