``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

sábado, 24 de marzo de 2012

A policía, o machismo do PP, a Casa Real e non a censura.

   Os sabados sempre son días cargados de noticias impactantes. As caixas séguense fusionando para crear novos bancos. A dereita española utiliza que hoxe sexa o Día Internacional da Vida para loitar contra o aborto. A folga xeral segue sendo ameazada por empresas explotadoras e agora tamén pola Conferencia Episcopal. Pero a peor noticia de todas é a do xoven de orixe marroquí que quedou tetrapléxico despois de entrar nunha comisaría en Guadalajara. Según os informes da policía quedou tetrapléxico por ``autolesionarse chocando adrede contra unha parede´´. Alguén pode chegar a pensar que é verdade isto? Isto recórdame ao franquismo cando o noso Manoliño Fraga era Ministro de Información e manipulou toda a verdade sobre os asesinatos de Julián Grimau e Enrique Ruano. Cada vez hai menos diferencia entre os polis españois e as SS. Sei de sobra que  isto non irá a máis e que os culpables non pagarán polo que fixeron e menos se grupos políticos ``demócratas´´ como UPyD os apoian. O día que os ``axentes da lei´´ se den conta que tamén son parte do pobo ao que tanto atacan e pegan espero que fagan o mesmo pero cos seus comisarios.
   Sempre dixen que os que máis noxo me dan dos que votan ao PP son os obreiros e as mulleres. Javier Arenas doume a razón. O candidato do Partido Popular nas eleccións andaluzas dixo a famosa frase de ``A muller ten que volver ó fogar.´´ Mañá seguramente moitos andaluces o voten e demostren que en España a hipocresía levámola no sange. Eu esperarei e cruzarei os dedos para que Sánchez Gordillo saque o maior número de votos.
   Siguen saíndo a luz motivos de porque hai que conseguir a Terceira República. Á Casa Real non se lle aplicará a Ley de Transparencia xa que non é unha administración pública. O seu soldo sae dos impostos de todos nós. Eu creo que si que deberíamos saber que fan con el. José Castro, xuíz do caso Palma Arena, segue sen imputar a Infanta Cristina na investigación sobre o Instituto Nóos. Viva a xustiza española que nos trata a todos por igual!
   O Correlingua denunciou o intento de censura do Concelleiro de Educación de Santiago. A verdade é que nunca pensei que nos ían apoiar tanto. Por iso, o 17 de maio, chamo a todos a que vaiades a manifestación en contra do goberno e dos seus atentados contra a nosa lingua.
   Por último quero mandarlle unha mensaxe a ``Xaquín´´ Sabina. Este homiño de Deus que quedou medio tonto despois de fumar tanto pide o apoio para a folga do 29 de marzo. Pensas que con apoiar a folga vasnos gañar a todos os que sabemos que te vendiches? Cada vez que escoito as túas palabras decindo que eres ``rojo´´ e como apoiaches ao PSOE nestes anos danme gañar de vomitar. Dedícate a cantar que nos últimos anos non é que se che dea moi ben.
  Deixo aquí a Convocatoria para o 17 de maio.
http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/175

No hay comentarios:

Publicar un comentario