Poñámonos en situación. 20 de marzo de 2003. Iraq, un país asiático que avanzaba e progresaba lentamente sufría a maior barbarie que eu tiven a desgracia de contemplar. Tiña 9 anos e sen ter ben claro os motivos da guerra colléralle cariño a Iraq. O meu odio polos ``Estates´´ creo que naceu por esa época. Recordo eses días con alegría. Cun atlas, un libro de barcos e outro de avións xogaba a invadir os Estados Unidos. Xa daquela tiña unha pequena idea de que as cousas non se cambian regalando flores. En España hubo unha grande protesta nacional contra a guerra. Manifestacións inundaban este país. Estou orgulloso de que se fixera todo esto pero a miña pregunta agora é: Porque criticachedes a guerra de Iraq pero calachedes cas de Afganistán e Libia? Esta é a hipocresía que tanto caracteriza a sociedade española. As crimes que cometeron os países civilizados nestes dous países non contan? Invadimos Afganistán por ter unha relixión diferente pero non Israel que está masacrando palestinos día tras día. ``Tomorrow is the day´´. Así anunciaba Satanás o futuro xenocidio iraquí. Que razón tiña Hugo Chávez cando dixo que nas Nacións Unidas cheiraba a azufre. Os americanos, estes que tanto aman a liberdade e a democracia, estaban a punto de quitarlle a vida a un pobo que era feliz. Iraq respiraba. Iraq non tiña armas de destrucción masiva. Iraq tiña petróleo e USA, axudado polo noso Chemita e por Tony Blair, encargouse de roubarllo. E despois queixámonos do 11 M e do 11 S. Xa o dixo El Chojín. Non vaias por aí bombardeando onde che apeteza e non terás que chamar terroristas aos que se queixan.
Falando de outras guerras quero dar unha información que chegou aos meus oídos vía twitter. Parece ser que Esquerda Unida, concretamente Cayo Lara, manexa informes nos que se di que a CIA ten máis asalariados en Siria que calquera outra empresa, incluído o Estado. Agora decídeme porque hai que apoiar aos ``Revolucionarios´´ sirios.
Pois céntrome no tema principal de hoxe. Onte xa falei da folga xeral e dos caciques españois. Segundo o artigo 28 da sección 1 da nosa ``marabillosa´´ e ``estupenda´´ Constitución todas as persoas teñen dereito a folga mentras se respeten os servicios esenciais para a comunidade. Coma en case todos os puntos esto é relativo. Unha empresa, do meu gran pobo, que rima con farsa non te despide se vas a folga. Son moito máis prácticos. Eles obriganche a ir a traballar o Día das Letras Galegas para recuperar as horas perdidas. Esta xa non é a primeira bastada que comete esa familia que dirixe a empresa. Contratos basura, explotación dos traballadores e moitas máis cousas. Non digo os nomes por manterme a marxe destes ``fenómenos´´. Ains... cantas empresas e empresarios tiñan que arder para que o mundo fose máis xusto.
Recomendo que vexades o documental Bagdag Rap xa que é bastante interesante e entretenido e conta bastante ben o tema de Iraq.
``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.
martes, 20 de marzo de 2012
O dereito a folga e Iraq.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario