Son diferente, xa o teño asumido. Teño uns xens que me forzan a ser inconformista. Só teño unha maneira de describirme:
Son o honor de Jesse Owens glorificando á raza negra en Berlín do 36. Son a equivocación do trompetista na final da Copa Davis de 2003. Son o orgullo do soldado da URSS alzando a súa bandeira no Reichstag. Son a frustración dos actores perseguidos pola ``Caza de Meigas´´ do Senador McCarthy. Son a brillantez de Orson Welles dirixindo Ciudadano Kane con só 24 anos. Son a iluminación de Ho Chi Minh loitando na selva. Son a fidelidade de Fidel Castro aos seus principios. Son o humor co que distrae ao seu fillo Guido na película ``La Vida es Bella´´.Son a organización de Espartaco na revolución dos escravos. Son o patriotismo do ``Che´´ Guevara. Son as dignas palabras de Sánchez Gordillo nas súas promesas como diputado. Son a rebeldía de Willy Toledo loitando polo Sahara. Son a disidencia de Bobby Fischer. Son o feminismo de Angela Davis. Son a inmolación dos palestinos para frear o xenocidio israelita. Son o discurso e os pitidos cos que recibiron a Rosa Díez na Complutense de Madrid. Son os pitos ao himno na final da Copa do Rey. Son a satisfacción de Diego Rivera despois de retratar a Lenin no Rockefeller. Son cada palabra dun discurso de Julio Anguita. Son a emoción que Carlos Callón pon en cada discurso. Son a ideoloxía dos estudantes de Maio do 68. Son a estrela vermella da bandeira de Galiza. Son a estrela vermella da bandeira de Catalunya. Son a liña violeta da bandeira republicana española. Son a voz de Silvio Rodríguez cantando ``Te molesta mi amor´´. Son a voz de Los Chikos del Maíz cantando ``Pasión de Talibanes´´. Son o apoio que todos lle mandamos a Pablo Hasel cando foi encarcelado. Son a loita dos GRAPO roubando un camión de embutidos e dándolle a comida a pobres. Son as ``vacas´´ de Isca burlándose de Gloria Lago. Son a mensaxe do discurso de Charles Chaplin no final de ``El Gran Dictador´´. Son o cava co que se brindou pola morte de Fraga. Son o ``VENCEREMOS´´ de Allende. Son a rabia dos estudantes gregos. Son o valor das Brigadas Internacionais loitando pola República española. Son o ateísmo de Nietzsche. Son cada palabra do manifesto ``XENÓFOBO´´ e ``TALIBANISTA´´ que fixen cos meus compañeiros defendendo a nosa lingua. Son cada frase de Eduardo Galeano, cada verso de Celso Emilio Ferreiro e cada manifesto provocador de Manuel Antonio. Son as palabras que lle dedicou Castelao a Risco no ensaio ``Sempre en Galiza´´. Son a paciencia de Séchu Sende aturando as tonterías que se din del por parte de Galicia Bilingüe e de certa profesora de inglés xa nombrada antes. Son cada céntimo que perdeu Repsol coa nacionalización, por parte de Arxentina, de YPF. Son cada palabra do Manifesto Comunista de Marx. Son a liberdade que merece Otegi. Aínda que se o penso ben... Xa me gustaría ser a mitad dalgún destes...
No hay comentarios:
Publicar un comentario