``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

miércoles, 30 de mayo de 2012

Anormal, estrano, diferente... Friki?

   A política é un tema tabú na adolescencia. Os chamados adultos exercen de ditadores neste tema xa que eles consideran que por ser un ``neno´´ non sabes do que falas. Despois, cando escoitas uns dos seus ``debates´´ nos que falan todos á vez e non se escoitan, entendes porque non che deixan falar. Máis de un quedaría humillado. Sempre hai un chamado ``socialista´´ neste tipo de tertulias. Baixo a miña humilde e sabia opinión, socialistas son Salvador Allende, Hugo Chávez, Evo Morales... Felipe González, RuGALcaba, Zapatero e toda esta calaña non son máis que socialdemócratas capitalistas que non fan máis que escurecer o nome do socialismo. Moitas explicacións teñen que dar dende o  Congreso de Suresnes, que foi financiado pola OTAN en 1974. Non sei como pudechedes vender, desa maneira, ás vosas raíces. Outro de esquerdas que está neste tipo de conversas é o mítico progre de IU. Despois non ten nin idea nin de quen é Julio Anguita nin sánchez Gordillo pero coñece ao vendido de Llamazares e o falso de Cayo Lara. Este último sempre me gustou pero nada máis colleu o poder no partido eliminou o marxismo do programa político. Dariame vergoña facer o que lle está facendo IU a Sánchez Gordillo en Andalucía. Venderiades a vosa nai por pactar co capitalismo do PSOE e conseguir máis votantes. Donde está o voso comunismo? Eu creo que agochado xunto co de Carrillo. Os últimos que están falando son os da caverna peperiana. Moitos deles son de clase traballadora pero defenden a morte o neoliberalismo, aínda que se lle preguntas por que votan ao PP só saben responderche que da ``empleo´´.
   Cambiando de debates que hai no mundo, uns que me gustan moito e nos que podo participar, son os que hai por internet. Internet é un sitio no que todo o mundo da a súa opinión pero algúns poderían seguir andando no Tuenti e deixar de decir chorradas. Como viron 5 minutos do documental que botou a 2 sobre Stalin xa se poñen a falar. Estou farto de ter que defender a Stalin de dereitistas, progres e falsos comunistas. Que non foi perfecto? Xa o sei, pero de aí a comparalo con Hitler hai unha gran distancia. Stalin instaurou na URSS o marxismo-leninismo e acabou co fascismo europeo. Faciame gracia ver os twits nos que criticades a Stalin por ordear matar aos soldados alemáns. Como estes estaban de paseo pola URSS... Sei que a URSS de Stalin tivo moitos fallos, pero xa hai moita xente para decilos. Eu son dos que estou para contar os acertos. 
   O pacifismo extremo de algúns é algo que me pon dos nervios. O primeiro paso para acabar cos problemas é a palabra e a loita non armada. Iso podo admitilo. Pero que pensedes que a filosofía da non violencia de Ghandi é a solución a todos os conflictos faime rir. O movemento 15M querendo imitalo non consigue máis que paos, e nadie lle fai caso. En Colombia, un réxime fascista que asesina a miles de persoas, pensades que levantar as mans serve de algo? As FARC, esta organización que tanto criticades, é a única que lle pranta cara aos asesinos do goberno. Espero que o tribunal da Haya os xuzgue xa. O fusil contra fusil do que falou Mao e ao que lle dedicou unha canción Silvio Rodríguez é a solución na maioría das opresións. Lenin, utilizou esta filosofía para facer triunfar a Revolución Rusa en 1917. Fidel Castro e as súas guerrillas colleron as armas para destruir o réxime de Batista. Todas as revolucións triunfan porque teñen unha loita detrás. 
 


+La revolución para cuando?
-Acá? En unos siglos.
+Hay que aprender de los rusos.
                                                     
Diarios de motocicleta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario