Impresionante a manifestación do xoves. 25 mil persoas inundamos as rúas de santiago para pedir o dereito a vivir en galego. A protesta rematou na Praza da Quintana onde Carlos callón fixo un discurso memorable. O Presidente da Mesa é un grande. No medio do mitin acordouse de nós e de como perseguiron ao noso manifesto do Correlingua. Non teño palabras para agradecerlle todo.
Tampouco teño palabras para a asociación de Queremos Galego da Estrada. O mércores 16 chamáronme e pedironme se podía ir ler o manifesto A Estrada. Eu máis dous compañeiros fomos encantados. Alí a verdade é que quedei sorprendido. Fixeronnos un recibimento espectacular. Poucas veces me trataron tan ben como alí. Foi toda unha honra estar alí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario