``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

lunes, 19 de marzo de 2012

Eu vou a folga xeral. 29-M

   Só faltan 10 días para a folga. Só faltan 10 días para demostrar de que o pobo deste país está en contra dunha reforma laboral que nos fará escravos dos banqueiros e empresarios. Cúmprense 200 anos da primeira Consitución española e a verdade, lendo algúns dos seus puntos, non me parece tan admirable. Que o amor a patria sexa unha obligación é algo co que estou moi en contra. Botándolle moita imaxinación pensei en quen ía defender ao noso alcohólico e moribundo monarca "Juank" en caso de que os franceses nos invadisen. Conmigo que non conten. Volvendo o tema conmigo si que poden contar para loitar contra este capitalismo e neoliberalismo feroz que amenaza con destruir os poucos dereitos que aínda nos quedan. As reformas laborais de países de Latinoamérica melloran a vida dos traballadores e campesiños. As nosas fannos retroceder a outra Idade Media. Todo o progresismo e esta demagoxia que nos comeu a cabeza está en contra da maioría de nós. E que facemos nós? Votar aos mesmos tiráns de sempre. Ser ovelliñas e facer o que nos manda o pastor. Queres facer reformas? Pois que se fagan ben. Quitemoslle terras aos señoríos españois e redistribuiamos o terreno. Poñamos unha sanidade de calidade e de balde para todos. Os que nos meteron nesta estafa que o paguen con cárcere. Se alguén vos di que o caciquismo xa non existe neste país mínteche. O Corte Inglés, Santander, Telefónica... Todas estas empresas e moitas máis amenazan con despedir aos traballadores que vaian a folga. E nadie fai nada? Somos escravos sen cadeas. Mercadona e outra destas empresas. Juan Roig é un dos maiores impresentables, explotadores e fascistas que pode haber neste país. Espero que se lle peche a boca pronto. Espero que en 10 días teña as tendas baleiras e sen traballadores.
   Antes falei de pastor e recordoume a entrevista que vin hoxe. Nela "Anita" Pastor é humillada por Rafael Correa. Ata fai uns días non sabía moito do Presidente Ecuador pero escoitando a mensaxe que este home ten convértese nun dos que confío para que remate co imperialismo sobre esa terra tan fermosa como é América Latina. Bravo Correa! Espero que na Cumbre das Américas o teu sitio estea baleiro. Se Cuba non vai por culpa do fascismo estadounidense haberá que protestar. Loitemos contra as inxustizas.
   Aquí vos deixo cara a cara entre Ana Pastor e Rafael Correa.
Rafael Correa humilla a Anita
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario