Considérome unha persoa bastante tolerante en certos aspectos. Non estou en contra da Selección Española, é máis, á Selección Española de baloncesto sempre a apoio. A selección de fútbol xa nunca me caeu moi ben, xa antes non me gustaba e iso que non era tan ´´politico´´ como agora. Pero como collín fama de ser antiespañois celebrarei cada derrota ou empate, como o de onte (jajaja :P) da vosa amada selección. Só por molestar á maior xente posible. Xa que poucas persoas me toleran, por que vou tolerar eu aos demais? A xente que se cree superior por ter bacherelato, e despois non sabe falar de nada, demostran que clases de ``persoas´´ son insultando aos demais por ter unha ideoloxía distinta. Isto parece Mordor con tanto Troll. Só saben repetir propaganda que escoitan pola televisión ou a papi e mami. Vou dar unha mensaxe clara. Quen queira falar/debater de política conmigo que me chame e quedamos nun bar porque eu só discuto con unha caña diante. Os que me queiran dar ``leccións´´ detrás dunha pantalla, para conseguir máis seguidores, que se busquen a outro. Que entren en forocoches.com e falen con John Cobra.
En España gañas unhas eleccións e eres presidente democrático. En Venezuela e Cuba fas o mesmo e eres considerado un ditador. Alguén me pode explicar as diferenzas? Ambos países lévanlle anos de ventaxa en democracia á vosa España grande e libre. Mentras en Cuba todas as leis son aprobadas en asambleas polo pobo, aquí o estado pide un ``préstamo´´ a Europa no noso nome sen preguntarnos. Mentras en Venezuela, coa chegada de Hugo Chávez se redistribuíron as terras e se lles entregaron aos pobres, en Españistán os culpables da crise gañan millóns en indemnizacións. Ti sigue crendote as mentiras que escoitas en Intereconomía e Antena 3 e sigue mentindo unha e outra vez porque é o único que fas.
Quero pedir perdón de antemán polas miñas faltas de ortografía pero é que son un ``ignorante´´ que non teño a ESO e non fago nada máis que decir ``paiasadas´´ no meu blogue no que falo de ``cambiar o mundo´´. Sinto decilo pero para ser un ``vurro´´ o meu blogue ``fascista´´ ou como lle queiras chamar ten bastantes seguidores. Dudo moito que se ti fixeras un chegara a ter un 10% das visitas que ten o meu. E non é por presumir. Bueno, só un pouco. Cando queiras douche o número de Gloria Lago e chamala e entre os dous me criticades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario