
Era hora de que a democracia servira de algo neste país antidemócrata e que censura todo o relacionado coa esquerda. Hoxe chegou a xustiza a Euskal Herria. Bueno, minto. Só chegou un pouco de xustiza. Aínda falta moita para ao pequeno país oprimido polo Reyno espanhol. Pero agora podemos decir orgullosos de que
Sortu xa é legal.. Nada máis coñecerse a noticia todos os falsos, imbéciles, rancios ``demócratas´´ saltaron en cólera ante este triunfo da liberdade de expresión. Isabel San Sebastián, AVT, Pedro J. Ramírez e máis vermes noxentos falaban como victoria de ETA. Os vascos de esquerdas teñen que ser etarras a narices. O único terrorismo que hai en España agora mesmo e a policía, o exército, o goberno coa súa intolerante Lei de Partidos... Eu, coma todas as persoas que teñen algo de cabeza e saben pensar por si soas, tamén aplaudo a legalización de Sortu e ríome na cara de todos os de UPyD e de toda a dereita nacional. Pero non só me conformo con isto, quero máis. Quero a Otegi en liberdade. O lehendakari de Euskal Herria ten que ser Otegi porque é o que os vascos queren. E como gran defensor da liberdade e da xustiza que son pido: `` Euskal Presoak Euskal Herrira´´.
Onte comentei o tema de que Hugo Chávez
negase a debatir co lider da ultra-dereita Capriles. A dereita de todo o mundo indignouse ante semexante mostra de ``ditadura´´. Rajoy, Presidente de España, decide que este ano non fai falla que se celebre o anual debate sobre a nación. Eu estou co noso Alcaide. Se estamos de marabilla (jajaja). A dereita cala e fala dun dereito a absterse. Pero por qué a dereita leva a hipocresía no sangue. A democracia e o capitalismo son cousas que son imposibles que triunfen xuntas. Perdón, o capitalismo xa é imposible que funcione aínda que xente como Friedman intentara demostrar o contrario.
Imaxe collida da web de:
Nikonecons
No hay comentarios:
Publicar un comentario