Acabo de rematar de ver o programa de onte de Salvados. Non o puiden ver en directo xa que xogaba o Obradoiro a esa hora. O equipo de ``A Secta´´ foise ata Cuba a falar das reformas que o país está facendo.
A miúdo, na prensa española, inténtase manipular todo o posible relacionado con outros países que teñen un sistema político e económico distinto. Temos os casos de Venezuela, Bolivia, Ecuador e sobre todo Cuba. Para escoitar as mentiras que se din de Venezuela non hai máis que abrir xornais como os meus amigos do ABC ou El País. Este último, que é considerado de esquerdas, fixo a maior campaña en contra do país venezolano e do seu Presidente Hugo Chávez. La sexta está facendo o mesmo pero esaxeradamente con Cuba. Jordi Évole, este ``simpático´´ presentador do programa Salvados, ten o costume de comparar continuamente a Fidel Castro con Franco. Non entendo en que se poden parecer o salvador do pobo cubano e un cruel tirano que o único que fixo foi destruír España. Cuba non é unha ditadura por moito que nos queiran enganar. Cuba é un réxime socialista que, a pesar dun bloqueo terrible por parte de USA, progresa. Cantos países teñen a sanidade e a educación de balde? No ``mellor´´ país do mundo, USA, a xente morre nas rúas porque non ten cartos para operarse. No país latinoamericano todos teñen unha casa para vivir. Non hai xente durmindo en estacións de autobuses. A liberdade en Cuba é unha realidade. Estou en desacordo ca súa política de emigración. É o único erro que lle vexo. Pero que dende aquí lle queiramos dar leccións de democracia faime rir. Mentras que a nosa policía saca as porras cada vez que hai unha manifestación que ao Goberno non lle interesa, en Cuba isto é impensable. As Damas de Blanco, mundialmente coñecidas tamén por As Damas do cheque en blanco, nunca foron agredidas polas forzas policiais cubanas. Hai imaxes de como mulleres policias sen armar collían as estas señoras e as levaban casa por casa. Estas rapaciñas que loitan polos dereitos dos ``presos políticos´´ son a hipocresía en estado puro. Nunha entrevista do programa decían, ante a pregunta de si pedían que Estados Unidos puxese fin ao bloqueo económico, que elas non falaban de temas políticos. Dous segundo máis tardes decían que Cuba tiña que poñer fin ao ``bloqueo´´ interno e que tiñan que instaurar unha pluridade de partidos. Isto non é política Damiñas de blanco? Como se nota que son os americanos quen vos da de comer. Se queredes ver ao que vós lle chamades democracia vinde a España e intentade montar un partido político. Coa nosa discriminatoria Lei de Partidos dubido que conseguírades algo. O resto de disidentes, financiados por quen xa sabemos, non son máis que aproveitados que queren vender todos os dereitos que teñen por vestir de Adidas. Como ben dixo Willy Toledo, Orlando Zapata era un preso común. Wilman Villar tamén o era. Se tanto vos importan os presos políticos, por que non loitades polos que hai en España? Cantos militantes do PCE(r) hai prisioneiros agora mesmo polo simple feito de ser comunistas? Esta última frase díxoa Pablo Hasel e foi levado ante a Audiencia Nacional.
Remato decindo que estou segurísimo de que a historia a Fidel o absolverá, que algún día nos daremos conta de que Cuba xa é libre e de que a Revolución Cubana é das máis admirables que houbo na historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario