Hoxe despois de moito tempo sen escribir, non veño para facer unha crítica da marabillosa película ``La Haine´´ de Mathieu Kassovitz aínda que polo título pareza que si. O odio é unha estrana sensación. Cada ano que pasa vai aumentando. Non se trata de ser mala persoa, trátase de ter unha diferente filosofía de vida. Non estou falando de ser racista como Le Pen, Anglada e máis calaña que anda polo mundo. Eu falo do odio que leva a moita xente a atacar a esta xente que nombrei. Como o que levou a unha persoa a pegarlle unha patada a Hermann Tertsch, que por certo bloqueoume no twitter a agora xa non podo mandarlle mensaxes ``cariñosos´´.
Sempre quixen entender o que leva á xente a discriminar a unha persoa por sexo, raza, relixión ou calquera outra cousa. Creo que non é tan difícil comprender que todos somos iguais. O fallo de todo isto é que dende pequenos nos ensinan que non todos somos iguais. Na escola, por exemplo, o profesor sempre é superior a ti. Aínda que estou de acordo con isto, un alumno non pode faltarlle ó respecto, creo que o sistema educativo debería intentar que non exista unha diferencia tan grande entre o alumnado e o profesorado, pero sen olvidar o papel de cada un. Aínda que esta pequena reflexión me quedou algo ``trapalleira´´ e pode levar a moita xente á confusión espero que non se malinterprete. A educación é a base de todo e, actualmente, neste aspecto é bastante floxa. España é dos países que máis discriminación comete. Alguén me pode explicar por que Ceuta e Melilla están vaiadas? Por que nos queren invadir? Pero se os invadimos nós antes! O atraso que ten España neste nivel, baixo a miña opinión, é por que neste ``Reyno´´ unha institución coma a Igrexa ten demasiado poder. A Igrexa é machista, racista, homófoba... Dudo que Xesucristo quixese iso. Do pouco que sei do voso Salvador é que buscaba unha igualdade. (Non sei cal será o Deus que vos pide que violedes nenos...). O tema de que houbese unha ditadura durante tanto tempo creo que tamén ten algo que ver. Como dixeron Dios Ke Te Crew ``Somos herdeiros dunha ditadura cultural´´. O PP, ese partido que nos goberna actualmente , é de todo menos igualitario. Queren prohibir os matrimonios homosexuais condecorando que non se poden chamar matrimonio. Os policias acusados da morte dun nixeriano reciben, unha multa de 600 euros! Pero que é isto? Como podedes criticar a países como Cuba, Venezuela, Ecuador ou Bolivia se nos dan mil voltas en dereitos sociais e en democracia? Ata os gregos, onte en Salvados, se ríen de nós.
Non se pode falar disto sen nombrar ao capitalismo. A base deste sistema asesino está no imperialismo. Cada día fabricanse alimentos suficientes para abastecer a 12.000 millóns de persoas, e sen embargo 24.000 morren cada día de fame. Para que 1 persoa se faga rica, 20 primeiro se tiveron que facer pobres. Isto non se pode aturar. O Soño Americano temolo cravado na cabeza e por iso é tan difícil cambiar de sistema. Que o comunismo fracasou? Entón por que un 60% dos rusos vivían mellor ca URSS que ca capitalista Rusia? Por que, despois da caída do muro de Berlín e ca chegada do capitalismo e das privatizacións ao bloque oriental, se suicidaron millóns de persoas? Por que Cuba segue contando cunha sanidade e educación de balde, aínda que os ``Americáns´´ lle teñan posto un bloqueo económico, para TODOS? Sinceramente non vexo onde fracase.
Aínda que os Sindicatos, que convocan a folga de mañá, non me representen, irei para protestar contra os recortes en educación.
O filme do que falei ao principio, El Odio ( La Haine), é unha das mellores películas que vin. Recomendo a todos que a vexades.
``El capitalismo es el genocida más respetado del mundo.´´
Ernesto Guevara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario