``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

jueves, 28 de febrero de 2013

O mundo que me rodea.

   Son dunha pequena vila da provincia de Pontevedra. Somos uns deses pobos que algunha vez tivemos o ``orgullo´´ de participar no Grand Prix. Contamos con varias empresas onde os dereitos laborais dos traballadores son ``respetados´´. Non miramos as horas que son obrigados a traballar xa que iso é intervir na ``marabillosa´´ economía de libre mercado. Vendemos o noso monte para facer un campo de golf para que estúpidos soñoríos veñan a pasar as tardes practicando o seu swing. Temos un albergue para peregrinos que só está aberto unhas tres horas ao día. Para que facer un albergue para pobres... Iso é de socialistas e anarquistas perrofrautas. Cando as nosas árbores arden significa que ese terreo necesita ser recalificado e nuns anos próximos comezarán as excavadoras a traballar. Iso si, contratando sempre á mesma empresa para non perder a vellos amigos. Temos hortas, que os seus donos nunca pisaron, cheas de silvas e toxos pero non se poden traballar porque ``non nos pertencen´´. Disfrutamos dun río ateigado de polución por culpa de empresas que pensan que como crean traballo poden facer o que queiran co medio que os rodea. Eleximos a un partido caciquil que en días de eleccións vai buscar aos vellos á casa en bus para levalos a votar. Que encanto de persoas...O triste de isto é que non só sucede na miña vila. Galiza está chea destas vilas. Será verdade iso que nos din dende a capital de que estamos atrasados? Quizais somos tan riquiños que non somos capaces de revelarnos? Ou quizais, simplemente, somos máis parvos por ser galegos? Eu, sinceramente, non considero que esté atrasado, nin que sexa riquiño e, moito menos, parvo. E non só o penso de min, senon de todos nós. O pobo galego necesita sacarse ese venda que non lle impide ver a realidade. Pertencemos a un país que se unificou á forza. Non lle debemos nada. Galiza ceive e socialista? Por que non? Por que non cambiamos o primeiro o de aquí? O mundo non se muda dun día para outro. Como queremos cambialo sen antes transformar o que temos diante dos ollos...

lunes, 25 de febrero de 2013

Os Dereitos Humanos.

   Ante a continua represión por parte do goberno sobre os comunistas e independentistas, tanto vascos, como cataláns e galegos, quero denunciar as violacións constantes dos Dereitos Humanos por parte dun estado que se autodefine como demócrata. Xa non me fai falla poñer entre comillas a palabra ``demócrata´´ xa que calquera persoa con algo de conciencia sabe que a democracia non só se basa en poder votar cada X anos xa que o único que estamos a conseguir é elexir ao personaxe que lle entregará o poder os famasos ``Mercados´´, eufemismo de burguesía.
   Ante este movemento de terror, que quere asustar a poboación para que non proteste, debemos actuar mediante a solidariedade cos presos xa que é a única forma de que sigan presentes. É triste que no 23F deste 2013 houbo máis detidos que no 23F do 1981.
 

lunes, 18 de febrero de 2013

Os Progres actuais e o seu muro nos ollos.

Coa gala dos Goya e co auxe na popularidade da noxenta e a oportunista de Beatriz Talegón, coa que se solidarizou Pablo Iglesias, o presentador da Tuerka, pero non fixo o mesmo cos presos políticos, reflexionei sobre a cantidade de falsos esquerdistas que hai hoxe en día.
O Muro de Berlín caeu en 1989 para alegría de moita xente e para magoa duns poucos. Un "Triunfo da liberdade e da democracia" dicían. A chegada da "democracia" burguesa á antiga RDA foi un "éxito". Coas privatizacións e o libre mercado os suicidios aumentaron en tal cantidade que que chegaron aos millóns de persoas. Criticaron o muro comunista canto quixeron pero non fan o mesmo agora mesmo con outros muros que hai no mundo. Estados Unidos vallou a fronteira con México e seguen co "muro" económico hacia Cuba. O réxime espanhol mantén valladas as cidades, conseguidas grazas ó imperialismo, Ceuta e Melilla. Marrocos está reprimindo ao Sahara recordando aos campos de concentración. O muro de Israel sobre Gaza está de moda xa que Palestina agora é considerado un estado observador da ONU. A isto quería chegar hoxe. A represión e o xenocidio sufrido de Palestina por parte dos sionistas é a maior forma coa que estes falsos demostran a súa dobre moral. A autodeterminación para todos os pobos é un dereito fundamental. Encántame ver como gritan "Palestina Libre" pero atacan ós movementos independentistas que hai neste país. Galiza, Euskal Herria, Paisos Catalás... Non teñen dereito a autodeterminación? UPyD está creando escola. O último artigo de Cayo Lara sobre a soberanía podía habelo firmado tranquilamente Rosa Diez. Pero que se pode esperar de Esquerda Unida... As súas mostras de querer ser o novo PSOE cada vez son máis grandes.