``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

lunes, 14 de mayo de 2012

Que problema hai en ser de esquerdas?

   Mañá cumprirase 1 ano de que nacese o movemento 15M. A verdade é que é das poucas cousas das que os xovenes podemos estar orgullosos. Polo menos agora hai unha conciencia social de que a política é necesaria. Enganarnos non pode ser tan fácil para os voitres engominados de traxe e gravata. Creo recordar que fora Fernando Savater o que dixera a frase de ``como imos ser apolíticos se a política é algo que inflúe día a día na nosa vida´´. A pesar de que o señor Fernandito, gran amigo de Rosa Díez e tamén compoñente do ``gran´´ partido UPyD, non me cae especialmente ben, ten razón no que dí. Non me cae ben porque é antinacionalista pero está nun partido que defende a unidade española, e iso, é ser nacionalista e o seu partido é de todo menos demócrata. É estrano ver como se radicalizan os nacionalismos disgregadores e se protexen os unificadores. Ou eres español, e estás orgulloso, ou eres un etarra. En Euskadi vémolo mellor que nas outras nacións. Amaiur non ten máis que problemas para poder presentarse a unhas eleccións. Vemos como Sortu non é legal polo simple feito de ser de esquerdas e ``Abertzale´´. Todos vivimos as detención inxustas de membros de SEGI. A esperanza reside en que se acabe toda a farsa montada e vexamos a Otegi de lehendakari. As noticias que se escoitan son optimistas pero nunca se sabe a onde pode chegar a persecución do ``Reyno Espanhol´´. Se isto é democracia, definitivamente, NON son demócrata. Menos Leis de Partidos discriminatorias e máis liberdade nas eleccións.
   Centróme dunha vez no tema que quería tratar hoxe. Estou bastante farto de ver a ``indignados´´ decindo que non son nin de esquerdas nin de dereitas. Pedir a nacionalización da banca é unha medida de esquerdas. Moitas máis das outras peticións que fan son de esquerdas. Que problema hai en aceptar que o 15M é un movemento de esquerdas? Non vos podedes seguir enganando así. A esquerda se sae ás rúas é imparable. Mentras este país sexa dirixido por un partido político que ten unha ideoloxía neoliberalista brutal non pode haber democracia. -e digo o mesmo ca falsa socialdemocracia do PSOE- O PP aglomera á toda a dereita española. Dende os centristas ata os extremistas. Os que quedamos teremos que responder. Vimos que o PSOE vendeunos. Esquerda Unida está máis desunida que nunca. Se non nos representamos nós mesmos imos fodidos. Encheuseme a boca a principios de maio ao comparar este mes de protestas estudiantís co Maio francés. Trabuqueime. Os franceses no 68 tiñan unha clara ideoloxía e non tiñan medo a declararse de esquerdas. Ao mellor, algún día, chegamos a ser tan carismáticos como estes rapaces, e non tan rapaces, ``gabachos´´.
   La Razón, ABC, El Mundo, El País... Gustoume saber que o goberno tivo que nacionalizar Bankia. Digo o de gustoume por ser irónico porque a verdade non me fixo moita gracia. Aínda que estou a favor da nacionalización dos medios de produción ( nos que incluio á banca, petroleiras, auga, electriciade...), estou en contra de ter que salvarlle o cu aos caciques da actualidade. Despois de fusionar caixas, de inxectarlle diñeiro público, de facer o que queiran eles... Tamén lle temos que asumir as súas deudas! Que vai pasar cando Bankia se recupere (si se recupera)? Volverase capitalizar? Nacionalizamos as perdas e despois privatizamos as gañancias. Isto é o capitalismo tan fermoso que nos pintan os norteamericanos. O nome dos xornais ao principio do párrafo era para preguntarme cal é a diferencia entre o que fixo Rajoy co que fixo Cristina e Evo Morales. Eu teñoa ben clara. Cristina e Evo Morales nacionalizaron sectores extratéxicos importantes que darán gañancias ao seu pobo. Rajoy fíxonos cargar co morto, que nos deixou Rodrigo, para rato. O primeiro caso foi criminalizado polos periódicos procapitalistas. O segundo apoiado...

P.D: Tal día como hoxe nacía o Comandante Che Guevara. Sempre no recordo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario